Preselección dun técnico en Orientación laboral.

O Concello do Corgo preselecciona un TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL. Os candidatos deberán contar cos requisitos de titulación establecidos na Orde do 29 de decembro do 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, é dicir:

      Título de licenciada/o universitaria/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou grao ou

      Título universitario de enxeñeira/o técnico, diplomado/a universitario, arquitecta/o técnico ou grao.

Ademáis establécese un baremo de puntuación, que é o establecido no Artigo 10.2 da citada Orde, e que se facilitará nestas oficinas municipais, xunto coa forma de acreditar os méritos, ou a través da páxina web www.concellodocorgo.com.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de participación nesta preselección no Rexistro do Concello do Corgo durante o prazo de 8 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Diario El Progreso, achegando xunto coa mesma un currículum vitae acreditando da maneira establecida os méritos que se alegan.

Finalmente, unha vez preseleccionado/a o candidato/a, será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral quen realice a baremación final do técnico/a preseleccionado.

INSTANCIA PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL.

BAREMO DE PUNTUACIÓN PARA A PRESELECCIÓN DUN TÉCNICO EN ORIENTACIÓN LABORAL

 

 

 

Ler Máis

Festa do avó. 08/09/2016

Festa do avó do Corgo. 

COMIDA DE CONFRATERNIDADE.

– Día: 06 de setembro do 2016. Martes.

-Lugar: Polideportivo do Colexio do Corgo.

– Prezo:

  • 5€ persoas empadroadas maiores de 60 anos.
  • 10 € persoas non empadroadas  maiores de 60 ano

– Horario:

  • 13:30 h. Eucaristía.
  • 14:30 h. Xantar.

Outras actividades:

  • Actuacións dun dúo musical, baile,…
  • Sorteo de agasallos, etc..

NOTA: As tarxetas retiraránse no Concello ata o día 2 de setembro (venres), en horario de 10:00 a 12:00 h.É imprescindible presentar as invitacións para acudir á comida.

Ler Máis

Axudas a mulleres desempregadas en búsqueda de emprego e mulleres emprendedoras.

Dende a Asociación de mulleres Empresarias da provincia de Lugo, ( AELU) e a Asociación E-deid@des para a integración laboral e social da muller, estase levando a cabo un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia para as mulleres da provincia de Lugo baixo dúas liñas de acción:

– Mulleres desempregadas en búsqueda de emprego 3.0

– Mulleres emprendedoras que queiran emprender.

Estas asociacións loitan pola inclusión da muller  no mundo laboral dende un emprendemento responsable, potenciando o autoemprego, polo que este proxecto ofrece entre outros puntos, orientación, información, motivación, adquisición de habilidades socio-laborais para poder competir no mundo laboral, …

De xuntarse dez mulleres interesadas, poderíase levar a cabo  esta proposta no propio concello, sen necesidade de desprazarse a Lugo, que  é a outra alternativa.

Para máis información, podeis poñervos en contacto  con AEULU, ( Avd. da Coruña, 500,1ª planta Edif. CEI-NODUS)  nos teléfonos 982226991-655947735-982200455 ou en www.empresariaslugo.org

 

 

Ler Máis

Romaria folk no río Chamoso

Celebración da XIII edición da festa na praia fluvial do río Chamoso. Congregación de música folk e baile tradicional galego, artesanía, a malla do Corgo, e exposición de maquinaria agrícola clasica. Actividades para os nenos, batuxada no Chamoso e acampada libre. Peche cunha queimada.

Ler Máis

Resultado primeiro exercicio. Probas selección persoal de Brigadas de incendios.

Publicación dos resultados do primeiro exercicio das probas para a selección de persoal laboral temporal das Brigadas de incendios (Xefe de brigada, peón de brigada e peón conductor), así como as datas e horas do segundo exercicio e vindeiros.

Resultado primeiro exercicio. Probas selección persoal de Brigadas de incendios.

Ler Máis

Información: reunión da mesa de contratación de obras

Segundo o establecido  na base vixésimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación das obras:

Pavimentación de vías municipais entre os núcleos de poboación de O Canteiro (Castroverde) e Adai ( O Corgo)”,

Mellora e mantemento de accesos a Sabarei de Arriba- Revolta; Ctra. Farnadeiros- Sabarei; O Novo-LU 546 – Manán de San Cosme-Hospital; de CM 014-039 (N.VI- Vilaceleiro) -a Segovia e de Queizán de Abaixo aos Muiños”,

a mesa de contratación para a apertura de plicas reunirase o día 11 de xullo, luns, ás 10:00 horas, no Salón de sesións da Casa do Concello.

Ler Máis

Publicación das listas definitivas de admitidos, composición do tribunal e datas das probas para o procedemento de formación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.

Publícanse as listas definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento selectivo  de formación  dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar. Así mesmo, dase a coñecer a composición do tribunal, lugar, horario e días das probas.

Publicación das listas definitivas de admitidos, composición do tribunal e datas das probas para o procedemento de formación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.

Ler Máis

Publicación das listas definitivas de admitidos, composición do tribunal e datas das probas para o persoal laboral temporal das Brigadas de incendios

Publicación das listas dos admitidos e excluidos ao proceso de selección de persoal laboral temporal das brigadas de incendios. Composición do tribunal e datas e horas das probas.

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo de Brigadas de incendios. Publicación das datas e horas de exames

Ler Máis