Campamentos de verán 2019

CAMPAMENTOS DE VERÁN.

  • Programa municipal para a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.
  • Desenvólvense no Polideportivo municipal e inmediacións do colexio. 
  • Actividade dirixida a público infantil, escolarizado, dende os 4 anos ata os 12. 
  • Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 4 e 12 anos.
  • As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 25 de xuño e  durante os meses de xullo, agosto e ata o día 6 de setembro.
  • Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informará de calquera outra necesidade, como crema solar, etc..
  • O custe da semana é de 15 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo)
  • O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, agradécese que haxa unha previsión anticipada de cada  quincena ou mes, así como se garantiza o dereito a ter praza durante  todoa temporada.
  •  Inscricións  e información antes do 20 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.

CURSOS DE INFORMATICA E MECANOGRAFÍA.

  • Clases de mecanografía e informática para nenos gratuitas no Telecentros municipal
  • Grupos reducidos. A partir de 7 anos.
  • Manexo de ferramentas básicas, como word, power point, internet,..
  • Horario de mañás, de martes a venres. 
  • Mais información no 982302377

Ler Máis

Apertura da piscina municipal do Corgo- Praia fluvial Río Chamoso.

 

Tempada 2019

DATAS  15 DE XUÑO A 15 DE SETEMBRO
 HORARIO   DE 12:30 A 20:30 H.
 PREZO

2 € DIARIO.

OS MENORES DE 5 ANOS TERÁN ENTRADA GRATUITA , SEMPRE QUE VAIAN ACOMPAÑADOS DUN ADULTO, ATA UN MÁXIMO DE TRES NENOS/AS POR ACOMPAÑANTE.

 BONOS

 -15 DIAS  : 10 €

 -30 DÍAS : 15€

OS BONOS PODERÁN ADQUIRIRSE NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NO CENTRO SOCIOCULTURAL (OMIX)

 

Ler Máis

Feira da Rubia galega e do cabalo en Adai.

 

 

 FEIRA DE GANDO DE RAZA RUBIA GALEGA .- PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
XXXII Concurso Nacional
XCI Subasta Nacional.

22 xuño 2019- Adai, o CORGO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES| XXIV Feira do Cabalo de Adai

10:00 h | Apertura da feira cabalar. Entrega dun agasallo a todos os participantes ata acabar existencias e por riguroso orde de chegada á feira.
11:00 h | Inscripcións na mesa do xurado para os concursos Morfolóxicos de cabalos e eguas de Pura Raza Galega puntuables para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.”, e inscripcións concurso cabalos e eguas cruzados.
11:30 h | Concurso Morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.” (maiores de tres anos).
12:00 h | Concurso Morfolóxico de eguas de Pura Raza Galega puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.” (maiores de tres anos).
12:30 h | Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados (maiores de tres anos).
13:00 h | Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas (maiores de tres anos).
13:30 h | Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da
Asociación Pura Raza Cabalo Galego e entrega de trofeos e premios dos Concursos Morfolóxicos.

Premios en cada categoría participante:
1º PREMIO | 115 € + trofeo + escarapela
2º PREMIO | 80 € + trofeo + escarapela
3º PREMIO | 60 € + trofeo + escarapela
4º PREMIO | 30 € + trofeo + escarapela

17:00 – 18:00 h | ESPECTÁCULO ECUESTRE DE DOMA DE ALTA ESCOLA, DOMA VAQUERA, FANTASÍAS ECUESTRES E EXERCICIOS CON PONIS A CARGO DA COMPAÑÍA “SOÑANDO A CABALO” DE PONTEVEDRA.
23 xuño 2019   Adai, o CORGO

 

NORMAS DE PARTICIPACION NA FEIRA CABALAR E NOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS

AS DÚAS XORNADAS ESTARÁN AMENIZADAS POLA CHARANGA “ A CABEZA NON PARA” DE SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA)

 

Ler Máis

Parabéns Benedicta.

A pesares de que nunca antes se puxera diante dunha cámara, Benedicta Sanchez, veciña deste concello, brila como unha actriz profesional, como si toda a súa vida estivese adicada aos rodaxes. Simpatía, naturalidade, frescura, espontaneidade, e  certo don innanto, fan que esta muller cause admiración  e seña merecedora de todo tipo de eloxios e  congratulacións trala súa aparición na película rodada nos Ancares. ” O que arde” de  Oliver Laxe.

Benedicta, como ela dí,  estes días cambiou a aixada que emprega no Corgo por  photocalls  no festival de Cannes  onde sorprendeu improvisando unha muiñeira na alfombra vermella, amosando unha vez máis a súa campechanía e o arraigo á súa terra.

 A súa recente “carreira” non só foi recoñecida en Cannes, onde recibiu un premio polo xurado, xa que acaba de ser distinguida coa  medalla Castelao.

Orgullosos destes recoñecementos, dente o teu concello con moita satisfación, unímonos a tódalas mensaxes de felicitacións Benedicta. Parabéns.

El progreso. Artículo Benedicta.

El progreso. Benedicta medalla Castelao

Ler Máis

Acto homenaxe a D. Darío Diaz Castroverde- Díaz e a Domingo Fontán.

O concello do Corgo convida a tódolos veciños á asistencia á Homenaxe a título póstumo ao ex alcalde Darío Díaz-Castroverde e ao xeógrafo Domingo Fontán, acto que terá lugar o sábado ás 12:30 co descubrimento de pracas cos seus nomes en dúas rúas sitas a carón da N-VI (cruce do centro de saúde) que se acordou adicarlles. 

Actuará a  Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo.

Ler Máis

BASES PARA O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI)

 

Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para a selección de persoal para o punto de atención á infancia do concello do Corgo.

BASES P A I

Ler Máis