Comida da Asociación Andarela
- Lugar: Restaurante cafetería Yaldara (Polígono das Gándaras)
- DATA; Sábado 25 de maio.
- HORARIO: 14:30 H.
- PREZO: 25 EUROS.
- Máis información no 638055430. Asociación Andarela.
- Música e baile ao remate.
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
Estracto do anuncio da convocatoria publicado no Boe do 10 de maio, nº 112.
Publicación das bases para a regulación do procedemento de aluguer dunha vivenda municipal rehabilitada en San Pedro de Arxemil, por un periodo de cinco anos.
O prazo para realizar a solicitude é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación destas bases no BOP de Lugo ( 8 de maio do 2019, Bop nº 104). Os interesados/as presentarán a solicitude (Anexo I) xunto coa documentación referida no punto VI das bases.
PUBLICACIÓN BASES aluguer vivenda en Arxemil EN BOP 08/ 05/ 19
O venres, día 3 de maio, as oficinas municipais permanecerán pechadas ao público por formación do persoal en materia da Adminisitración electrónica.
Desculpen as molestias.
Corrección de erros do Bop 11 de abril: A data do primeiro exercicio non se mantén, debido ao novo periodo de 20 días naturais para instar solicitude no proceso. As persoas que xa figuren como admitidas non terán que volver a facer a solicitude.
Infórmase a tódalas exploacións agrícolas que nas vindeiras datas realizarase a recollida de plásticos agrícolas.
Todas aquelas que estén interesadas deberán poñerse en contacto co Concello do Corgo, indicando a cantidade aproxímada de plásticos co fin de organizar a súa recolida.
Rógase que os plásticos estén o máis limpos posibles.
TELEFONO DE CONTACTO: 982302100
Publicación no Boletín oficial da Provincia o listado definitivo de aspirantes admitidos no procedemento de selección de seis prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar, así como a composición do tribunal e data da constitución do mesmo.
De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ábrese un período de consulta pública, a través do portal web deste concello, co fin de recabar a opinión dos veciños e das organizacións máis representativas que puideran resultar afectados polo novo servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI).
A necesidade e oportunidade desta regulación vén esixida polas características do novo servizo que atenderá a nenos de entre 0 e 3 anos, co fin de conciliar a vida familiar e laboral.
O obxectivo da norma é de que o novo centro asistencial conte cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos usuarios.
A regulación a través dunha norma regulamentaria vén esixida no apartado 4, letra c) do Art. 20 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
Así mesmo, preténdese a regulación do prezo público pola prestación do referido servizo.
O prazo de presentación de opinións extenderase durante un prazo de a15 días hábiles, a contar desde o día 12 deste mes.
O Corgo, 10 de marzo do 2019.
O Alcalde,
José Antonio Ferreiro González.