FESTA DA CULTURA POLO PRIMEIRO ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DO PALCO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 22 de Abril unha festa da cultura para conmemorar o primeiro ano de existencia da biblioteca do Punto de Atención á Lectura. Aproveitamos esta efeméride, e a da Semana do Libro e da Lectura para festexar a oralidade e os valores humanistas transmitidos a través das palabras ditas, recitadas ou cantadas. E para iso, nada mellor que acoller ás persoas que se acheguen ao PALCO e ofrecerlles de balde unha chea de libros, imaxes, música e poesía! O programa de actividades comezará ás 18h do serán e incluirá diversos eventos: mostra fotográfica, música tradicional, feira do libro, recital poético ibérico…

Achégate á biblioteca do PALCO e celebra connosco este cumpreanos!!

Ler Máis

APERTURA DO PRAZO DE RESERVA E INSCRICIÓN/MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24 NO PUNTO DE ATENCÍON Á INFANCIA (PAI) DO CORGO.

O Punto de Atención á infancia (PAI) do Concello do Corgo, abrirá o prazo de reserva e inscricion/matrícula para o vindeiro curso 2023/2024.

Os PRAZOS DE ADMISIÓN seguindo o reglamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:

-Os/ As nenos/as matriculados/as no curso actual e que desexen continuar para o curso 2023/2024, terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 3 de abril e o 14 de abril (ambos inclusve).

-As novas solicitudes de admisión ( inscrición e matrícula) atenderánse do 17 de abril ao 28 de abril (ambos inclusive).

Posteriormente, a listaxe de admitidos sairá publicada o 8 de maio na páxina web do Concello do Corgo.

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse en horario de 09:00 a 15:00 h. ás oficinas municipais do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.

A dirección do Pai.

IMPRESOS:

Ler Máis

XORNADAS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL DO CORGO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e coa colaboración das asociacións culturais Vagalumes e Arumes, organiza as Primeiras Xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Corgo, dedicadas nesta ocasión á divulgación, defensa e posta en valor dun particular aspecto da nosa arte relixiosa popular: os cruceiros e as cruces de pedra.

Para acadar estes obxectivos programáronse diversas actividades ao longo deste trimestre: en primeiro lugar, durante os meses de Febreiro e Marzo realizouse no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) unha exposición temporal sobre Castelao como estudoso, artista e debuxante, titulada A Bretaña que hai en nós.

Por outra banda, o sábado 4 de Febreiro contamos coa presenza do museólogo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Sr. D. Felipe-Senén López Gómez, que impartiu unha conferencia maxistral sobre As cruces de pedra nos confíns da Europa Atlántica.

Para rematar estas Primeiras Xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Corgo, o concello organiza no Punto de Atención á Lectura o vindeiro sábado 1 de Abril ás 18:30h unha visita comentada á exposición, ás 19:00ha proxección do vídeo titulado “As cruces de pedra na Bretaña” e ás 20:00h unha conferencia impartida por Fernando Arribas, presidente da Asociación Galega de Amigos das Cruces de Pedra, sobre Os cruceiros no concello do Corgo. Agardamos que estas xornadas sexan de interese para toda a veciñanza corguesa e que tamén sirvan para difundir e poñer en valor o noso rico e variado Patrimonio Cultural.

Ler Máis

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos
directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural
suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento
MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Publicación no DOG do 20 de marzo do 2023 da Orde que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudasd ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control .

Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas
directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión
e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Programa de desenvolvemento rural de Galicia
2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España
2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.
– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a
creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa
de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da
PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da
anualidade de 2023)

Ler Máis

A IRMANDADE LUGO SEMPRE

( ASOCIACIÓNS OS CINCO RIOS DO CORGO E A ASOCIACIÓN LUGO SEMPRE).

ORGANIZAN A SÚA PRIMEIRA CONFERENCIA SOBRE:

“ENFERMIDADES CRÓNICAS MÁIS FRECUENTES”, A CARGO DA DRA. LUISA VELASCO, MÉDICO ESPECIALISTA EN MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA, E MÉDICO ESPECIALISTA EN XERIATRÍA E XERONTOLOXÍA.

DÍA: 26 DE MARZO ÁS 12:00 HORA

CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

Ler Máis

XIV aniversario do Centro de día do Corgo.

O mércores, día 22 de marzo, o Centro de Día do concello do Corgo celebra o seu XIV aniversario, e contará coa presenza da artista do Incio LUCÍA PÉREZ que deleitará aos asistentes ao centro de maiores co seu último traballo musical “La Penúltima”, canción que os usuarios /as están coñecendo e practicando para acompañar a Lucía.

Á actuación estarán convidadas tódalas familias así como o público que queira achegarse ás 12:00 h da mañá ata o Centro .

Así mesmo, o día 23 de marzo, xoves, ás 15:00 h, continuarán os festexos do aniversario, e ofrecerase a actuación do violinista RODRIGO VÁZQUEZ e a pianista BENY ARGÜELLES , que presentarán un repertorio de bandas sonoras de películas.

Ao remate, convidarase aos presentes a un aperitivo.

Ler Máis

Tempo de axudar aos que están preto. CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS.

Recollida solidaria en colaboración co BANCO DE ALIMENTOS de Lugo.

Neste intre precisan da nosa axuda para a recolecta dos seguintes productos:

  • Arroz.
  • Pastas.

PUNTOS DE RECOLLIDA:

  • Casa consistorial.
  • CEIP plurilingüe do Corgo ( para familias con nen@s escolarizados):
  • Supermercado casa Justo.
  • Supermercado Atlántico.
  • Supermercado La Tienda.
  • Supermercardo Hipercastro Laxosa.

Prazo:

A recollida estará aberta dende o luns día 6 ata o mércores día 15 de marzo de 2023 (ambos inclusive)

Organiza: Concello do Corgo e Banco de Alimentos de Lugo.

Ler Máis

Listado definitivo, composición do tribunal e data de avaliación de méritos dos procesos selectivos de dous oficiais segunda (tractoristas) e un Encargado de instalacións e edificios municipais.

Publicación no BOP de Lugo do 4 de marzo do listado definitivo de admitidos e excluídos no proceso libre e escepcional de consolidación e establilización de emprego como persoal laboral fixo de dous oficiais segunda (tractoristas) e un encargado de instalacións e edificios municipais. Composición do tribunal e data da avaliación de méritos.

Ler Máis

Lista definitiva, composición do tribunal e data da avaliación de méritos dos procesos selectivos de DOUS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR E UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

Publicación no Bop de Lugo do 4 de marzo de 2023 do listado definitivo de admitidos e excluídos, para o proceso libre e excepcional de consolidación e establiliazación de emprego de dous postos de Auxiliar de Axuda no Fogar e un posto de Traballador/a Social.

Ler Máis

Lista definitiva, composición do tribunal e data da avaliación de méritos do proceso de estabilización dun Informador Xuvenil.

Publicación no BOP de Lugo do 2 de marzo de 2023 o listado definitivo de admitidos e excluídos xunto coa composición do tribunal e data de constitución e avaliación de méritos no proceso libre e excepciona de consolidación e establilización dun posto de Informador Xuvenil.

Ler Máis