Categoría: Actividades Culturais

MOSTRA FOTOGRÁFICA DE POMBAIS TRADICIONAIS

Ao longo do último trimestre deste ano permanecerá exposta no Punto de Atención á
Lectura do Corgo – PALCO a exposición titulada Sentinelas do desleixo. Trátase dunha mostra
fotográfica temporal que recolle un total de catorce imaxes en branco e negro
correspondentes a outros tantos pombais tradicionais corgueses. Esta iniciativa xorde no
ámbito do Proxecto CORGORAL, co obxectivo de amosar a relevancia e a beleza estética
destas construcións. Asemade, preténdese sensibilizar aos axentes públicos e privados sobre a
necesidade de preservar axeitadamente o patrimonio cultural para podelo transmitir nas
mellores condicións posibles ás vindeiras xeracións. As persoas interesadas en visitar esta
exposición deberán concertar cita previamente, poñéndose en contacto co Concello do Corgo
ou no correo proxecto.corgoral@gmail.com

Ler Máis

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA NO PALCO

O martes 24 de Outubro é o Día da Biblioteca. Por este motivo, o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra no Punto de Atención á Lectura unha nova xornada cultural. Todas as persoas que se acheguen ao PALCO entre as 10:00 e as 14:00 horas recibirán un agasallo moi especial: o libro recompilatorio que recolle os contos tradicionais do concello do Corgo, así como unha segunda obra de balde, a escoller persoalmente polas persoas que nos visiten. Así que xa o sabes: vinde a celebrar connosco o Día da Biblioteca!

Ler Máis

TEATRO DE BALDE NO PALCO: “A TORTILLA E A PESTE”.

Este sábado 21 de Outubro, por iniciativa do Proxecto CORGORAL e coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, será representada a partir das 20:00h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo a obra de teatro “A tortilla e a peste”. A posta en escena correrá a cargo da compañía Nova Escena, no ámbito do Circuíto de teatro afeccionado 2023. Xa o sabedes: agardamos por vós, na biblioteca do PALCO, para gozarmos xuntos deste novo serán cultural!

Ler Máis

1ª ANDAINA SAUDABLE- CENTRO DE SAÚDE DO CORGO.

SÁBADO 21 DE OUTUBRO ás 9:30 da mañá.

SAÍDA DO CENTRO SOCIOCULTURAL.

DURACIÓN APROXIMADA DUNHA HORA A TRAVÉS DA VÍA KÜNIG.

ALMORZO SAUDABLE DIRIXIDO POLA NUTRICIONISTA DO CENTRO DE SAÚDE.

ANDAINA SAUDABLE PARA A POBOACIÓN DE TÓDALAS IDADES.

COLABORAN: CONCELLO DO CORGO- TORRE DE NUÑEZ- LENCE-PANADERÍA SOMOZA- .

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA.

Ler Máis

PRIMEIRO CLUB DE LECTURA NO PALCO.

A biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo acolleu o pasado venres 22 de
Setembro o primeiro Club de Lectura do PALCO. Este encontro literario entre un escritor ben
coñecido e os seus lectores foi organizado no marco do Proxecto CORGORAL, co propósito de
fomentar a convivencia entre a veciñanza e consolidar unha comunidade cultural propia nas
Terras de Chamoso.
Inscribíronse nesta orixinal iniciativa máis de unha ducia de persoas, entre as cales
figuran o cura párroco do Corgo, Oscar G. Murado, a coñecida actriz Benedicta Sánchez, o
profesor Xosé Manuel Castro Castedo, as responsables do Punto de Atención á Infancia do
Corgo…
A obra escollida nesta ocasión foi a novela de intriga O conserxe, escrita por Xosé Luís
Vázquez Somoza. O evento contou coa presenza do autor, que, ao longo de case dúas horas,
compartiu cos seus lectores varios dos segredos que se acochan nas páxinas deste grande
éxito editorial, recentemente incorporado aos fondos bibliográficos do PALCO.

Ler Máis

XIV CARREIRA POPULAR DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

O sábado día 14 de outubro celebrarase un ano máis a carreira popular do concello do Corgo, memorial Quique Casanova.

As inscriciòns para participar e resto de información está na páxina: http://cnorte.com/evento/inscribirme/id/2623/xiv-carreira-popular-concello-de-o-corgo–memorial-quique-casanova

Ler Máis

Clases de Billar

O clube de billar de Adai do Corgo convoca un curso de billar para nenos/as que comenzará o DOMINGO DIA 24 DE SETEMBRO de 17:00 a 19:00 horas, e celebrarase o último domingo de cada mes.

Máis informacion e inscricións no correo clubdebillaradai@gmail.com ou no teléfono 605379323

Ler Máis

PRESENTACIÓN DE LIBROS E FALADOIRO NO CORGO.

ACTO PÚBLICO ABERTO NA BIBLIOTECA DO PALCO DO CORGO. (PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA)

O vindeiro sábado 23 de Setembro, por iniciativa do Proxecto CORGORAL, celebramos
unha nova xornada cultural na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. As
actividades programadas para este serán son unha dobre presentación literaria e unha charla
de temática histórica.
A partir das 18h, Eladio Castedo, escritor corgués e veciño de Chousa, dará a coñecer
as súas dúas últimas creacións literarias: La rosa del azafrán e Parejo al tiempo. O autor
conversará co público asistente sobre os seus libros e sobre o proceso da escrita desde unha
perspectiva autodidacta.
Máis logo, por volta das 19h, será a vez de Xosé Luís Pérez Castro, avogado corgués e
veciño de Sabarei, quen impartirá a conferencia titulada “Galicia: un nome para dous reinos”.
Neste faladoiro, acompañado por numerosa cartografía histórica, disertará sobre as varias
Galicias europeas: a ibérica e a eslava, salientando as súas semellanzas e diferenzas. Así que xa
o sabedes: agardamos por vós, na biblioteca do PALCO, a tardiña deste sábado!

Ler Máis

SESION DE CINE NO LOCAL SOCIAL DE CELA-PONTE DE NEIRA

REPRESENTACIÓN DA OBRA MUDANZAS, POLO GRUPO UBÚ TEATRO.

LOCAL SOCIAL DE CELA- PONTE DE NEIRA.

DIA 23 DE SETEMBRO ÁS 21 HORAS.

ENTRADA GRATUITA

CIRCUITO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA.

Ler Máis

Sesión formativa do manexo de Internet para uso diario. Enredate

O día 13 de setembro de 11 a 14:00 horas, diante do Centro Sociocultural.

Sesión de axuda no uso das novas tecnoloxias, dudas e cuestiones xerais.

Sesión organizada pola Cruz Vermella en colaboración coa Amtega

Ler Máis