A Casa das Asociacións localízase a carón do Punto de Atención á Infancia (PAI) e do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO). Trátase dun edificio público municipal, que acolle na planta baixa os servizos de Correos e do Equipo de Inclusión Sociolaboral.
A Oficina de correos ten recollida diaria de correspondencia, con un horario de atención ao público de 09:00 a 10:00h, de luns a venres.
O Equipo de Inclusión Sociolaboral ofrece ás persoas con diferentes dificultades un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias sociolaborais, ao tempo que deseña itinerarios personalizados para acadar a inserción, despois de analizar a situación de cada persoa, sempre dende unha visión multidisciplinar e coordinada cos servizos sociais de cada concello. Os equipos de inclusión sociolaboral teñen presenza en diferentes concellos para dar cobertura a todo o territorio galego. Dependen do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e operan no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, deseñada pola Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Social Europeo. Dende esta oficina do Corgo as profesionais desprázanse a 18 concellos para atender as persoas mediante atención directa, contando coa colaboración dos servizos sociais. Os concellos nos que se traballa dende este equipo son: A Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, O Corgo, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Ribeira de Piquín e Triacastela. O atendemento ao público realízase en horario de mañá. Para establecer unha cita agradecemos se contacte previamente no teléfono 982 363 719 – 608 500 379 ou no correo electrónico baralla.inclusion@igualdadebenestar.org
No andar de cima da Casa das Asociacións existen varios gabinetes coas sedes da Asociación 5 ríos, da Asociación Cultural Arumes, do Centro de Estudos do Corgo, da Escola-obradoiro Ponte de Areas V e do Proxecto CORGORAL.