EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e grazas á inestimable colaboración da Asociación Cultural Vagalumes, inaugura na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) a exposición temporal titulada A Bretaña que hai en Nós.

Trátase dunha merecida homenaxe póstuma a Daniel Alfonso Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires 1950) e á súa viaxe de estudo encol das cruces de pedra na Bretaña. A análise dos cruceiros e dos calvarios dese cabo do mundo atlántico permitiríalle anos mais tarde comprender e contextualizar mellor o seu monumental estudo sobre as cruces de pedra na Galiza, publicado en 1950 polo Seminario de Estudos Galegos e a Editorial Nós no exilio bonaerense.

A mostra, composta por vinte e seis paneis, un audiovisual e o seu correspondente catálogo, estará aberta ao público durante os meses de febreiro e marzo. As persoas interesadas en visitala deberán poñerse en contacto co Concello do Corgo no correo proxecto.corgoral@gmail.com ou no teléfono 676-862-924.

Ler Máis

CONVENIO CON ALAR GALICA

O Concello do Corgo asina no 2023 a adhesión ao Programa da Asociación ALAR GALICIA co propósito de facilitar aos veciños este servizo. Para que calquera caso sexa derivado á asociación e poidan intervir, é preciso contactar co departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello, a través do 982302100 ou no enderezo electrónico sonia.tallon.parga.ocorgo@eidolocal.es

Alguns dos proxetos da Asociación son:

PROXECTO VOITHEIA : https://www.alar-galicia.es/proxecto-voitheia/

A poboación diana deste proxecto, subvencionado pola Consellería de Sanidade, son os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, residentes na comunidade galega. O foco da intervención establécese nesta franxa de idade debido á realidade estatística á que nos enfrontamos, a idoneidade desta etapa ás liñas de prevención é sensibilización e a susceptibilidade dos máis novos aos factores de risco e desencadeantes das condutas suicidas.

PROXECTO MORPHEO: https://www.alar-galicia.es/proxecto-morpheo/

De xullo do 2022 ata xullo do 2025, estáse a levar a cabo en toda Galicia o Proxecto Morpheo para previr e concienciar acerca das problemáticas asociadas as condutas aditivas, con ou sen substancias, na poboación adolescente e o seu entorno educativo e familiar. 

Ler Máis

Bases reguladoras de axudas excepcionais para persoas productoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína. (Procedemento MR244A)

Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As axudas consisten nun pagamento único por tamaño da explotación, atendendo ao número de animais, no caso das explotacións produtoras de carne de vacún, de carne de ovino e de carne de cabrún, e nun pagamento único por capacidade da explotación, atendendo ao número de prazas, no caso de explotacións produtoras de carne de aves e de carne de coellos.

 O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ENLACE AO DOG

Ler Máis