Categoría: Sin categoría

AXUDA AOS AFECTADOS POLA DINA.

O Concello do Corgo expresa o seu enorme agradecemento á boa resposta de tódol@s veciños e veciñas que se achegaron á nave municipal do Viveiro de empresas do Polígono Industrial para aportar a súa axuda e solidaridade ante esta barbarie natural que a tantos afectados salpica, así como á empresa de transportes Gallardo Cervantes por pensar en nós para esta iniciativa tan axeitada e necesaria nestes momentos.

Ler Máis

Festa do avó 2024. Xoves, 5 de setembro do 2024


Destinatarios: Persoas maiores de 60 anos e cónxuxes.
Aportación:
– Persoas empadroadas : 5€
– Persoas non empadroadas: 30€
Lugar: Polideportivo Colexio do Corgo.

IMPORTANTE
-Os vales adquiriranse na Casa do Concello dende o martes día 20-08-2024 ata o luns día 01-09-2024.
-Horario recollida: 09:00 A 14:30 HORAS
– É obrigatorio presenta-lo D.N.I para anotarse.
Actividades
– Actuación musical e sesión de baile.
-Sorteo de agasallos.
HORARIO
13.30: Eucaristía
14.30: Xantar.

Ler Máis

INFORMACIÓN AO CONTRIBUINTE DA ÁREA DE RECADACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

Por orde do xefe do Servizo, infórmase de que conforme ao artigo 25 do RD 939/2005, do 29 de xullo, regulamento xeral de recadación:

1. Os obrigados ao pago poderán domiciliar o pago das débedas de vencemento periódico e notificación colectiva, é dicir, RECIBOS.

2. Para proceder a efectuar esas domiciliacións deberán comunicalo polo menos 2 MESES antes do comezo do período de cobro. Noutro caso, a comunicación e polo tanto, a domiciliación, xurdirá efectos a partir do período seguinte.

En base ao anterior, desde o Servizo de recadación comunícase que:

a) Non se pode domiciliar LIQUIDACIÓNS. Eso pode implicar a nulidade da liquidación afectada por non ser debidamente notificada, porque se se domicilia nin se carga en conta nin se notifica.

b) Estando previsto o inicio da cobranza do IBI e IAE 2024 para o 16 de setembro, só se pode proceder a domiciliar aqueles casos comunicados ata o 16 de xullo (2 MESES ANTES COBRANZA). Os comunicados a partir desa data deben gravarse no programa de Gestión con “Inicio de la domiciliación Año: 2025 Período: 0” ou en caso de dúbida, remitir eses casos a este Servizo por SIR.

Por outro lado, informo que no programa de Gestión nos próximos días poderase visualizar os datos dos padróns de IBI e IAE pero non son os datos definitivos xa que falta incorporar repartos de cotitulares, bonificacións, exencións, non suxeicións…Os datos definitivos serán os que figuren a partir da aprobación da cobranza (o 16 de setembro) e a súa exposición pública. Isto implica que ata esa data, non se pode facilitar ningunha copia de recibo nin relación de parcelas a ningún contribuínte pois son documentos que non teñen ningunha validez.

3. Infórmase que a cobranza do IBI e IAE 2024 está prevista para o 16 de setembro ata o 18 novembro (ambos incluídos). O 19 de novembro comezaría o período executivo de pago cunha recarga do 5%. E que o cargo bancario está prevista dentro da primeira quincena de outubro.

Ler Máis