Resultado do primeiro exercicio do procedemento selectivo de tres traballadores na prevención e defensa contra incendios forestais mediante o manexo de motobomba.
Resultado do primeiro exercicio no procedemento selectivo de tres traballadores encargados da prevención e defensa contra incendios forestais mediante o manexo de motobomba
Campamento de verán para os nenos/as do Corgo.
Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 4 e 12 anos.
As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, durante os meses de xullo, agosto e ata o día 8 de setembro.
Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informará de calquera outra necesidade, como crema solar, etc..
O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, agradécese que haxa unha previsión anticipada de cada semana ou quincena.
O custe da semana é de 15 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo)
Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.
As actividades desenvólvense na Casa das Asociacións do Corgo (detrás de Correos). Se o número de usuarios ou as necesidades técnicas o precisan, poderán desenvolverse no pavillón municipal.
Inscricións antes do 23 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.
Número máximo de participantes 20. De quedar prazas vacantes poderían optar nenos escolarizados no ano 2017 ou que sobrepasen a idade sinalada.
Contratación temporal para conductores motobomba.
Publicación no Bop provincial do sábado, 3 de xuño do 2017 as Bases que rexerán o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal eformación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade local para a prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba durante a vixencia do Convenio subscrito coa Consellería de Medio rural.
ANEXO I TEMARIO. Conductores Motobomba
ANEXO II Modelo de instancia. Conductores motobomba
Viaxes ás praias de Galicia.
O Concello do Corgo lévate ás praias de Galicia os xoves. Para inscribirse anotarse no teléfono 618723269
A hora de saída habitual é ás 9:00 da mañá, salvo as viaxes de Samil e Sanxenxo que se sairá as 8:00 da mañá.
O lugar de saída é a antiga Cámara Agraria do Corgo.
Día 22 de xuño. |
SAMIL ( PREZOS: 8 EUROS para os veciños empadroados no Corgo, e 12 EUROS para os que non estén empadroados.) Saída ás 8:00 da mañá. |
Día 29 de xuño. |
SANXENXO. ( PREZOS: 8 EUROS para os veciños empadroados no Corgo, e 12 EUROS para os non empadroados) Saída ás 8:00 da mañá. |
Día 6 de xullo. | SAN MIGUEL DE REINANTE. |
Día 13 de xullo. | FOZ |
Día 20 de xullo. | ARES (Ferrol) |
Día 27 de xullo. | TAPIA DE CASARIEGO. (Asturias) |
Día 3 de agosto. | BENQUERENCIA. |
Día 10 de agosto. | RIAZOR |
Día 17 de agosto. | COVAS |
Día 24 de agosto. | SAN CIPRIÁN |
Día 31 de agosto. | MIÑO. |
Notas:
- Prezo: 6 euros os veciños do Corgo e 10 euros os non empadroados. As viaxes de Samil e Sanxenxo, polo quilometraxe, son mais caras (8 euros e 12 euros respectivamente.)
- As Inscricións realizánse chamando únicamente ao número 618723269 a partir das 10:00 h da mañá e ata as 13:00 horas, dende o luns ata mércores. O día anterior ás viaxes é o último para anotarse.
- Para o pago da viaxe é importante traer a cantidade xusta.
- O destino da viaxe pode ser variado segundo o tempo atmosférico.
- OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN.
- Se vostede se inscribe, e por calquera circunstancia non pode facer a viaxe, por favor, avísenos con antelación para dispor da plaza.
- Non se poñerá un segundo ou terceiro autobús se non hai un mínimo de 20 persoas inscritas.
Feira do Cabalo 2017
25 de Xuño do 2017. Adai
9.30.- Apertura do recinto feiral.
10.00-13.30h. Entrega de agasallos de benvida aos cabaleiros.
11.00h.-Inscrición para os concursos morfolóxicos na mesa do xurado.
11.30h.- Concurso morfolóxico de cabalos de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de tres anos.
12.00 h. Concurso morfolóxico de eguas de pura sangue galega, puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de tres anos.
12.30 h.- Concurso morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de tres anos.
13.00h.- Concurso morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de tres anos.
13.30h.- Entrega de premios e trofeos de Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galega.
17.00h.- Gran Exhibición de Doma de Alta Escola Doma Clásica, Fantasías ecuestras e Doma en liberdade.
Actuación durante todo o día da CHARANGA NBA
AVISO IMPORTANTE: Peche das Oficinas municipais.
As oficinas municipais permanecerán pechadas os seguintes días do mes de Maio:
- Día 12 de Maio, (venres) .- Por formación do persoal e adaptación dos equipos en materia de Administración Electrónica.
- Día 26 de Maio (venres).- Celebración da festividade de Santa Rita, patrona dos funcionarios de Administración Local.
Durante eses dous días non haberá servicio de atención ao público e as oficinas permanecerán pechadas.
DISCULPEN AS MOLESTIAS.
Seguros fronte a seca, a nova recomendación para o agro e os gandeiros dende a Xunta de Galicia.
Malia que os sindicatos e os gandeiros denuncian os problemas que se están derivando da merma de choivas, a Consellería de Medio rural, que está facendo un seguimento exhaustivo, non ten constancia da existencia de momentos dificiles, pero ainda así, recomenda a contratación de seguros agrarios para poder afrontar os problemas que se deriven da carencia de precipitacións.
“Insistimos en que diante da falta de choivas, dende a Consellería do Medio Rural sempre incidimos na importancia de contratar os seguros agrarios para poder afrontar estas situacións. No 2017 seguimos destinando recursos para fomentar a contratación deste tipo de pólizas” afirma a Xunta, indicando que o importe do Goberno galego para a contratación de seguros ascende a 4,6 millóns de euros.
O diario A voz de Galicia publica un artigo onde se recolle este consello para os agricultores, así como as opinións de labregos e gandeiros galegos. Ler o artigo aqui.
Axudas da PAC: A Xunta pagará neste abril uns 14 millóns de euros
A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ten previsto facer efectivo ao longo deste mes de abril o pago de algo máis de 14 millóns de euros correspondentes á Política Agrícola Común (PAC), máis concretamente ao exercicio de 2016. Estes pagamentos beneficiarán, en conxunto, a case 12.000 agricultores e gandeiros galegos.
A maior parte destes fondos refírense aos chamados pago básico e pago verde (en total suman 9,2 millóns de euros). O primeiro deles ten que ver coa asignación de dereitos que teñen os agricultores e gandeiros e co número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico. Cada un dos beneficiarios destes pagos recibirá unha media de 1.400 euros (no caso do pago básico) e de arredor de 690 euros (no que atinxe ao pago verde).
Por provincias, como ven sendo habitual polo seu peso agrogandeiro, a maioría destes fondos son para Lugo (arredor da metade dos 14 millóns de euros). A continuación séguenlle A Coruña, Ourense e Pontevedra.
O abonamento destas cantidades forma parte da programación do Fondo Galego de Garantía Agraria para o conxunto do periodo 2016-17, que abarca ata o vindeiro mes de xuño.