Resultado do proceso selectivo de contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego . Tratamento preventivo en vías e camiños de titularidade municipal con tractor desborzadora.

Publicación dos resultados do procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego, ao abeiro do Convenio entre a  Conselleria de Medio rural e do Mar e esta entidade local, para tratamento preventivo en vías e camiños de titularidade municipal con tractor desbrozadora.

Resultados do proceso selectivo para contratación e formación de bolsa de emprego para tratamentos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal

Resultados de exames de conductor tractor-desbrozadora, peón de apoio ao tractor e exame de galego

 

Ler Máis

Actividades de verán para nenos/as

Ábrese o prazo para solicitar as actividades para nenos e nenas no verán.

ACTIVIDADE

LUDIMAÑÁS DO CORGO

MAñÁS DE AVENTURAS, OBRADOIROS, ACTIVIDADES , XOGOS E OUTROS.

 HORARIO  DE 9:00 H A 15:00 H. DE LUNS A VENRES.
DURACIÓN DO  4 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO.
PREZO

-15€ SEMANA NENOS/AS EMPADRONADOS NO CORGO.

-20€ SEMANA NENOS/AS NON EMPADRONADOS NO CORGO.

IDADES A PARTIR DE 4 ANOS E ATA 12
PRAZAS Máximo 20
LOCAL CASA DAS ASOCIACIÓNS DO CORGO.
OBSERVACIÓNS

Información e inscricións no Centro Sociocultural do Corgo, de 16 a 20 h, ou no  Tel. 982302377.

Minimo de participantes 10. De haber prazas vacantes poderán cubrirse con nenos/as de tres anos que xa estivesen escolarizados  no curso 2015/16

 

 

ACTIVIDADE MECANOGRAFÍA E INFORMÁTICA
HORIO  DE 10.30 A 12:00 H . De Martes a Venres.
DURACIÓN XULLO E AGOSTO
PREZO GRATUITA
IDADES A PARTIR DE CINCO ANOS.
LOCAL TELECENTRO DO CORGO. CENTRO SOCIOCULTURAL.
OBSERVACIÓNS Faránse grupos en función dos coñecementos dos usuarios e para garantir a máxima participación. Terán prioridade os rapaces sen coñecementos previos. Posibilidade de traer ordenador propio. Inscricións no Centro sociocultural.

 

 ACTIVIDADE DESFRUTANDO NAS AUGAS DO CHAMOSO.
 HORARIO  DE 16.30 A 20.00H.
 DURACIÓN  DO 18 DE XULLO AO 5 DE AGOSTO
 PREZO

 -10€ nenos/as empadronados no Corgo

-15€ nenos/as non empadronados no Corgo.

IDADES A PARTIR DE 4 ANOS.
LOCAL PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO.
PRAZAS

Máximo de 20.

OBSERVACIÓNS

Os rapaces deberán levar a merenda.

Información e inscricións no Centro sociocultural do Corgo ou no 982302377

 

Mais información non  982302377 ou no correo omix.ocorgo@gmail.com

Ler Máis

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo de formación de bolsa de emprego para auxiliar de axuda no fogar.

Por Resolución da Alcaldía do 22 de xuño do presente ano, publícase a lista de admitidos e excluídos no proceso de formación de bolsa de emprego para auxiliar de axuda no fogar.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo de formación de bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.

Ler Máis

Viaxes às praias verán 2016

O Concello do Corgo lévate os xoves do verán ás praias. Para inscibirse é preciso chamar de luns a mércores , en horario de 10:00 h a 13:00 h, ao número de teléfono 618723269.

O horario habitual de saída é as nove da mañá, dende o edificio da antiga  Cámara Agraria do Corgo

  • O precio das viaxes é

– Para os empadroados no Corgo, 6€ e 8€ (viaxes de Muxía e Samil)

-Para os non empadroados no Corgo , 10€ e 12€ ( viaxes de Muxía e Samil)

  • Recoméndase traer o diñeiro para o  pago da viaxe xusto, evitando así problemas de cambio.
  • Non se poderá realizar a viaxe, ou non se poñerá un segundo autobús, se non hai un mínimo de 20 persoas inscritas.
  • As persoas que estén anotadas, ,e por calquera circunstancia non poidan realizar a viaxe, prégase que avisen con antelación suficiente.
  • O destino poderá variar segundo as previsións metereolóxicas.
DATAS DESTINO
 Día 23 de xuño

 SAMIL. (Prezo de 8€ para veciños do Corgo e 12€ non empadroados).

Saída ás 8:00 da mañá.

 Día 30 de xuño.

 MUXÍA. ( Prezo de 8 € empadroados no Corgo e 12 € non empadroados.)

Saída ás 8:00 da mañá.

 Día 7 de xullo.  SAN MIGUEL DE REINANTE.
Día 14 de xullo. FOZ. ( Festas do Carme)
Día 21 de xullo. ARES. ( Ferrol)

Día 28 de xullo.

TAPIA DE CASARIEGO. (ASTURIAS)

Día 4 de agosto

BENQUERENCIA.
Día 11 de agosto RIAZOR  (A CORUÑA)
Día 18 de agosto COVAS (VIVEIRO)
Día 25 de agosto BURELA.

Ler Máis

Listado definitivo de admitidos ao proceso selectivo de conductor de tractor e peón de apoio ao tractor (brigadas de prevención)

Faise pública a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo de tratamento preventivo en vías e camiños de titularidade municipal con tractor ( conductor tractor-desbrozadora e peóns de apoio ao tractor).
Así mesmo, anuncíase a composición do tribunal e día, horas e lugar das probas.

Lista definitiva de admitidos no proceso selectivo de tratamentos preventivos en vías e camiños municipais con tractor

Ler Máis

O CD CORGO xuvenil proclámase campión da V Copa Deputación xuvenil

 

O equipo xuvenil do Concello do Corgo consegue proclamarse campión da V Copa Deputación xuvenil ao impoñerse ao Viveiro FC B na tanda de penaltis, despois de desputar un intenso partido que rematara sen goles.

Parabéns a estes rapaces e máis aos técnicos e persoal que rodea a este prometedor equipo.

Ler Máis

Licitación para a explotación do servizo de cafetería-restaurante no edificio da aula de interpretación do Río Chamoso.

No Bop do 2 de xuño publicase o anuncio do acordo do Pleno polo que se aprobou o expediente de contratación para a EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA-RESTAURANTE NO EDIFICIO AULA DE INTERPRETACIÓN DO RÍO CHAMOSO, e se procede  á apertura do procedemento de adxudicación.

 

Licitación cafetería-restaurante aula interpretación Río Chamoso

Ler Máis

XXI Feira do cabalo ( Adai)

PROGRAMA DA XXI FEIRA DO CABALO

9.30h. .- Apertura do recinto feiral.

10.00-10.30h .- Entrega de agasallos de benvida aos cabaleiros.

11.00h. Inscricións para os concursos morfolóxicos na mesa do xurado.

11.30h. Concurso morfolóxico para cabalos de Pura Raza Galega puntuable para a XV Copa Galicia PRG sección sementais maiores de tres anos.

12.00h.  Concurso morfolóxio para eguas de Pura Raza Galega puntuable para a XV Copa Galicia PRG sección de eguas maiores de tres anos.

12.30h.- Concurso morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de 3 anos.

13.00h. Concurso morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de 3 anos.

13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.

17.00h. Gran espectáculo de doma coa participación do  Centro ecuestre El Rebolillo de Burgos e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Durante a xornada actuación da “Charanga NBA”

 

Ler Máis

Lista de admitidos e excluídos no proceso de selección de persoal laboral temporal para as brigadas de incendios e as preventivas con tractor desbrozadora.

Publicación das listas onde figuran os admitidos e excluídos para participar no proceso de selección de persoal laboral temporal nas brigadas de incendios e nas brigadas de prevención con tractor desbrozadora, coas seguintes categorías:

– xefe de brigada de incendios, peón  conductor  e peón de brigada.

– conductor de tractor desbrozadora e peón forestal de apoio  ao tractor desbrozadora.

Ler Máis

Bolsa de emprego para auxiliar de axuda no fogar.

No Bop nº 129, do 6 de xuño, publícase o anuncio da resolución da alcaldía pola que establecen as bases para o procedemento de creación dunha bolsa de emprego  para auxiliar de axuda no fogar.

O prazo de solicitude é de días hábiles dende o seguinte á publicación da convocatoria.

Bases Auxiliar de Axuda no Fogar

Ler Máis