OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á LECTURA DE DOCUMENTOS ANTIGOS

 

 

O Concello do Corgo, en colaboración co Arquivo Diocesano de Lugo e através do Proxecto CORGORAL, organiza o primeiro Curso de iniciación á lectura de documentos antigos. Co gallo da celebración internacional do Día Mundial dos Arquivos propoñemos unha achega práctica á lectura e comprensión dos documentos escritos como pouso de outras épocas.

O noso obxectivo é desempolvar eses vellos papeis dunha maneira sinxela: dando as claves para poder lelos e comprendelos. Sepárannos deles o contido (ás veces foros ou arrendamentos, ás veces partixas) e, moitas veces, o tipo de letra. Isto fai que nalgúns casos máis desafortunados, acaben no lixo por non se entenderen. Trátase de introducir aos interesados nese marabilloso mundo da escrita e aprender a valorar o que se agocha nas artesas e nos caixóns das nosas casas. 

Impartirase unha primeira achega teórica á paleografía e diplomática antiga, aprendendo a interpretar a linguaxe administrativa, a recoñecer os diferentes tipos de letra e as abraviaturas utilizadas con maior frecuencia. Posteriormente e a través de varios exemplos prácticos, explicarase ao alumnado o mellor xeito de descifrar as vellas escrituras. Podedes traer textos que vos resultan de difícil lectura ou interpretación, para descifrármolos entre todos. O curso é gratuíto, con un total de dez prazas dispoñibles, e terá lugar o xoves 9 de Xuño, de 17:00 a 20:00 horas na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar un correo electrónico antes do día 6 de Xuño, indicando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto a proxecto.corgoral@gmail.com

Ler Máis

O CORGO PROTAGONISTA DA REVISTA LVCENSIA.

O Concello do Corgo e o seu recentemente publicado Adiviñanceiro tradicional foron onte os protagonistas da presentación do número 64 da prestixiosa Revista Lvcensia, editada pola Biblioteca do Seminario Diocesano. No acto público, que congregou a unha numerosa asistencia na Aula Magna, o convidado de honra, nesta ocasión, foi o Proxecto CORGORAL, como exemplo de boas prácticas e implementación de metodoloxías participativas na recolla do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na presentación oficial do Adiviñanceiro tradicional do Corgo na bimilenaria cidade amurallada, o responsable do Proxecto CORGORAL explicou aos presentes todo o proceso de recollas, que contou coa axuda de numerosas persoas e institucións, entre os que sinalou ao cronista oficial, o Sr. D. Jesús Abuín Arias e ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI “Ramón Piñeiro”.

Tamén se deu a coñecer a recente inauguración da biblioteca do Punto de Atención á Lectura, a presentación de libros, concerto musical e recital poético desenvolvidos co gallo do Día das Letras e a edición en vindeiras datas do Refraneiro popular do Corgo, agora en fase de preparación.

ADIVIÑANCEIRO TRADICIONAL DO CORGO

Ler Máis

BASES PARA O FUNCIONAMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CORGO.

Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para  o funcionamento do Viveiro de empresas do Corgo.

BASES PARA O FUNCIONAMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CORGO.

Ler Máis

AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE NO CORGO.

Publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria de axudas para o fomento da natalidade  para as axudas e acollementos producidos no ano 2021, entre xaneiro e decembro.

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS FOMENTO DA NATALIDADE 2021.

Ler Máis

CAMPAÑA DE VERÁN 2022 DA XUNTA DE GALICIA.

Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. O prazo de presentación solicitudeso  abrirase dende o mércores 18 de maio. Prazo de solicitude:  Sete días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude poderá ser individual ou múltiple, no caso de irmáns, e farase por vía electrónica coa Chave 365 ou certificado dixital ou ben poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, sempre empregando o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).

Prazas nos campamentos de Galicia.

Prazas reservadas a inclusión.

Anexo II para solicitude INDIVIDUAL.

Anexo III para solicitude Múltiple.

MÁIS INFORMACIÓN.

Ler Máis

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e fondo de libros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Publicación no Boletín Oficial da Provincia as bases que rexerán o procedemento de participación no no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e fondo de libros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ler Máis

Celebración do Día das Letras Galegas 2022.

Con motivo desta importante efeméride cultural, o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro Domingo 15 na biblioteca do Punto de Atención á Lectura unha xornada festiva de homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.
O programa de actividades comeza ás 18:00 horas e consistirá na presentación de unha novela, no lanzamento do adiviñanceiro tradicional do Corgo, nun concerto e nun recital de poesía. Podedes ver todos os detalles no PDF adxunto.
Estades todos convidados.
Agardámosvos.

Ler Máis

Publicación da listaxe de nenos/as admitidos no PAI do Corgo para o curso 2022/2023

Faise pública a listaxe de nenos e nenas admitidos no Punto de Atenció á Infancia do Corgo para o curso 2022/2023.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE NENOS ADMITIDOS NO PAI : CURSO 2022 2023

Ler Máis

PROGRAMA “COÑECE O TEU PATRIMONIO”

 

O Concello do Corgo, en colaboración coa Diocese de Lugo e a través do Proxecto CORGORAL, promoveu o pasado 20 de Abril a primeira edición do Programa “Coñece o teu patrimonio” dirixido inicialmente ao público escolar. Con este programa preténdese que os alumnos do CEIP Plurilingüe do Corgo descubran, coñezan e valoren o importantísimo legado patrimonial que existe no concello. De entre todas as manifestacións artísticas que atesouran as nosas parroquias escollemos dúas que poden servir de exemplo para comprendermos mellor o patrimonio cultural material e inmaterial corgués: o belén da igrexa de San Martiño de Folgosa e as pinturas murais do templo románico de Santalla do Alto.

O belén articulado de Folgosa constitúe unha senlleira amostra da creatividade e da artesanía popular orientada á devoción conmemorativa do nacemento de Cristo. Trátase de unha maqueta a escala reducida que reproduce o ambiente da Terra Santa hai dous mil anos, con paisaxes poboadas por máis dun cento de figuras que representan á Sagrada Familia, aos Reis Magos e ao pobo de Belén nos seus máis diversos oficios e ocupacións tradicionais. Inclúe varios elementos dinámicos, animais terrestres, aéreos e acuáticos, así coma un río, muíños, fornos e un dispositivo audiovisual que reproduce o son de unha tormenta de raios. Todo isto precisamente no ano en que o Ministerio de Cultura iniciou os trámites para declarar o belenismo como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial.

A igrexa de Santalla do Alto sobrancea pola súa excelente fábrica románica, con unha nave única, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A ábsida ten dous tramos: un deles recto, con bóveda de canón, e outro semicircular, con bóveda de forno. As pinturas murais polícromas destacan pola súa enorme beleza, estado de conservación e magnífica calidade artística. Entre as diversas escenas e temas representados pódense citar a Anunciación, o nacemento de Xesús, a Virxe como raíña dos anxos, os catro evanxelistas… Tamén resultan interesantes as imaxes escultóricas dos santos (Santa Bárbara, San Antonio…), a pía bautismal de granito con decoración xeométrica labrada e os cepillos petitorios dedicados ás ánimas do purgatorio, á Nosa Señora das Dores e a San Antonio de Padua… En fin, toda unha experiencia cultural inesquecible.

Agardamos que esta visita escolar do Programa COÑECE O TEU PATRIMONIO desenvolvido no ámbito do Proxecto CORGORAL sexa a primeira de unha serie na que todas as persoas interesadas poidan coñecer e apreciar a riqueza patrimonial e cultural que atesouran moitos dos fermosos recunchos que posúe o concello do Corgo.

Ler Máis

Proceso de selección de persoal laboral fixo para o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Corgo.

Publicación no Boletin Oficial da Provincia de Lugo das bases para o proceso de selección de persoal laboral fixo para o Punto de Atención á Infancia do Corgo.

Bases para o proceso de selección de persoal laboral fixo para o PAI do Corgo.

Ler Máis