FESTIVAL DE ENTROIDO

O luns, día 12 de febreiro, ás 16:30 h. e ata as 20:00 h.  celebrarase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o festival de entroido, con baile de disfraces, desfile, xogos, animación, lambetadas para todos e colchonetas inchables. O desfile levarase a cabo antes da merenda.

Para que contemos cos nenos e importante anotarse no teléfono 982302377.

Poderán participar nenos/as de tódalas idades, ainda que os menores de 4 anos deberán de estar acompañados dun responsable todo o tempo. Recoméndase traer a merenda. 

Ler Máis

ECOPILAS achega os puntos de recollida de pilas aos veciños do Corgo coa campaña “Lugo Recopila”

 Lugo Recopila é unha campaña de concienciación sobre la importancia de reciclar e a recollida deste tipo de residuos: pilas, baterías e acumuladores. Lugo Recopila pretende informar aos cidadáns da relevancia  de depositalas pilas domésticas usadas nos contenedores habilitados, e garantir así a súa reciclaxe, a protección do medio ambiente e a máxima recuperación das materias primas para a súa reutilización.

A campaña conta cunha carpa itinerante na que un equipo de monitores medioambientais informarán e concienciarán á poboación sobre a recollida destes residuos. No Corgo a carpa estará instalada o martes día 6 de febreiro do 2018 frente ao Centro de Saúde, en horario de 11:00 a 13:30 horas.

Do mismo xeito, Lugo Recopila conta cun servizo de recollida a través do teléfono 673 82 70 50 , co que poderán contactar os responsables dos puntos de recollida de cada concello .

A campaña terá unha duración dun ano e con ela Ecopilas buscará aumentar os índicies de recollida na provincia, así como contribuir a adquirir unha maior concienciación coa reciclaxe deste tipo de residuos

Ler Máis

Actividades de Nadal para nenos/as.

 

 

 

CAMPAMENTOS  DO NADAL.
DATAS 26,27,28,29 DE DECEMBRO
LOCAL CENTRO SOCIOCULTURAL.
HORARIO DE 9:00 H A 15:00 H.
PRAZAS MÁXIMO 30.
IDADES DE 4 A 12 ANOS.
INFORMACIÓN XERAL

Os horarios de entrada e recollida dos nenos/as son orientativos. Non querer decir que haxa que estar ou sair a esa hora. Existe flexibilidade. Agradécese que ao anotar aos menores se especifique un pouco se fan horario distinto.

Os nenos traerán tente en pé para media mañá e auga.

Xogos, obradoiros, entretenementos varios…

Inscipcións no 982302377 ou no Centro Sociocultural.

 

 

 ACTUACIÓN DO CLOWN E MALABARISTA  NONO.

MARTES DÍA 26, ÁS 12:00 H. NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
GRATUITO  E PARA TÓDOLOS PÚBLICOS.
ESPECTÁCULO OFERTADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
RISAS, ENTRETEMENTO, DIVERSIÓN..

.

VIAXE A XUVENLUGO.
DÍA

2 DE XANEIRO DO 2018,

2€ POR PERSOA. OS MENORES DE IDADE IRÁN ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.

CUSTO
HORAIRO

EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER EN VIAXE EN AUTOBÚS (GRATUITO).  FACER CONSTAR SE SE PRECISA ESTE MEDIO DE TRANSPORTE AO ANOTARSE.

A SAÍDA SERÁ ÁS 16:00 DE DIANTE DO COLEXIO DO CORGO.

  AS ENTRADAS PODERÁN SOLICITARSE NO CENTRO SOCIOCULTURAL OU NO 982302377

 

CABALGATA DE REIS
DÍA 5 DE XANEIRO.
LOCAL COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.
HORARIO ÁS 16:30 H. SAIRAN DO CENTRO SOCIOCULTURAL TRALA VISITA AO CENTRO DE DÍA DO CORGO DIRIXIRÁNSE AO COLEXIO PLURILINGÜE DO CORGO.
 

INSCRIBIRSE ANTES DO DÍA 4 DE XANEIRO. NO CENTRO SOCIOCULTURAL OU NO 982302377.

TRALO REPARTO DE AGASALLOS HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN PARA TODO O PÚBLICO.

Ler Máis

Belén electrónico na igrexa de Folgosa (O Corgo)

A partir do día 6 de Decembro, e ata o día 15 de xaneiro, estará aberto ao público que desexe visitar o Belen electrónico.

O horario de visitas  establecese para  todos os sábados, domingos e días festivos, ás 17:00 horas. Os domingos a maiores, tamén se poderá conocer esta representación do nacemento, despois da misa das 11:00, ás 11:30.

Para grupos organizados, que non poidan acudir nestes horarios, concertar cita no teléfono 982235527  (Alfonso López) ou no 610850964

 

 

 

Ler Máis

Previsións de subida do 10% no precio do leite.

Achéganse boas perspectivas para o sector lácteo en Galicia a medio prazo, xa que se estima que o prezo da materia prima en orixen aumentará ata situarse nos 32 ou 34 céntimos de media, un 10% máis do promedio deste exercicio, onde apenas subiu dos 30 cts. Esto ten a súa razón de ser no incremento da demanda a nivel mundial.

Malia isto, non todo serán novas gratas, xa que tamén haberá unha forte volativilidade nos prezos, inseguridade para vender ( aos prezos de mercado), os picos de producción das granxas, os cambios significativos das axudas como a Pac.. Ésta é unha das conclusións que se deron no Foro lácteo organizado pola asociación Terra e Leita na fundación Juana de Vega, en Oleiros. Abordáronse temas como a escasez de base territorial e a debilidade industrial. As explotacións galegas apenas chegan ás 250.000 hectáreas para levar a cabo a súa actividade, e xunto coa elevada parcelación condiciona enormemente os custos de producción das granxas, e merma a súa rentabilidade.

Tamén se falou neste foro da problemática dque se deriva do feito de que dous tercios da leite galega esté en máns de empresas forasteiras, ou da necesidade de imprantar medidad que garanticen o relevo xeneracional nas explotacións.

Ver artigo completo

Ler Máis

Recoñecemento de vehículos agrícolas, Supervisión e Control S.A. ITV 2017

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas prestará servizo neste concello agás causas de forza maior nos días que se relacionan a continuación:

PARROQUIA  DÍA MAÑA TARDE
 LAXOSA ( CAMPO DA FESTA)    1 DE DECEMBRO DE 9:00A 13:30H.            ————
 11 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00H.
 ADAI (MERCADO)  12 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H  DE 15:15 A 18:00 H
GOMEÁN (XUNTO CEMITERIO)   13 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  DE 15:15 A 18:00 H.
14 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30 H. DE 15:15 A 18:00 H.
15 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.         ——————
SABAREI (EXPLANADA CERCA IGREXA)  18 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00H.
19 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. DE 15:15 A 18:00 H.

Para solicitar cita previa deberá chamar ao teléfono 902309000 ou na páxina web www.sycitv.com   Cita previa

 

Ler Máis

Actos contra a violencia machista. 24 N

Con motivo da adhesión  á campaña  denominada En negro contra as violencias, que  trata de denunciar e visibilizar o rexeitamento hacia a  violencia machista, na que no 2017 forman parte 75 concellos galegos, coa implicación de veciños, asociacións, establecementos comerciais, axentes sociais, etc,o venres, día 24, levaráse a cabo no CEIP Plurilingüe unha sesión informativa e formativa  para os nenos e nenas do colexio, con charlas, xogos de  roles, dinámicas de grupos, etc..  Ao remate, ás 13:00 h terá lugar a lectura do manifesto en contra das violencias na casa do Concello. Será un acto público polo que  se convida a todo aquel que o desexe a asistir e compartir uns minutos de solidaridade.

Ler Máis

O Corgo en negro.

Campaña de sensibilización e visualización coa problemática da discriminación e violencia sexista. O Concello do Corgo este ano adheriuse a esta campaña, que trata de “tinguir” de cor negra Galicia. Solicítase a colaboración dos veciños e axentes sociais, para expallar esta proposta de denunica e solidarización con estas inxustizas. Se queres colaborar  ponte en contacto co Concello. 

O 25 de Novembro é o día internadional contra a violencia machista, a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.

Ler Máis

Publicación dos resultados do proceso de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do programa Depuemprego 2017, dentro do plan único da Deputación Provincial de Lugo.

Publícanse os resultados do proceso de selección de persoal laboral temporal , un oficial de primeira e dous de segunda, baixo o programa Depuemprego do plan único da Deputación Provincial de Lugo.

Resultado selección de persoal laboral temporal Depuemprego 2017 ( Oficial 1ª e oficiais 2ª).

Ler Máis

TEATRO NO CORGO

Representación da obra   CONTO DE NADAL

GRUPO DE TEATRO DOWN.

Sábado, 28 de outubro ás 19.30 h. no Centro Sociocultural do Corgo.

Tódolos públicos.

Entrada gratuita.

Circuitos teatrais da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura. “Buxiganga 2017”

Ler Máis