Vivendas de protección oficial.

O Concello do Corgo está realizando xestións ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivendas de promoción pública no término municipal.
Para acadar este obxectivo cómpre que as persoas interesadas se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, sinalando como preferente O Corgo e indicando o tipo de vivenda e o réxime de adxudicación que desexe.
Na actualidade non hai ningún inscrito no referido rexistro, polo que ao non existir demanda, o IGVS considera que non hai necesidade de construir vivienda protexida no término municipal do Corgo.
A inscrición deberá realizarse na sección segunda do Rexistro de Vivendas, relativo a demandantes de vivendas de protección pública de núcleos rurais e cascos históricos.
No suposto de que a persoa interesada poida acceder a outros tipos de vivenda de promoción pública ou de promoción privada poderá facer inscricións complementarias nas seccións do Rexistro que correspondan.
Para acceder a unha vivenda destas características, a persoa interesada deberá reunir os seguintes requisitos:
• Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
• Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
• Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
– Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM
– Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
– Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
– Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.

Teñen máis información consutltar a páxina   web do Instituto Galego de Vivenda e Solo

Ler Máis

Convocatoria de probas de avaliación de competencias clave para o ano 2017

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. Consulta aqui o texto íntegro

 Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.

• Comunicación en lingua castelá.

• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

• Competencia matemática.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I. Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II. Calendario do procedemento.
  • Anexo III. Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade.
  • Anexo IV. Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega.
  • Anexo V. Validacións das competencias por ter superados estudos regarados.
  • Anexo VI. Certificacións de profesionalidade que requiren a competencia en lingua extranxeira.

Lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra), como nas últimas convocatorias. ( Ver artigo nº10 da Resolución)

Recomendacións:

Non se esquezan de asinar a solicitude.

Prégase entregar a solicitude o antes posible.

No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar fotocopia coa solicitude ( ver artigo nº7.a  da Resolución)

No caso de cumprimenta as solicitudes a man, prégase claridade nos datos.

No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, só e necesario unha solicitude.

Accede á solicitude

Ler Máis

Festival de entroido 2017

 O luns, día 27 de febreiro terá lugar o FESTIVAL de entroido para os máis novos/as do concello. Unha festa no CENTRO SOCIOCULTURAL  do Corgo que empezará as catro e media da tarde e remata as sete e media.  Haberá música, bailes, xogos, desfile, premios e lambetadas para os asistentes. Os menores de catro anos que se acheguen deberán estar en todo momento  acompañados dos responsables. A partir desa idade os nenos poden quedar ao coidado do equipo de monitores, asinando a autorización e cumplimentando a ficha de datos persoais.

Recoméndase traer a merenda, xa que se fará un descanso para o tentempé.

¡Esperámosvos!

Ler Máis

Información Xeral: Cobranza débedas de vencemento periódico para o exercicio 2017

Prazos previstos:

IVTM 2017 prazo previsto do 20 de abril ao 20 de xuño.

IBI e IAE 2017 prazo previsto do 15 de setembro ao 15 de decembro.

Taxa recollida lixo e subministro de auga: segundo a xestión do servizo.

As datas poderán ser modificadas por circunstancias alleas á vontade da Deputación Provincial ou do Concello, segundo o caso.
As solicitudes de domiciliación bancaria dirixiranse ao órgano de recadación correspondente ao menos dous meses antes do comezo do período de cobro. Noutro caso, a comunicación xurdirá efecto a partir do período seguinte. (ARTIGO 25 DO RD 939/2005, DO 29 DE XULLO, REGULAMENTO XERAL DE RECADACIÓN).
A comunicación oficial do período de pagamento realizarase mediante “anuncios de cobranza” de conformidade co establecido no artigo 24 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, e publicaranse no BOP, oficinas do concello e Deputación, así como na páxina web.

Ler Máis

Bono de Aluguer social.

Medidas fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda.

A Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce medidas ás poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.
As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
• Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora, dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza.
• As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.
• Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.»
• Aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de goce desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social e acrediten non ter capacidade económica para o pago da vivenda.
As axudas consisten en:
• Bonos de alugueiro social cunha contía de 150, 175 ou 200 € mensuais. Concédense por un período de 12 meses, que poderá prorrogarse, previa solicitude do interesado, por dous períodos sucesivos de 12 meses ata un máximo de 36 meses en total.
o 200 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
o 175 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
o 150 € no resto de concellos de Galicia
• axuda adicional de 600 € para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de permanecer na mesma vivenda, para atender cantidades pendentes.

LIMITE DE INGRESOS

Os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social non poderán supeerar os ingresos máximos que se indican na táboa:

Nº DE MEMBROS UNIDADE FAMILIAR 1,5 VECES  IPREM MENSUAL.
1 745,51
2 1.035,44
3 1.164,87
4 1.331,28
5 ou máis 1.553,15

•Considerase unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
• A existencia de discapacitados na unidade familiar valorase a través da ponderación de ingresos e os fillos concibidos no momento da axuda e aínda non nacidos valorarase aos efectos da ponderación de ingresos.
RENDA DAS VIVENDAS
• A renda mensual máxima a pagar polos beneficiarios do Bono de Alugeiro Social non pode superar os seguintes importes:
• a) 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
• b) 350 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
• c) 300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
• Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
PAGO
• O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta do arrendador, unha vez comprobado que o inquilino realizou o pago da parte que lle corresponde (os inquilinos comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un comprobante bancario do mesmo).

Máis información en www.igus.es/web/actuamos/737

Ler Máis

Orde do 9 de febreiro de 2017

ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se determinan as parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais para os efectos das deducións previstas nos números sete do artigo 16 e oito do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Esta Orde da consellería de Facenda publicada no Bop nº29 do 9 de febreiro, establece a relación de parroquias que, dado a súa consideración de zona pouco poboada ou área rural, son beneficiarias aos efectos de deducións previstas nos númreos 7 do artigo16 e o 8 do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011 do 28 de xullo

A lei 2/2017 do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, introduciu nos artigos citados anteriormente do texoto refundido, deducións do 100%  no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para favorecer a adquisición de vivenda habitual por parte de familias numerosas, discapacitados e mozos en zonas rurais, co fin de evitar o despoboamento. Dada a dispersión da poboación en Galicia, a lei optou por delimitar o  ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia.

No  anexo I enuméranse a relación de parroquias que están afectadas por esta circunstancia, figurando entre elas as do concello do Corgo.

Ver Orde completa.

 

Ler Máis

Convocatoria de probas para obter o título de graduado na ESO para maiores de 18 anos.

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017 ( publicado no Bop nº28 do 29 de febreiro do 2017)

 Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Forma, lugar e prazos de presentación

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

Ver Orde completa

Ler Máis

Club Deportivo Lugo – Concello do Corgo: A nosa Terra, os nosos Nenos.

A iniciativa ” A Nosa Terra, os nosos Nenos”, na que colaboran o Clube Deportivo Lugo e os concellos da provincia, pretende facilitar a asistencia de público xoven e adultos aos encontros que o conxunto lugúes desputa no Anxo Carro. Por outra banda, esta iniciativa incllúe visitas de xogadores e outros membros da directiva e equipo técnico aos colexios que participan nesta iniciativa.

O concello  do Corgo está a participar nesta interesante proposta que ofrece o C. D. Lugo, e o martes, día 31 de xaneiro, un xogador do equipo e outros membros da  directiva visitarán o CEIP do Corgo co fin de conversar cos alumnos e facerlles chegar a ilusión e o sentimento das cores albivermellas.

Nesta visita convidarán a tódolos nenos e nenas e acompañantes que desexen ao próximo partido que o CD Lugo desputa no seu estadio, fronte ao Córdoba, o vindeiro 4 de febreiro, sábado, ás 18:00 horas. As entradas serán gratuitas tanto para nenos como para adultos.

O Concello do Corgo poñerá a disposición dos interesados autobuses para o traslado ao estadio Anxo Carro. A saída terá lugar as 16:30 horas do sábado diante do CEIP do Corgo. Ademáis, ao  coincidir o partido coa hora da merenda, o concello agasallará a cada neno que acoda oa encontro cun bocadillo e unha bebida para que animen ao equipo con máis forza.

Para acudir ao encontro é preciso entregar cuberta e asinada a autorización no CEIP do Corgo ata  o xoves, día 2, onde se especifican os datos do alumno e acompañantes, e se viaxan en bus ou en coche particular.  As entradas entregaranse no autobús ou diante do estadio para os que non empreguen o transporte público. Para aqueles menores que non dispoñan dun adulto que os  acompañe, persoal municpal viaxará con eles  encargándose do seu coidado.

Contamos con vós para animar ao Clube Deportivo Lugo. Para calquera dúbida pódeis chamar ao 982302100

Ler Máis

Publicación das listas definitivas de admitidos excluídos, composición do tribunal e data das probas para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego de responsable da Omix e encargado da aula internet do Concello do Corgo

Publícanse as  listas definitivas de aspirantes admitidos ao proceso selectivo de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Oficina de Información Xuvenil e encargado da aula internet no Telecentros municipal do Corgo, así como a composición do tribunal e  a data e horas das probas.

Publicación das listas definitivas, tribunal e datas das probas no procedemento selectivo para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para a contratación de responsable da OMIX e encargado da aula internet

 

Ler Máis