Categoría: Xeral

TEATRO DE BALDE NO PALCO: “A TORTILLA E A PESTE”.

Este sábado 21 de Outubro, por iniciativa do Proxecto CORGORAL e coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, será representada a partir das 20:00h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo a obra de teatro “A tortilla e a peste”. A posta en escena correrá a cargo da compañía Nova Escena, no ámbito do Circuíto de teatro afeccionado 2023. Xa o sabedes: agardamos por vós, na biblioteca do PALCO, para gozarmos xuntos deste novo serán cultural!

Ler Máis

1ª ANDAINA SAUDABLE- CENTRO DE SAÚDE DO CORGO.

SÁBADO 21 DE OUTUBRO ás 9:30 da mañá.

SAÍDA DO CENTRO SOCIOCULTURAL.

DURACIÓN APROXIMADA DUNHA HORA A TRAVÉS DA VÍA KÜNIG.

ALMORZO SAUDABLE DIRIXIDO POLA NUTRICIONISTA DO CENTRO DE SAÚDE.

ANDAINA SAUDABLE PARA A POBOACIÓN DE TÓDALAS IDADES.

COLABORAN: CONCELLO DO CORGO- TORRE DE NUÑEZ- LENCE-PANADERÍA SOMOZA- .

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA.

Ler Máis

Prescolar na Casa.

A asociación Antonio Gandoy xunto co Concello do Corgo pon en marcha unha nova edición de Prescolar na Casa: Espazos das familias.

Trátase de encontros semanais para a formación, o intercambio de experiencias e o lecer compartido, dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

LUNS, ÁS 16:30 HORAS

CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

Máis info: antoniogandoyeducacion@gmail.com Telf. 676427643

Ler Máis

PRIMEIRO CLUB DE LECTURA NO PALCO.

A biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo acolleu o pasado venres 22 de
Setembro o primeiro Club de Lectura do PALCO. Este encontro literario entre un escritor ben
coñecido e os seus lectores foi organizado no marco do Proxecto CORGORAL, co propósito de
fomentar a convivencia entre a veciñanza e consolidar unha comunidade cultural propia nas
Terras de Chamoso.
Inscribíronse nesta orixinal iniciativa máis de unha ducia de persoas, entre as cales
figuran o cura párroco do Corgo, Oscar G. Murado, a coñecida actriz Benedicta Sánchez, o
profesor Xosé Manuel Castro Castedo, as responsables do Punto de Atención á Infancia do
Corgo…
A obra escollida nesta ocasión foi a novela de intriga O conserxe, escrita por Xosé Luís
Vázquez Somoza. O evento contou coa presenza do autor, que, ao longo de case dúas horas,
compartiu cos seus lectores varios dos segredos que se acochan nas páxinas deste grande
éxito editorial, recentemente incorporado aos fondos bibliográficos do PALCO.

Ler Máis

XIV CARREIRA POPULAR DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.

O sábado día 14 de outubro celebrarase un ano máis a carreira popular do concello do Corgo, memorial Quique Casanova.

As inscriciòns para participar e resto de información está na páxina: http://cnorte.com/evento/inscribirme/id/2623/xiv-carreira-popular-concello-de-o-corgo–memorial-quique-casanova

Ler Máis

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DA MOTOSERRA E ROZADOIRA

  • Convócase un curso organizado polo ISSGA ( Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia) da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para o concello do Corgo para

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DA MOTOSERRA E ROZADOIRA

  • O Curso desenvolverase no Concello do Corgo, durante tres xornadas (DIAS 9, 10, 11 de Outubro de 2023) , dende as   15:30 h ata as 20:30 horas. Terá unha  duración de 15 horas presenciais e de carácter GRATUITO. Ao remate do curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.
  • Número de prazas : 15
  • As solicitudes de inscrición realizaránse ata o dia 05/10/2023,   poderán facerse no Centro Sociocultural do Corgo en horário de mañá  ( teléfonos  982302377 ou no 620731543),ou ben achegando ao   correo electrónico issga.formación@xunta.gal  a seguinte documentación:
    • A copia do   DNI 
    • Formulario  (anexo II )  que se recolle no na web do Issga http://issga.xunta.gal, no apartado de documentación .
  •    Máis informacion nos teléfonos 981551704/659515371  na web do ISSGA http://issga.xunta.gal, ou nos teléfonos 982302377 ou 620731543.

Ler Máis

PRESENTACIÓN DE LIBROS E FALADOIRO NO CORGO.

ACTO PÚBLICO ABERTO NA BIBLIOTECA DO PALCO DO CORGO. (PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA)

O vindeiro sábado 23 de Setembro, por iniciativa do Proxecto CORGORAL, celebramos
unha nova xornada cultural na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo. As
actividades programadas para este serán son unha dobre presentación literaria e unha charla
de temática histórica.
A partir das 18h, Eladio Castedo, escritor corgués e veciño de Chousa, dará a coñecer
as súas dúas últimas creacións literarias: La rosa del azafrán e Parejo al tiempo. O autor
conversará co público asistente sobre os seus libros e sobre o proceso da escrita desde unha
perspectiva autodidacta.
Máis logo, por volta das 19h, será a vez de Xosé Luís Pérez Castro, avogado corgués e
veciño de Sabarei, quen impartirá a conferencia titulada “Galicia: un nome para dous reinos”.
Neste faladoiro, acompañado por numerosa cartografía histórica, disertará sobre as varias
Galicias europeas: a ibérica e a eslava, salientando as súas semellanzas e diferenzas. Así que xa
o sabedes: agardamos por vós, na biblioteca do PALCO, a tardiña deste sábado!

Ler Máis