Categoría: Xeral

Club de lectura estival na Biblioteca do Palco.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e da biblioteca do PALCO –
Punto de Atención á Lectura do Corgo organiza o seu primeiro Club de Lectura Estival para
este ano 2023. A iniciativa, aberta á libre participación da veciñanza e totalmente gratuíta, está
dirixida ás persoas amantes dos libros, da lectura e da palabra, tanto oral como escrita. O
vindeiro mércores 28 de Xuño, ás 20 horas terá lugar na biblioteca do PALCO unha primeira
reunión, na que se expoñerán as diversas propostas de lectura que foron achegadas ata o
momento. Estades todos convidados!

Ler Máis

Viaxes ás praias. Verán 2023.

No seguinte enlace amósase o listado de viaxes ás praias para os xoves dende o 29 de xuño ao 31 de agosto.

Para inscribirse chamar ao número 618723269

A saída será sempre dende a explanada da Antiga Cámara agraria do Corgo.

Ler Máis

CAMPAMENTO DE VERÁN.

Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 3 (sempre que amosen autonomía para as actividades básicas) e 16 anos.

 O PAVILLÓN abrirá ás 8:45 da mañá se as famílias solicitan na inscrición a recollida a esa hora.

As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 26 de xuño ata o día 8 de setembro. A hora de entrada e saída  é orientativa, poden sair antes ou entrar máis tarde, avisando sempre para favorecer a coordinación dos monitores. Haberá sempre un mínimo de dous monitores por semana.

Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informarán diariamente  de calquera outra necesidade.

O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, e preciso que haxa unha previsión anticipada de cada semana  quincena ou mes, amosando xa na inscricion cantas e cales son as   semanas para as que se precisa o campamento.

 O custe da semana é de 10 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo, así como de país/nais traballadores no municipio. De quedar vacantes poderán optar calquera outro neno, atendendo en primeiro lugar a fillos/as descendentes  de xente vinculada a este concello)

Trátase de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.

As actividades desenvólvense no Polideportivo do Corgo e inmediacións do Colexio, e estarán a cargo dunha empresa de Tempo libre con experiencia neste tipo de actividades.

Inscricións ata o 18  de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.

Número máximo de participantes será de 30. Respetarase sempre a orde de criterios de selección (padrón, etc..) e a orde de entrada da inscrición.

A inscrición pode efectuarse  por via electrónica ( ben correo electrónico ou sede electrónica) ou  no Centro  Sociocultural do Corgo.

                                             DATOS DE INTERESE:

  •  Unha vez a praza reservada coa inscrición,  Cubrir a solicitude/autorización  e aboar  a taxa na conta que se indica.
  • Achegar o DNI  da persoa que autoriza oa menor a participar nas actividades.
  • Libro de familia onde figure o menor e os datos da persoa que autoriza.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do  neno/a perfectamente lexible.
  • A documentación complementaria non fará falta achegala si xa se aportou noutros procedementos desta Administración e non se produciron cambios.

Ler Máis