O CLUBE DE BILLAR DE ADAI ACOLLERÁ A FINAL DA COPA DE ESPAÑA.
DIAS: 6 E 7 DE ABRIL.
IV COPA DE ESPAÑA DE BILLAR FEMENINA.
CLUBE DE BILLAR DE ADAI- O CORGO
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
DIAS: 6 E 7 DE ABRIL.
IV COPA DE ESPAÑA DE BILLAR FEMENINA.
CLUBE DE BILLAR DE ADAI- O CORGO
CABALGATA DE REIS DO CONCELLO DO CORGO 2024. VENRES 5 DE XANEIRO
AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE SAIRÁN DENDE O CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO A PARTIR DAS CATRO DA TARDE, TRALA VISITA AOS USUARIOS/AS DO CENTRO DE DIA MUNICIPAL.
VIRÁN A CABALO ATA O COLEXIO PLURILINGÜE DO CORGO ONDE OS ESPERARÁ A ASOCIACIÓN CULTURAL LEGUA DEREITA E TÓDOLOS NENOS, NENAS E MAIORES QUE QUEIRADES ACHEGARVOS.
OS/AS NENOS/AS INSCRITOS NO CENTRO SOCIOCULTURAL ANTES DO DIA 5 ( 982302377 OU 620731543) RECIBIRÁN AGASALLOS .
REPARTO DE CARAMELOS, CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS PARA TODOS OS ASISTENTES.
AGARDÁMOSVOS.!!!
ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.
COLABORA: ASOCIACION CULTURAL LEGUA DEREITA, NAIS DO COMEDOR ESCOLAR.
O vindeiro sábado 23 de Decembro, a partir das 17:00h, terá lugar no Punto de Atención á Lectura do Corgo un acto público de homenaxe á figura de D. Jesús Abuín Arias, fillo predilecto e cronista oficial do Concello do Corgo. A loanza do homenaxeado correrá a cargo do coñecido escritor corgués Mario Outeiro.
Posteriormente, será presentado o Inventario de Fondos Bibliográficos do PALCO, un exhaustivo traballo que recolle os 4.466 rexistros correspondentes aos 5.473 volumes da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. Este inventario foi elaborado con carácter voluntario e altruísta por Natalia Silva, a quen tamén se lle renderá un merecido tributo en sinal de agradecemento.
1.- CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.
– INSCRICIÓNS ATA O DÍA 22 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.
-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.
-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.
-DATAS E HORARIO: DENDE O MARTES DÍA 26 DE DECEMBRO ATA O DÍA 5 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
-ACTIVIDADE GRATUITA.
2.- SESIÓN DE TEATRO COA OBRA: “ PALABRAS”,POLA COMPAÑÍA BAOBAB TEATRO. O MÉRCORES DÍA 27 DE DECEMBRO ÁS 13:00 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL.
ACTIVIDADE GRATUITA DIRIXIDA AO PÚBLICO INFANTIL.
NADAL EN REDE. SECRETARÍA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA.
3.– XORNADA EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O MÉRCORES DÍA 3 DE XANEIRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.
-INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.
-PREZO: 2,5 €.
4.-SESIÓN DE MAXIA POLO MAGO PACO. XOVES DÍA 4 DE XANEIRO ÁS 12:30 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL.
ACTIVIDADE GRATUITA DIRIXIDA A PÚBLICO INFANTIL.
5.– CABALGATA DE REIS. VENRES DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE NO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO.
REPARTO DE AGASALLOS, CHOCOLATE E ROSCÓN DE REIS.
INSCRICIONS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.
O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolleu o pasado sábado 16 a cerimonia de
entrega dos premios correspondentes ao certame literario Terras de Chamoso, que vén sendo
convocado todos os anos pola Asociación Cultural Arumes. O acto foi conducido por Mario
Outeiro e a entrega de galardóns contou coa presenza dos membros do xurado e de varios
personaxes destacados, como a actriz corguesa Benedicta Sánchez ou o escritor Manuel
Vázquez. O público asistente foi agasallado con tres pezas da Legua Dereita e coa actuación
musical dos Zanfoneiros da Tradescola lucense.
O Punto de Atención á Lectura do Corgo acolle este xoves 14 de Decembro a reunión menual do Club de Lectura do PALCO. Trátase do terceiro encontro literario entre un escritor e os seus lectores, e esta organizado no marco do Proxecto CORGORAL, co propósito de fomentar a convivencia cultural entre a veciñanza das Terras de Chamoso.
A obra seleccionada nesta ocasión é a biografía do debuxante e ilustrador Hugo Pratt, creador do lendario personaxe do Corto Maltés. Baixo o subtítulo O desexo de ser inútil: lembranzas e reflexions, o entrevistador Dominique Petifaux conseguiu elaborar un completísimo retrato dun dos maiores creadores de banda deseñada de tódolos tempos. Profusamente ilustrada con numerososo debuxos e fotografías persoais, esta obra contará, entre outros, cos comentarios críticos e as análises da filóloga Ánxela Gracián e do profesor Xosé Manuel Castro Castedo, ambos con fondas raíces na freguesía corguesa de Queizán.
Agardamos por vós a partir das 19 h no PALCO.
Sábado, día 18 de NOVEMBRO, ás 21.00 horas.
Representación da obra AS MENTIRAS TEÑEN OS PÉS PEQUENOS, no local social de CELA-PONTE DE NEIRA.
Grupo de teatro: PICO DO CASTRO DE FOZ.
Entrada de balde.
Circuito de Teatro Afecionado da Deputación Provincial de Lugo.
Este sábado 11 de Novembro terá lugar, a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo, o faladoiro titulado “As preocupacións de San Martiño”. Aproveitando esta efeméride do santoral, o cura párroco do Corgo, Óscar G. Murado, disertará sobre a figura deste home santo, sobre a súa época e sobre os seus escritos. Precisamente o noso orador convidado, doutor en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma, defendeu previamente con éxito a súa tese de licenciatura hai exactamente quince anos, baixo o título San Martiño de Braga perante o paganismo. O público asistente terá a posibilidade de entender mellor este senlleiro personaxe, bispo dos suevos, así como a súa coñecida obra De correctione rusticorum. Xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este sábado 11, a partir das 19:00h.
O Proxecto CORGORAL organiza o vindeiro venres 10 de Novembro unha velada poética a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo. O recital correrá a cargo da escritora Ánxela Gracián, natural de Castroverde, poeta e tradutora varias veces galardoada polos seus traballos e con fondas raíces familiares na parroquia corguesa de Queizán. O acceso a este evento será libre e de balde, ata completar o aforo. Todas as persoas que asistan á velada poética levarán un libro da autora como agasallo. Así que, xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este venres, a partir das 19:00h.
TEATRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
OBRA: CITA PREVIA. (historias disparatadas nas consultas médicas).
GRUPO: REBULDEIRA TEATRO DE SARRIA.
DIA 11 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS.
COMEDIA. TODOS OS PÚBLICOS. ENTRADA DE BALDE.
Duración: 75 min.
Esta obra trata sobre situacións que poden suceder nun centro de saúde. De xeito anecdótico e cómico represéntase o devir cotiá ao que se enfrentan os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios, así como a vida social das salas de espera, dende discusións familiares, novas amizades e algún que outro desatino.