O Concello do Corgo abre unha lista para que, todas aquelas persoas que estean desempregadas, inactivas ou que queiran mellorar a súa situación laboral, poidan figurar nela.
A devandita lista só terá carácter informativo, co fin de enviar ás persoas que figuren nela información puntual de todos os procesos selectivos e políticas de emprego levados a cabo neste Concello.
Se estás nalgunha das situacións sinaladas e queres inscribirte na lista de emprego fainos chegar os teus datos.
Poñemos a vosa disposicón un modelo de CV por se todavía non o tes confeccionado. Adxunta o teu curriculum e cubre todos os teus datos no seguinte formulario web: