Categoría: Xeral

Correndo pola VIA KÜNIG -II Edición.

Sábado día 9 de Xullo. Saída ás 10.30 da Praza do concello de Baralla.

Inscricións en http://www.ccnorte.com

Custo: 5 euros.

Data límite de inscrición o 4 de xullo.

Ler Máis

Publicación no BOE dunha praza de Técnico de atención á infancia para o PAI do Corgo.

Publícase no Boe o anuncio dunha praza de Técnico de atención á infancia para o PAI do Corgo, e iníciase o perido de solicitude, sendo de vinte días naturais a contar dende o seguinte a esta publicación.

Ler Máis

XXVI FEIRA DO CABALO EN ADAI

DOMINGO DÍA18 DE XUÑO DO 2023

  • CAMPO DA FEIRA DE ADAI- O CORGO.
  • GRAN ESPECTÁCULO DE EXHIBICIÓN DE DOMA EN LIBERTADE A CARGO DE SANTI SERRA.

Ler Máis

Mario Outeiro presenta o seu libro na Bibloteca do PALCO.

A Asociación Cultural ARUMES vén de editar o libro Da tribuna ao outeiro. 500 artigos de opinión no xornal El Progreso, do coñecido profesor corgués Mario Outeiro. A presentación oficial do mesmo terá lugar este sábado 10 de xuño ás 20h nas instalacións da biblioteca do PALCOPunto de Atención á Lectura do Corgo. O acto será de carácter público, aberto e de balde, con acceso libre ata completar o aforo. Asemade, o evento contará coa presenza do autor, da presidenta da referida asociación, Josefa González, e do responsable do Proxecto CORGORAL, Lois Ladra. Todos as persoas que asistan recibirán un exemplar de agasallo.

Ler Máis

Bases do proceso de selección de 3 encargados do manexo dun vehículo motobomba.

Publicación no BOP das bases que rexerán o procedemento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración que se subscribirá en breves datas entre a Consellería de Medio rural e do mar e a entidade local para prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba durante a vixencia do convenio.

Ler Máis

Bases do proceso selectivo de 3 peóns de apoio ao tractor.

Publicación no BOP do 6 de xuño das bases que rexerán o procedemento de selección de contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e a entidade local mediante a realización de tratamentos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal con tractor e a actuación de brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Ler Máis

Bases para o proceso selectivo de Brigadas de incendios: 1 peón conductor, 1 xefe de brigada e 3 peóns de brigada.

Publicación no BOP do 6 de xuño de 2023 das bases que rexerán o proceso de selección de persoal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio rural e do mar e a entidade local , mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Ler Máis