Categoría: Xeral

CABALGATA DE REIS

Os  Reis Magos sairán do CENTRO SOCIOCULTURAL trala visita ao  CENTRO DE DÍA  do Corgo a partir das catro da tarde.

Recepción no CEIP DO CORGO amenizada pola A.C. Legua Dereita do Corgo.

Reparto de agasallos.

Para contar con todos os nenos e nenas é imprescindible que figuren inscritos na Cabalgata. Poden facelo no Centro Sociocutural de 9:00 a 13:00 h ou a través dos teléfonos 982302377  ou  62731543 . Máis información nestes números.

Convite a chocolate e roscón de Reis para todos.

Organiza  Concello do Corgo.

Colabora:  A C Legua Dereita do Corgo  e  Nais do Comedor escolar.

Ler Máis

CONCERTO DE PANXOLIÑAS . CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

 

O xoves, día 22 de decembro, ás 17.00 horas , terá lugar o recital de panxoliñas no Centro sociocultural a través do Programa da Deputación Provincial TRADIGALU, a cargo de:

-Orfeón Xoán Montes 

-Coral Polifónica de Meira,

 

REPERTORIO DA CORAL POLIFÓNICA DE MEIRA.

1. Río Miño…………………..Letra Avelino Díaz/ Música: Pablo Rico.

2. Vento do Norte…………………..Irmáns Agüero.

3. Foliada de Ndela………….Fuxan os ventos./ Harm. Pablo Rico.

2. Aleluia……………….Leonard Chohen.

5. Ronda de los enamorados (La del soto del parral)…..Soutullo y Vert.

6. Con un sombreiro de palla…………Popular galega.

7. Que bonito é…………………Letra Jaime/ Arr. Pablo Rico.

8. Ao compás da muiñeira…..Pimpinela.

REPERTORIO DO ORFEÓN XOAN MONTES.

1. No portal naceu………Melodía francesa/ Letra en galego e harm: Enrique I. Alvarellos.

2. Qué pasa en Belén.

3. Adestes fideles.

4. Canta alegre…………….Pablo  Sorozábal.

5. La caña dulce……………M. Massotti/ Harm. Pablo Rico.

6. Voga voga…………………Jesús Gurudi/ Letra en galego: Pablo Rico.

7. Coro de doctores.( El rey que rabió)….Ruperto Chapí.

Ao remate as dúas corais xuntas interpretarán:

-Abanica, abanica…Popular galega.

-Muiñeira de Santo amaro…Treixadura.

 

Ler Máis

PROGRAMACIÓN DE NADAL .

 

 

1.- CAMPAMENTO DE NADAL. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL NO PERIODO NON LECTIVO DE NADAL.

INSCRICIÓN ATA O DÍA 22 DE DECEMBRO. INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. TLF. 982302377.

-NÚMERO DE PRAZAS: MÁXIMO 20 NEN@S.

-DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.

-DATAS E HORARIO: DENDE O LUNS DÍA 26 DE DECEMBRO ATA O DÍA 5 DE XANEIRO. DE 9:00 H. A 15:00 HORAS, NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

-ACTIVIDADE GRATUITA.

2.- CONCERTO DE PANXOLIÑAS.   XOVES DÍA 22 DE DECEMBRO ÁS 17:O0 HORAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. RECITAL DE PANXOLIÑAS . PROGRAMA TRADIGALU DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

ORFEÓN XOAN MONTES.

– CORAL POLIFÓNICA DE MEIRA “AIRIÑOS DO MIÑO”.

3.- XORNADA EN XUVENLUGO.- COMO NAS ANTERIORES EDICIÓNS O CONCELLO DO CORGO ORGANIZA UNHA XORNADA NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO O MÉRCORES DÍA 4 DE XANEIRO DE 16:30 HORAS A 20:30 HORAS.

-INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543.

– OS NEN@S DEBERÁN DE IR ACOMPAÑADOS DUN RESPONSABLE.

PREZO: 2,5 €.

4.- CABALGATA DE REIS. XOVES DÍA 5 DE XANEIRO. A PARTIR DAS 16:00 DA TARDE NO COLEXIO PÚBLICO DO CORGO. INSCRICIONS E MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543. 

Ler Máis

Presentación do refraneiro tradicional

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL e grazas ao traballo participativo desenvolvido en colaboración co alumnado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI Ramón Piñeiro, presenta a publicación monográfica que recolle a edición especial do refraneiro tradicional do Corgo.
O acto público e totalmente gratuíto, terá lugar o vindeiro sábado 17, a partir das 18:30 na biblioteca do PALCO (Punto de Atención á Lectura do Corgo). Trátase da primeira recolla sistemática efectuada no concello, contendo máis de catrocentos refráns. Todas as persoas que asistan á presentación levarán de balde cadanseu exemplar.
A xornada completarase con varias actividades mais, no ámbito do programa da XVI edición do Certame Literario Terras de Chamoso: apertura musical a cargo da A. C. A Legua Dereita, entrega de premios, recitado das poesías gañadoras e actuación do cuarteto vocal Son de Corda, seguido polas Cegas de Ouselle.

Vinde a compartir un agradable serán! Contamos coa vosa presenza!

Ler Máis