Categoría: Emprego

Publicación dos resultados do 1º exercicio de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR e data da 2ª proba.

Data de realización do SEGUNDO EXERCICIO, obrigatorio e eliminatorio, para as candidatas que superaron o primeiro, consistente en desenvolver por escrito durante 60 minutos un suposto práctico proposto polo tribunal en relación co temario da convocatoria. O Tribunal acordou que este segundo exercicio se realice o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, ás 10:30 horas no Centro Socicultural do Corgo.
De conformidade coas bases, os opositores deberán ler e defender ante o tribunal, en sesión pública, o suposto realizado. A tal efecto indícase que se procederá á lectura dos exames realizados inmediatamente despois da realización da proba, no mesmo lugar.

Ler Máis

Data e hora das probas do proceso selectivo dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

ANUNCIO REFERENTE AO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO POR CONCURSO-OPOSICIÓN: AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

O Tribunal cualificador, constituído o día 23 de xaneiro, ás 10:00 horas, acordou:
– Convocar aos aspirantes á realización do primeiro exercicio previsto nas bases da convocatoria para o vindeiro día 30 de xaneiro, xoves, ás 10:00 horas no Centro Sociocultural do Corgo.

Acto seguido, e tras un pequeno receso, procederase á lectura dos exames escritos en xornada de mañá e se fora preciso en xornada de tarde do mesmo día e no mesmo lugar ás 16:30 horas, actuando os aspirantes cuio primeiro apelido comeze pola letra A e así sucessivamente.

Ler Máis

Listado definitivo de admitidos e excluídos, composición do tribunal e datas das probas do proceso de selección de persoal laboral temporal no programa REFORZO DO EMPREGO

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no procedemento de selección de un oficial 1ª conductor camión/palista, dous oficiales 2ª albanel e un oficial 1ª albanel e un peón para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego no Concello do Corgo, financiado polo Plan Único Provincial 2024, publícase a lista de admitidos a definitiva,así como a composición do tribunal e data das probas.

Ler Máis