O CLUBE DE BILLAR DE ADAI ACOLLERÁ A FINAL DA COPA DE ESPAÑA.
DIAS: 6 E 7 DE ABRIL.
IV COPA DE ESPAÑA DE BILLAR FEMENINA.
CLUBE DE BILLAR DE ADAI- O CORGO
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
DIAS: 6 E 7 DE ABRIL.
IV COPA DE ESPAÑA DE BILLAR FEMENINA.
CLUBE DE BILLAR DE ADAI- O CORGO
Publicación no BOP do mércores 28 de febreiro da composición do tribunal cualificador no proceso de selección dun/ha traballador/a social, posto de apoio do concello do Corgo.
Curso de 3h. de duración que terá lugar o día 29 de Febreiro, xoves de 16:00 h a 19:00 h no Centro Sociocultural do Corgo.
Gratuito, con expedición de certificado pola Escola Galega de Saúde.
Programa:
Atención inical en situacións de urxencia máis frecuentes.
Asistencia inicial ante un traumatismo.
Feridas e hemorraxias
Dificultade respiratoria.
Hipoglicemia.
Reacións alérxicas.
RCP.
INSRICIÓNS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO, OU EN afalu@afalu.org (607843384).
Tamén en www.escolasaude.sergas.es/Cursos-presenciais (buscando o Curso de PREVENCION DE RISCOS a desenvolver no CORGO)
XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!
DESFILE DE DISFRACES CON VALES DE PREMIOS POR CATEGORIAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.
INSCRICIÓNS PARA O DESFILE A PARTIR DAS 16:30 H. NO PAVILLÓN.
18:00 H. DESFILE POR CATEGORÍAS:
Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.
Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.
Haberá lambetadas e chocolate con churros de balde para os disfrazados.
Ven a divertirte!!
Publicación no Dog das axudas para a obtención do carné de conducir.
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D
Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:
– Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
– Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Non estar traballando por conta propia nin allea.
– Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
– Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.
– O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
Enlace ao Dog https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_gl.html
No DOG DO 18 de xaneiro de 2024 publícanse as bases das axudas para paliar os danos producidos polo lobo. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento MT809B).
Tralo inicio do servicio da Telefonía móvil de nova xeración 4G e 5G, poderían porducirse afectacións na recepciónda televisión dixital terrestre (TDT).
Co fin de solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servicio das estacións base de telefonía móvil non afecte á TDT, a entidade LLEGA 700 leva a cabo actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios da TDT. Estas actuacións son de caracter gratuito para os afectados, e o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación para os usuarios da TDT é de seis meses dende a posta en servicio das estacións de telefonía móvil, plo que se informa que o dia 31 de xaneiro do 2024 finaliza o prazo para solicitar as actuacións gratuitas polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.
Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono gratuito da Oficina Técnica de Concellos do Llega 700: 9008310902. Para atender no centro de atención ao usuario o número de teléfono gratuito é 900833999