Festa do avó 2024. Xoves, 5 de setembro do 2024


Destinatarios: Persoas maiores de 60 anos e cónxuxes.
Aportación:
– Persoas empadroadas : 5€
– Persoas non empadroadas: 30€
Lugar: Polideportivo Colexio do Corgo.

IMPORTANTE
-Os vales adquiriranse na Casa do Concello dende o martes día 20-08-2024 ata o luns día 01-09-2024.
-Horario recollida: 09:00 A 14:30 HORAS
– É obrigatorio presenta-lo D.N.I para anotarse.
Actividades
– Actuación musical e sesión de baile.
-Sorteo de agasallos.
HORARIO
13.30: Eucaristía
14.30: Xantar.

Ler Máis

Proceso selectivo dun CONSERXE para o CEIP DO CORGO.

PUBLICACIÓN NO BOP DE LUGO DAS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A A MEDIA XORNADA (1 CONSERXE PARA O CEIP) QUE PARA A EXECUCIÓN DUN PROGRAMA TEMPORAL DE REFORZO DO EMPREGO NO CEIP DO CORGO, FINANCIADO POLO PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2024.

Ler Máis

INFORMACIÓN AO CONTRIBUINTE DA ÁREA DE RECADACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

Por orde do xefe do Servizo, infórmase de que conforme ao artigo 25 do RD 939/2005, do 29 de xullo, regulamento xeral de recadación:

1. Os obrigados ao pago poderán domiciliar o pago das débedas de vencemento periódico e notificación colectiva, é dicir, RECIBOS.

2. Para proceder a efectuar esas domiciliacións deberán comunicalo polo menos 2 MESES antes do comezo do período de cobro. Noutro caso, a comunicación e polo tanto, a domiciliación, xurdirá efectos a partir do período seguinte.

En base ao anterior, desde o Servizo de recadación comunícase que:

a) Non se pode domiciliar LIQUIDACIÓNS. Eso pode implicar a nulidade da liquidación afectada por non ser debidamente notificada, porque se se domicilia nin se carga en conta nin se notifica.

b) Estando previsto o inicio da cobranza do IBI e IAE 2024 para o 16 de setembro, só se pode proceder a domiciliar aqueles casos comunicados ata o 16 de xullo (2 MESES ANTES COBRANZA). Os comunicados a partir desa data deben gravarse no programa de Gestión con “Inicio de la domiciliación Año: 2025 Período: 0” ou en caso de dúbida, remitir eses casos a este Servizo por SIR.

Por outro lado, informo que no programa de Gestión nos próximos días poderase visualizar os datos dos padróns de IBI e IAE pero non son os datos definitivos xa que falta incorporar repartos de cotitulares, bonificacións, exencións, non suxeicións…Os datos definitivos serán os que figuren a partir da aprobación da cobranza (o 16 de setembro) e a súa exposición pública. Isto implica que ata esa data, non se pode facilitar ningunha copia de recibo nin relación de parcelas a ningún contribuínte pois son documentos que non teñen ningunha validez.

3. Infórmase que a cobranza do IBI e IAE 2024 está prevista para o 16 de setembro ata o 18 novembro (ambos incluídos). O 19 de novembro comezaría o período executivo de pago cunha recarga do 5%. E que o cargo bancario está prevista dentro da primeira quincena de outubro.

Ler Máis

FESTA FOLK NO RIO CHAMOSO

SABADO 27 E DOMINGO 28 DE XULLO.

PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO DO CORGO.

SÁBADO 27.

ÁS 17:00 H. SESIÓN DE MAXIA A CARGO DO MAGO ANTÓN ” MIL MAXIAS MÁIS”.

ÁS 18:OO H SESIÓN DE MAXIA

ÁS 19:00 H. SESIÓN DE MAXIA.

22:30 H. CONCERTOS

BRENDAN SHINE

LA PENÚLTIMA SABINERA. TRIBUTO A JOAQUÍN SABINA

DOMINGO 28.

FEIRA DE ARTESANÍA.

PASARRÚAS COA A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

17:00 H. ROMARIA FOLK

A.R.C. OS DO 21 DE VICEDO.

A. C. A LEGUA DERETA DO CORGO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO .

COLABORA A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Ler Máis

ANDANDO E CORRENDO POLA VIA KüNIG. III EDICIÓN.

DÍA: 14 DE XULLO DO 2024.

ANDAINA ÁS 10:00 HORAS E CARREIRA ÁS 11:00 HORAS.

SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO DE BARALLA E META NA CAPELA DE SAN BERNABÉ ( CORGO)

SERVICIO DE BUSES DE META Á SAIDA E REGRESO Á SAIDA.

INSCRIPCIÓNS EN: http://www.ccnorte.com

Custe 5€ ata o 30 de xuño e 10€ ata o 10 de xullo.

Ler Máis

Curso de “Mobilizacion e traslados de persoas dependentes”

DATA: DÍA 20 DE XUÑO, XOVES, DE 17:00 A 21:00 HORAS.

LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

INSCRICIÓNS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO 982302377 OU EN AFALU@AFALU.ORG E NO 607843384.

CURSO GRATUITO CON DIPOLOMA DA ESCOLA GALEGA DE SAÚDE

Ler Máis