Aviso: auga da traída municipal NON APTA para consumo humano.

Recibida no día de hoxe 13 de xaneiro de 2025 a análise da auga da Rede de abastecemento do Corgo, obsérvase que dous parámetros analizados están alterados, polo que a auga deixa de ser apta para o consumo humano. Procederase mañá a realizar unha análise de contramostra para comprobar se volve a ser apta.

Ler Máis

TARDE DE TEATRO EN CELA.

DÍA: SÁBADO, DÍA 28 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS.

OBRA; “MONSTRÓLOGO”, unha comedia familiar.

COMPAÑÍA: GRUPO PROFESIONAL TRÉCOLA PRODUCCIÓNS.

REPRESENTACIÓN: No local social de Cela.

ENTRADAS DE BALDE.

Unha gran eminencia no campo da monstroloxía está de xira para mostrarnos tipos, habilidades e curiosidades de monstros. Como se moven, que comen, que bailan, levan sombreiro? Onde viven os monstros? Sentímolos debaixo da cama, ao final do corredor, na auga do piscina ou nunha casa vella, pero se miramos máis de preto... Wham!
Desaparecen! Iso é porque cando nos enfrontamos ao medo, este foxe
.

Circuito de teatro profesional da Deputación Provincial de Lugo.

Ler Máis

Club de lectura do Palco.

Venres, día 27 de decembro, ás 20:00 horas no Punto de Atención á Lectura do Corgo.

Obra a tratar: “Agosto do 36”, do autor Xosé Fernández Ferreiro.

.

Ler Máis

Festa pre-fin de ano en ADAI (O Corgo)

-Inscricións ata o día 23 de decembro.

-Sábado día 28 de decembro, ás 21:30 horas CEA VECIÑAL, na ANTIGA ESCOLA DE ADAI.

– Ás 00:00 h BADALADAS.

-Ás 00:15 h. actuación musical de ALBA E SELU do programa “A liga dos Cantantes extraordinarios” da TVG. ( Aberta ao público).

Organiza a Asoción de veciños de Adai.

Colabora: Club de Billar de Adai, e a Área de cultura da Deputación de Lugo.

Ler Máis

Programación de Nadal 2024

 CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.

– INSCRICIÓN ATA O DÍA 20 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.

-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.

-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.

-DATAS E HORARIO: DENDE O  LUNS DÍA 23   DE DECEMBRO ATA  O DÍA 2 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

-ACTIVIDADE GRATUITA. É PRECISO QUE TRAIAN MERENDA E AUGA, ASÍ COMO ROUPA CÓMODA.

O VENRES   DÍA  3 DE XANEIRO O CAMPAMENTO TRASLADARASE AO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL NO MESMO HORARIO PARA CELEBRAR UNHA FESTA DE DESPEDIDA CON INCHABLES, XOGOS E DEMAIS.

 XORNADA  EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO  ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO  O   XOVES 26 DE DECEMBRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.

-INSCRICIÓNS  ATA O DÍA 23 . MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.

– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.

-PREZO: 3,5 €.

CABALGATA DE REIS.  DOMINGO  DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE AS SÚAS MAXESTADES SAIRÁN DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO PARA CHEGAR AO    COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.

 INSCRICIONS DOS NENOS/AS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543, ATA O 3 DE XANEIRO.

HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA CONVIDAR AOS ASISTENTES.

Ler Máis

AXUDAS DO PROXECTO MELLORA DE CAMIÑOS NO CORGO.

Esta entidade foi beneficiaria dunha axuda por importe de 87.194,00€ ó abeiro da Orde do 19 de decembro de 2023 da CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL, pola que se regula o PROXECTO MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS NOS LUGARES DE FRANQUEÁN E VILAGAMELLE, cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ó abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014- 2020

Ler Máis
Tractor spraying a field of wheat

BANDO DA ITV

BANDO ITV 2025.
RECOÑECEMENTO DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS, SUPERVISIÓN E CONTROL S.A.
A UNIDADE MÓVIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS prestará servizo neste concello agás causas de forza maior nos días que se relacionan a continuación:


PARROQUIADIAMAÑÁTARDE
LAXOSA, campo de festa03/01/2025DE 9:00 A 13:30h————-

LAXOSA, campo da festa07/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00 h.

ADAI, mercado08/01/2025DE 9:00 A 13:30h.De 15:15 A 18:00 h.
ADAI, mercado09/01/2025DE 9:00 A 13:30 h————-

Explanada Polígono Industrial10/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00  
Explanada Polígono Industrial13/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00  
Explanada Polígono Industrial14/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00  
SABAREI,(explanada cerca igrexa)15/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00  
SABAREI,(explanada cerca igrexa)16/01/2025DE 9:00 A 13:30hDe 15:15 A 18:00  

PARA SOLICITAR CITA PREVIA DEBERÁ CHAMAR AO TELÉFONO 902 30 90 00 ou na páxina web: https://www.sycitv.com/es/ CITA PREVIA

Ler Máis

Listado definitivo de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas do proceso de selección de persoal laboral temporal no programa REFORZO DO EMPREGO

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no procedemento de selección de un oficial 1ª conductor camión/palista, dous oficiales 2ª albanel e un oficial 1ª albanel e un peón para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego no Concello do Corgo, financiado polo Plan Único Provincial 2024, publícase a lista de admitidos a definitiva,así como a composición do tribunal e data das probas.

Ler Máis