Categoría: Xeral

EDICTO NOTIFICACION COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIÓDICO.


De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro,
notifícase colectivamente a liquidación dos tributos e concellos que se citan:
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2025

  • ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE e XOVE.
    Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión, Recadación e Inspección Tributaria (Ronda Muralla, núm. 140- Pavillón 1- CP 27004- Lugo) e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
    As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.

    ANUNCIO DE COBRANZA
    Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
    De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2025, relacionados abaixo, empezará a contar o 15/04/2025 e finalizará o día 16/06/2025, ambos os dous incluidos.
    Relación de tributos e concellos:
    Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica:
  • ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE e XOVE.
    O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, “La Caixa” – Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. (BBVA) e Banco Sabadell S.A., e Caixa Rural Galega S.C.C.L.G en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. O ingreso poderá realizarse por calquera canle habilitada en horario ampliado (caixeiros automáticos, internet, banca electrónica).
    Tamén pode realizarse o pago na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte, por delegación do seu Concello, que é o que envía o Padrón para o cobro. Ou mediante xiro postal dende calquera oficina de Correos (Sociedad Estatal Correos y Telégrafos).
    O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera das entidades citadas, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nas mesmas.
    Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.

Ler Máis

Club de lectura do PALCO do Corgo.

O venres, día 25 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) un encontro co autor do libro galardonado co VI premio de poesía Eduardo Pondal pola obra “MALDITA ETERNIDADE“, Manuel Vázquez. O clube de lectura organiza unha xuntanza para a presentación e debate sobre a súa obra e a súa traxectoria como escritor, convidando a tódolos interesados a asistir.

Ler Máis

MATRICULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CORGO .

O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CONCELLO DE O CORGO ABRIRÁ O PRAZO DE RESERVA E INSCRIPCIÓN/MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2025/2026

OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:

 – OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO 2025/2026 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 1 DE ABRIL E O 15 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).

– AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA) ATENDERÁNSE DO 16 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).

POSTERIORMENTE, A LISTAXE PROVIONAL DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 30 DE MAIO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

E, A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 4 DE XULLO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DEBERÁN DIRIXIRSE EN HORARIO DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.

Ler Máis
oplus_0

Festa do Entroido.

  • LUNS DÍA 3 DE MARZO.
  • PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.
  • FESTA DE ENTROIDO PARA TÓDALAS IDADES, DE 16:30 A 20:00 H.

XOGOS, COLCHONETAS, MÚSICA E MOITA FESTA!

DESFILE DE DISFRACES CON  TRES VALES DE PREMIOS POR CATEGORIAS AOS MÁIS ORIXINAIS E CREATIVOS.

INSCRICIÓNS PARA O DESFILE A PARTIR DAS 16:30 H. NO PAVILLÓN.

18:00 H. DESFILE POR CATEGORÍAS:

Os disfraces poderán ser individuais ou en grupo. As idades sinaladas son para as categorias dos  premios, pero o desfie está aberto a calquera idade.

  • de 3/6 anos,
  • de 7/10 anos
  • de  11/14 anos.
  • Premio comparsa (mais de 5 participantes)

Haberá  lambetadas e  chocolate con churros de balde para os disfrazados.

Ven a divertirte!!

Ler Máis

CLUB DE LECTURA DO PALCO.

O Venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas, haberá unha nova xuntanza no Punto de Atención á lectura do Corgo (PALCO) das persoas lectoras co autor dunha obra. Nesta ocasión sera TOÑO NÚÑEZ, creador de “MEA CULPA.”

Ler Máis

PREVISIÓN DAS COBRANZAS DOS SEGUINTES IMPOSTOS NO ANO 2025

    • IVTM 2025: dende o 15 de abril (marte:s) ata o 16 de xuño (luns).

    Prazo límite para solicitar alta/baixa/modificacións de domiciliacións bancarias 2 meses antes inicio cobranza: 17 de febreiro (luns).

    Estimación do cargo bancario: primeira semana de maio.

    • IBI e IAE 2025: desde o 15 de setembro (luns) ata o 17 de novembro (luns).

      Prazo límite para solicitar alta/baixa/modificacións de domiciliacións bancarias 2 meses antes inicio cobranza: 15 de Xullo (martes).

      Estimación do cargo bancario: primeira semana de outubro.

      Ler Máis