Publicación das listas de admitidos e excluídos ao proceso de selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil e encargado da aula de Internet .

O luns, día 23 de xaneiro, publícanse as listas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de persoal  temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da Omix e encargado da aula de internet no Telecentro municipal, ubicado no Centro sociocultural do Corgo.

Lista de admitidos e excluídos do procedemento selectivo para a selección de persoal temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da OMIX e encargado da aula internet

Ler Máis

Bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego : Responsable da Oficina de información xuvenil e encargado da aula internet.

No Bop do día 12 de xaneiro de 2017, nº 9, publícase o anuncio das  bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e a formación da bolsa de emprego para Responsable da Oficina municipal de Información Xuvenil e encargado do telecentros do Concello do Corgo.

Bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego : Responsable da Oficina de información xuvenil e encargado da aula internet.

Ler Máis

Modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.

No Bop nº 295  do 26 de decembro publícase a derradeira modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, que se aproba polo Pleno do 11 de novembro do 2016. As novidades que introducen afectan aos artigos segundo, cuarto e ás disposicións adicional e final. Entra en vigor ao día seguinte à publicación no Boletin oficial, pero xurde efectos dende o 1 de xaneiro do 2017.

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal)

Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal)

Ler Máis

O NADAL NO MEDIO RURAL

Concerto de panxoliñas e misas par celebrar ” O Nadal no medio rural”. Actuacións da SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS de Lugo, nas igrexas e parroquias seguintes:

– Dia 8 de decembro, ás 11:00 horas en Coeo e ás 13:30 en San Fiz de Bergazo.

– Día 11 de decebro, ás 11:00 horas en San Cristovo e ás 12:30 horas en Laxosa.

– Día 25 de decembro, ás13:30 horas en San Fiz de Paradela.

– Día 31 de decembro, ás 13:30 horas en Escoureda.

O día 23 de decembro,no Centro de Día do Corgo, concerto de panxoliñas. 

Ler Máis

Listas definitivas de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas para o proceso selectivo de persoal laboral temporal ( palista, oficial 2ª e peón). Depuemprego

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluidos a participar no proceso selectivo de persoal laboral temporal ao abeiro do programa Depuemprego. ( Palista, oficial segunda e peón). Asi mesmo, dase a coñecer o tribunal e as datas de realización das probas.

Listas definitivas de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas para o proceso selectivo de persoal laboral temporal ( palista, oficial 2ª e peón). Depuemprego

 

Ler Máis

Actividades de Nadal para os nenos/as do Corgo.

Programación de actividadades de ocio para os máis novos do Concello  no Nadal:

ACTIVIDADE:  CAMPAMENTO DE NADAL
 PUBLICO: Nenos/as de 4 a 12 anos. De haber prazas libres poderán solicitar nenos/as menores  de 4 que xa estén escolarizados.
LUGAR: Centro Sociocultural do Corgo.
DATAS :  Do 26 ao 30 de decembro. De 9:00 a 14:00h. Poderán entrar máis tarde da hora sinalada ou sair antes.
ACTIVIDADES: Xogos, obradoiros de manualidadaes, karaoke do nadal, amigo invisible, master chef..etc
PREZO:
  • 12 euros nenos/as empadroados no concello.
  • 15 euros nenos/as non empadroados no Corgo
PRAZAS Minimo 10 e máximo 20. Prazo de inscrición ata o día 20.
DE INTERESE Recoméndase traer  auga e bocadillo para media  mañá. 
ACTIVIDADE:  VIAXE A XUVELUGO.
 DATA: 3 de Xaneiro.
 PREZO: 2 euros. Poñerase un bus gratuito no caso de  haber máis de 20 solicitudes deste servizo. Sairá as 16:00 h do Colexio Público do Corgo.
 OUTROS: Os nenos/as irán acompañados dun maior que se responsabilice. As entradas poderán solicitarse no Centrosociocultural ou através do Telf. 982302377. Faceder referencia á necesidade de ir en bus.
 ACTIVIDADE: CABALGATA DE REIS.
 DIA: 5 de xaneiro, no Colexio Publico do Corgo.
 HORARIO:

 Os Reis Magos sairán do Centro sociocultural ás 16:30 h. para dirixirse ao CEIP do Corgo.

 OUTROS: Anotarse antes do día 4 de xaneiro. Trala cabalgata haberá roscón e chocolate 

Máis información no 982302377

Ler Máis

Curso de Atención Sociosanitaria a pesoas dependentes

 

CURSO:  ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO E INSTITUCIÓNS SOCIAIS.
 HORAS:

 600 HORAS (ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO) 

450 HORAS (ATENCIÓN SOCIOSANITARIA EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS.)

 MODALIDADE: ONLINE ( POSIBILIDADE DE USAR O TELECENTROS MUNICIPAL. CENTRO SOCIOCULTURAL)
 CONTIDOS: ADAPTADOS AO REAL DECRETO 1379/2008 DO 1 DE AGOSTO.
ORGANIZA: FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
PRAZO MATRICULA  PRAZO ABERTO ATA ABRIL DO 2017
CUSTO:

375 € ( 300€ CON CONVENIO)

INGRESO EN CONTA ES97-0049-0177-7121-1056-3131

CONTACTO:

cursospicoeduca@gmail.com

981912411

Ler Máis

Bases que rexeran o procedemento de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego (Convenio de Colaboración coa Excma Deputación Provincial de Lugo)

Publícanse no Bop do 9 de decembro o anuncio das bases que rexeran o  procedemento de selección de persoal laboral temporal  (un palista, un peón e un oficila 2ª) ao abeiro do Convenio de Colaboración coa Excma. Deputación provincial de Lugo, para a execución de obras e servizos e  creación de emprego “Programa Depuemprego”

Bases que rexeran o procedemento de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego ( Convenio de Colaboración coa Excma Deputación Provincial de Lugo)

Anexo I MODELO DE INSTANCIA persoal laboral temporal: palista, peón e oficial 2ª

Ler Máis

Anuncio de licitación de contrato da obra “Piscina de aprendizaxe con toboganes acuáticos na praia fluvial Río Chamoso.

 No Bop de Lugo, do  18 de Novembro de 2016, publicase a licitación de contrato de obras que se adopta  por acordo do Pleno de data 11 de novembro de 2016  e onde se aproba o Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, cun único criterio de adxudicación, para a contratación da obra denominada, “PISCINA DE APRENDIZAXE CON TOBOGANES ACUÁTICOS NA PRAIA FLUVIAL DO RÍO CHAMOSO”

Licitación de contrato de obras piscia de aprendizaxe con toboganes acuáticos na praia fluvial do Río Chamoso

Ler Máis

Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.

O Pleno do Concello do Corgo, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 11 de novembro de 2016, acordou aprobar a modificación da:

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

As modificacións introducidas son as seguintes:

v  Tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles queda fixado nas seguintes porcentaxes:

  • Bens urbanos: 0,40 %
  • Bens rústicos: 0,40 %

v  BONIFICACIÓNS:

Sobre a cota íntegra do imposto establécense as seguintes bonificacións:

– Unha bonificación do 95 % da cota íntegra das construcións, edificacións ou instalación nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias.

– Unha bonificación de ata o 95 % da cota tributaria íntegra a favor dos bens inmobles nos que se desenvolvan outras actividades económicas total e exclusivamente, sempre que a empresa ou empresario individual –con domicilio fiscal no Concello do Corgo- suscriba contratos laborais fixos con colectivos con dificultades de integración social.

A redución da cota tributaria será dun 15 % por cada traballador desempregado dos sectores indicados, ata alcanzar o máximo do 95 %.

Reducirase un 7% a cota tributaria  por cada traballador desempregado contratado laboral indefinido que non estea dentro dos colectivos especificados.

– Establécese unha bonificación de carácter anual do 90 % sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros dunha familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida, sempre que se a súa capacidade económica non exceda da establecida neste artigo

No texto da ordenanza establécense os requisitos e maneira de acreditar a condición de beneficiario das bonificacións.

A ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no BOP de Lugo ( Bop número 295, do 26 de decembro) e producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2017.

Impreso de solicitude de bonificación do imposto do IBI para familias numerosas

Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal)

Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal)

 

Ler Máis