Categoría: Xeral

NOVO PREMIO PARA A BIBLIOTECA DO CORGO

A biblioteca do PALCO (Punto de Atención á Lectura do Corgo), creada grazas ao Proxecto CORGORAL, acaba de recibir un novo recoñecemento público ao seu mérito e bo facer. Desta volta foi o IES Xograr Afonso de Sarria quen designou ao PALCO como “honorable biblioembaixada” de iure e ab aeterno, o cal quere dicir que mereceu esta distinción “xustamente” e “para sempre” pola “utilidade social para crear un novo espazo cultural de sociabilidade comunitaria”. Asemade, o PALCO foi definido como “un proxecto modélico onde mirarse e aprender”.

Xa con anterioridade, a iniciativa cultural de crear un Punto de Atención á Lectura no Corgo tiña sido loada por institucións de recoñecido prestixio, como son os casos da Real Academia Galega, do Museo do Pobo Galego, do Centro para a Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro e da Real Academia Galega de Belas Artes.

                Desde o Concello do Corgo e o Proxecto CORGORAL sentimos un enorme orgullo por termos recibido esta distinción e queremos manifestar o noso agradecemento a todas estas institucións, que cos seus parabéns e co seu alento nos animan a seguir traballando día a día para facer mais doado o acceso á cultura e aos libros na nosa comunidade.

Ler Máis

Bases do proceso selectivo para formación dunha bolsa de emprego para AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

Publicación no BOP do luns, 29 de maio de 2023 das bases que rexerán o proceso de selección dunha bolsa de emprego para AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

Ler Máis

Semana da cultura e das LETRAS GALEGAS.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e do Punto de Atención á Lectura – PALCO, conmemora a Semana das Letras Galegas con numerosas actividades:

O martes 16, ás 17:00h, terá lugar a presentación pública na biblioteca do PALCO da Antoloxía poética ÉPICO no PALCO 2023, que reúne medio cento de composicións dos recoñecidos autores Alberte Momán, Albino Matos, Ánxela Gracián, Carlos d’Abreu, Eugenia Sanmartín, Helena Almeida, Inocencia Montes, J. C. Valle “Karlotti”, Manuela Vidal, Montse Villar e Xerardo Quintiá.

O mércores 17, o Proxecto CORGORAL traspasará os lindes municipais para divulgar no veciño concello de Láncara os obxectivos, os métodos e os resultados preliminares desta ambiciosa recolla da Literatura Popular de Tradición Oral e do Patrimonio Cultural Inmaterial corgués.

O xoves 18, a partir das 17:00, celebrarase na biblioteca do PALCO a Festa do Libro e da Literatura, aberta a todos os públicos e moi especialmente á comunidade escolar (PAI-CEIP-CPI). Todas as persoas presentes poderán levar de agasallo dous exemplares dos que escollan entre os varios centos que estarán á libre disposición dos visitantes.

Ler Máis

Excursión a Lourdes- Asociación Andarela do Corgo.

A asociación Andarela do Corgo organiza unha excursión a Lourdes para os días 15, 16, 17 e 18 de Xuño do 2023.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO TELÉFONO : 638055430

Rutas:

1.- O Corgo- Zaragoza. ( Visita ao teatro romano, palacio da Aljafería, Basílica do Pilar, Ponte de pedra, igrexas de estilo Mozárabe…)

2.-Zaragoza- Canfranc- Lourdes. ( Visita á antiga estación de tren de Cancfranc, as Covas de Bétharram..)

3.- Lourdes ( Gruta das revelacións, Basílica da Inmaculada Concepción, Santuario da Nosa Señora de Lourdes, Casa de Bernadette, Castillo de Lourdes, Procesión nocturna das antorchas…)

4.-Lourdes- Vitoria- O Corgo. ( Casco histórico de Vitoria, Parque da Florida..)

Ler Máis

MOSTRA FOTOGRÁFICA TEMPORAL NO PALCO

Grazas ao Proxecto CORGORAL e ao Colectivo Desastre xa podemos gozar no Corgo  da irrepetible mostra fotográfica temporal AbandonARTE. Ao longo deste segundo trimestre do ano 2023 permanecerá nas instalacións da biblioteca do PALCOPunto de Atención á Lectura do Corgo.Trátase dun total de quince paneis con imaxes que recollen e poñen de manifesto a decadencia e o abandono dos edificios públicos que noutrora tiveron unha vida e que ofreceron un servizo á sociedade. Cada fotografía garda e conta unha historia de abandono e desleixo que nos quere facer cavilar sobre a importancia dos bens comúns e sobre a necesidade de xestionalos axeitadamente para evitar que rematen arruinados e comestos polo tempo. As persoas interesadas en visitar esta mostra poden concertar unha visita guiada chamando ao 676-862-924 ou enviando un correo a proxecto.corgoral@gmail.com Achégate á biblioteca do PALCO e goza destas marabillosas fotografías!

Ler Máis

II CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR FEMININO BOLA 9 &BOLA 10.

DÍAS : 13 E 14 DE MAIO DO 2023.

HORA DE INICIO 10:00 AM NO CLUB DE BILLAR ADAI.

WWW.CLUBDEBILLARADAI.COM / @CLUBDEBILLARADAI / 605 37 93 23

Ler Máis

PROGRAMA DO FESTIVAL ÉPICO NO PALCO

Xa podedes consultar o cartel con todos os detalles do programa do completísimo programa para o serán deste sábado: o Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o primeiro ano de vida da biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO). O programa de actividades comezará ás 18h e incluirá unha mostra fotográfica temporal, música tradicional, feira do libro… e un recital acústico co Encontro de Poesía Ibérica no Corgo, ao que acudirán unha ducia de escritores e cantautores procedentes dos máis variados recunchos de Galicia, Portugal e León para declamar os seus poemas e animar esta foliada coa música e a palabra. Achégate á biblioteca do PALCO e celebra connosco esta Festa da Música, da Cultura e dos Libros!! Xa chegou o Festival EPICO no PALCO!!https://axendacultural.aelg.gal/2023/04/21/o-corgo-primeiro-aniversario-do-punto-de-atencion-a-lectura/

Ler Máis

FESTA DA CULTURA POLO PRIMEIRO ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DO PALCO

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 22 de Abril unha festa da cultura para conmemorar o primeiro ano de existencia da biblioteca do Punto de Atención á Lectura. Aproveitamos esta efeméride, e a da Semana do Libro e da Lectura para festexar a oralidade e os valores humanistas transmitidos a través das palabras ditas, recitadas ou cantadas. E para iso, nada mellor que acoller ás persoas que se acheguen ao PALCO e ofrecerlles de balde unha chea de libros, imaxes, música e poesía! O programa de actividades comezará ás 18h do serán e incluirá diversos eventos: mostra fotográfica, música tradicional, feira do libro, recital poético ibérico…

Achégate á biblioteca do PALCO e celebra connosco este cumpreanos!!

Ler Máis

APERTURA DO PRAZO DE RESERVA E INSCRICIÓN/MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24 NO PUNTO DE ATENCÍON Á INFANCIA (PAI) DO CORGO.

O Punto de Atención á infancia (PAI) do Concello do Corgo, abrirá o prazo de reserva e inscricion/matrícula para o vindeiro curso 2023/2024.

Os PRAZOS DE ADMISIÓN seguindo o reglamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:

-Os/ As nenos/as matriculados/as no curso actual e que desexen continuar para o curso 2023/2024, terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 3 de abril e o 14 de abril (ambos inclusve).

-As novas solicitudes de admisión ( inscrición e matrícula) atenderánse do 17 de abril ao 28 de abril (ambos inclusive).

Posteriormente, a listaxe de admitidos sairá publicada o 8 de maio na páxina web do Concello do Corgo.

Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse en horario de 09:00 a 15:00 h. ás oficinas municipais do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.

A dirección do Pai.

IMPRESOS:

Ler Máis