MERCADILLO DE NADAL

DOMINGO dia 1 de decembro, xunto a cámara agraria.

Ás 12:30 visita de Papá Noel para recoller as cartas de tódoles nenos e nenas na carpa da asociación. Si chove será no Centro Sociocultural.

Ás 14:00 horas: Sorteo dunha cesta valorada en 600 €. (Carteis para asinar nalgúns bares e o día do mercadillo.)

As persoas interesadas en levar algo para vender poden inscribirse nos teléfonos 636584282 e 686625657.

Haberá pulpeiras.

ORGANIZA: ASOCIACIÓN 5 RIOS.

COLABORA: CONCELLO DO CORGO

Ler Máis

LISTA PROVISORIA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS. PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO FINANCIADO POLO PLAN ÚNICO PROVINCIAL.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE UN OFICIAL 1ª CONDUCTOR CAMIÓN/PALISTA, UN OFICIAL 1ª ALBANEL E DOUS OFICIALES 2ª ALBANEL E UN PEÓN ALBANEL PARA A EXECUCIÓN DUN PROGRAMA TEMPORAL DE REFORZO DO EMPREGO NO CONCELLO DO CORGO, FINANCIADO POLO PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2024 DA DEPUTACIÓN DE LUGO.

Ler Máis

Coral no Nadal.- Schola Gregoriana Lucensis

Actuacións da Coral nas igrexas do Corgo no Nadal

DOMINGO dia 1 de DECEMBRO

11:00 H. SEGOVIA ( O CORGO)………………Igrexa Misa/Panxoliñas.

DOMINGO dia 15 de DECEMBRO

11:00 H. CERCEDA ( O CORGO)………………..Igrexa Misa/Panxoliñas.

VENRES, dia 20 de DECEMBRO.

15:30 H. CENTRO DE DÍA DO CORGO…………Panxoliñas

SÁBADO dia 21 de DECEMBRO

13:00 H. PEDRAFITA (O CORGO)……………… Igrexa Misa/Panxoliñas.

DOMINGO, día 29 de DECEMBRO

11:00 H. CAMPELO (O CORGO)…………………Igrexa Misa/Panxoliñas.

12:30 H. LAXOSA ( O CORGO)..…………………Igrexa Misa/Panxoliñas.

Ler Máis

REPRESENTACIÓN DE TEATRO PROFESIONAL NO CORGO “RARA AVIS”(Lila Teatro).

LOCAL: Centro Sociocultural do Corgo.

DATA: 23 DE NOVEMBRO, SÁBADO.

HORA: 19 HORAS.

OBRA: RARA AVIS.

COMPAÑIA : LILA TEATRO

Actividade subvencionada polos circuítos de Teatro da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.

Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”.

É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.

Ela, coma ninguñén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo.
“RARA AVIS” fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Ler Máis

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

O concello do Corgo, informa a aquelas persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, poden pasar estas datas en compañía.
Plazas e destinos: Ofértanse un total de 140 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Lugo.
Datas e servizos: Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2024 e o día 7 de xaneiro de 2025, e comprenderá os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
  • Desprazamento en autobús dende Lugo (día 24 pola maña) ata a residencia de tempo libre en Nigrán, e volta o 7 de xaneiro (despois do almorzo)
  • Actividades de animación sociocultural.
    Persoas beneficiarias:
    a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
    b) Estar empadroado no concello do Corgo
    c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía
    Solicitudes: As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
    Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
    Ata o día 25 de novembro de 2024 (incluído) no departamento de servizos sociais do concello do Corgo.
    Información:
    982 14 39 06
    982 14 39 07
    Custo da praza: Gratuíto.

Ler Máis

Bases dos procesos selectivos para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego financiado polo Plan Deputación cooperación cos concellos 2024

PUBLICACIÓN NO BOP DE LUGO NÚMERO 256 DAS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE UN OFICIAL 1º CONDUCTOR CAMIÓN/PALISTA, UN OFICIAL 1ª ALBANEL, DOUS OFICIALES 2º ALBANEL E UN PEÓN ALBANEL PARA A EXECUCIÓN DUN PROGRAMA TEMPORAL DE REFORZO DO EMPREGO NO CONCELLO DO CORGO, FINANCIADO POLO PLAN DEPUTACIÓN COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024.

Ler Máis

ADAI CON VALENCIA. Evento solidario.

O Clube de Billar de Adai do concello do Corgo xunto ca Real Federación Española de Billar organiza un evento solidario de billar pool bola 9 ” ADAI CON VALENCIA” o sábado 23 de novembro a partires das catro da tarde.

Os fondos recadados serán doados aos clubes de billar afectados pola terrible devastación da DINA na provincia de Valencia. Pódese colaborar inscribíndose a xogar para este evento ou ben aportando unha doazón para a causa no mesmo clube. Para calquera información chamar ao 627070033.

Noraboa por esta iniciativa e grazas pola colaboración.

Ler Máis

AXUDA AOS AFECTADOS POLA DINA.

O Concello do Corgo expresa o seu enorme agradecemento á boa resposta de tódol@s veciños e veciñas que se achegaron á nave municipal do Viveiro de empresas do Polígono Industrial para aportar a súa axuda e solidaridade ante esta barbarie natural que a tantos afectados salpica, así como á empresa de transportes Gallardo Cervantes por pensar en nós para esta iniciativa tan axeitada e necesaria nestes momentos.

Ler Máis

Campaña solidaria de EMERXENCIA pola DINA.

O CONCELLO DO CORGO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA HUMANITARIA PARA A RECOLLIDA DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE EN FAVOR DOS DAMNIFICACOS POLO FENÓMENO DA DINA (“DANA”) QUE ESTÁ A SUFRIR ACTUALMENTE O LESTE DA PENÍNSULA.PORÉN, HABILÍTASE UN PUNTO DE RECOLLIDA NAS OFICINAS DO VIVEIRO MUNICIPAL DE EMPRESAS SITO NO PARQUE EMPRESARIAL DO CORGO, QUE ESTARÁ ABERTO ESTE DOMINGO 3 DE NOVEMBRO EN HORARIO DE 16:30 A 20:00 HORAS E TAMÉN O LUNS 4 DE 9:00 A 13:00.

OS PRODUTOS MÁIS DEMANDADOS SERÍAN: AUGA, LEITE, TOALLIÑAS HIXIÉNICAS, CUEIROS (“PAÑALES”) E POTITOS OU CALQUER OUTRO TIPO DE ALIMENTACIÓN INFANTIL.

OUTROS PUNTOS DE RECOLLIDA NO CORGO: SUPERMERCADO ATLÁNTICO, CASA JUSTO EN GOMEÁN, SUPERMERCADO A TENDA E HIPERCASTRO EN LAXOSA.

O CONVOI DA AXUDA ESTÁ PREVISTO QUE SAIA ESTE MESMO LUNS CAMIÑO DAS ZONAS AFECTADAS.

AGRADECEMO-LA COLABORACION DE TOD@S.

Ler Máis

Sesión de TEATRO no local de Cela-Ponte de Neira.

OBRA: MARIANA CLUB.

COMPAÑÍA: A ADALA DE FOZ.

DÍA: SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.

HORARIO : ÁS 20:30 HORAS.

NO LOCAL SOCIAL DE CELA-PONTE DE NEIRA

Ler Máis