Categoría: Xeral

TEATRO NO CORGO.

 

 

A través dos Circuitos de Teatro afeccionado da Vicepresidencia da  Deputación Provincial de Lugo, no concello do Corgo preséntanse as seguintes actuacións nos meses de novembro e decembro:

-“VIVAN OS NOIVOS (A ADALA) SÁBADO 12 DE NOVEMBRO  ás 20:30 HORAS, no LOCAL SOCIAL DE CELA (organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seus respectivos maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos decidne levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes só pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro. Finalmeante como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia par agozar xunos dos sues aforros e vivir plenamente o seu amor.

-“A TORTILLA E A PESTE” (NOVA ESCENA). SÁBADO 19 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 HORAS , no CENTRO SOCIOCULTUARAL DO CORGO.

Sipnose:  Cinco mulleres contan a súa experiencia durante o periodo do confinamento. A privación do contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” dos pesonaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.

-” A MORTE MORRIDA” (O CENTIÑO). SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NO LOCAL SOCIAL DE CELA ( organiza a AA.VV. Ponte de Neira).

Sipnose: Crispin ven de xubilarse no banco. O tempo comeza a facérselle interminable ao non ter nada que facer. Deprímese. A súa muller, Benilde, ten que soportar o seu desánimo. Finalmente Crispín remata convencéndose de que vai morrer. Prepara o seu enterrro con todos os seus detalles. NIn a súa dona, nin Reigosa, o seu amigo, nin o médico, nin o cura, nin a súa amiga Manolita, conseguen convencelo. Crispín quere morrer decentemente, pero de morte morrida.

-“CONTOS (CHINCIRIBOTE). SÁBADO 10 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS NA ESCOLA ANTIGA DE ADAI. ( organiza a AA.VV. DE ADAI)

 Sipnose: Unha historia a carón do lume mentres o caldo ferve. Cantas historias non se contarían e contan ao quentiño da cociña. Unha familia estrambótica e realista que na súa vida  cotiá vai atopando situacións extremas que só o lume pode solucionar. A quen no lle fai ben botar un conto??

Ler Máis

ENCONTRO FESTIVO NO PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA

 

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, organiza o vindeiro sábado 5 de Novembro unha xornada especial aberta a todos os públicos na biblioteca do Punto de Atención á Lectura, xunto ao Punto de Atención á Infancia.

Ás 17:30 comenzaremos coa inauguración oficial da mostra temporal titulada Alfarería tradicional lucense: os obradoiros de Bonxe e Gundivós, a partir de unha escolma de pezas da colección particular de Manuel Fernández, Lolo da Vila. Permanecerá aberta na biblioteca durante os meses de Novembro e Decembro.

Ás 18:00 h estrearemos o Cinema do PALCO, coa proxección da película El Rey del Río, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Entre os seus protagonistas  figuran  actores tan coñecidos como Alfredo Landa, Carmen  Maura e Achero Mañas. A peculiaridade desta logametraxe está no feito de ter sido parcialmente rodada en diversas  localizacións do noso concello, como o Palacio do Xeneral Tella, en Adai, ou o Pazo de PIñeiro, en Folgosa.

Posteriormente, contra as 20:00h a escritora Ánxela Gracián, con orixes familiares na parroquia corguesa de Queizán, presentará o seu libro de poemas Paisaxes de pan. Neste encontro teremos a oportunidade de conversar con ela sobre o seu traballo como autora de numerosas obras de literatura infantil e xuvenil, tradutora e poeta. Todos os nenos e nenas presentes no acto serán agasallados cun libro.

Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños a participar neste evento cultural e moi especialmente aos pais e ás nais dos máis novos, que terán a oportunidade de coñecer de primeira man e de poder conversar coa escritora convidada, Ánxela Gracián.

 

Ler Máis

CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

 

 

A Asociación Cultural Arumes do Corgo convoca o XVI certame literario Terras de Chamoso

A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en lingua galega.

Categorías:
Categoría infantil (dos 10 aos 13 anos, incluídos).
Categoría xuvenil (dos 14 aos 17 anos, incluídos).
Categoría adultos (maiores de idade).
Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de outubro de 2022.

Modalidades:
Poesía (de 30 a 60 versos)
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

Premio “A Legua Dereita”:
Categoría infantil (dos 10 aos 14 anos).
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
Temática: A cultura tradicional galega.
Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial “A Legua Dereita” pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo:
A. C. Arumes do Corgo.
Antigas escolas do Corgo s/n,
27163 O Corgo.
Lugo
Tamén se pode enviar ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.
Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente ao xurado a obra e o lema da mesma.

prazo de entrega estará aberto ata o día 27 de novembro de 2022.
A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 17 de decembro de 2022 no Centro Sociocultural do Corgo.

Premios: para cadansúa categoría establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
O premio “A Legua Dereita” contará, a maiores da cerámica do país, dun lote de libros relacionados coa cultura tradicional galega e do diploma acreditativo, cun instrumento musical galego.

http://arumescorgo.blogspot.com/ 

Ler Máis

Celebración da XIII carreira popular do Corgo. Memorial Quique Casanova

O sábado día 22 de outubro celebrouse a XIII carreira populara do Corgo memorial Quique Casanova.

Resultados da XIII carreira popular do Corgo memorial Quique Casanova

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ler Máis

XIII Carreira Popular Concello do Corgo. Memorial Quique Casanova

 

O Concello de O Corgo organiza a XIII Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río. A proba organizarase o vindeiro Sábado 22 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello de O Corgo.

Participación: A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non.

Percorrido: O circuíto de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.

Inscrición: Ata o martes 18 de outubro ás 23:59 horas.

Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tade na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.

Peche de control: O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.

Premios en metálico.

Inscripción.:  https://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/xiii-carreira-popular-concello-de-o-corgo/e20b80d0-e943-79bf-54f8-3a02f230ab19/grupo-1.

 

Ler Máis

AMIGOS DE GALICIA DOA LIBROS AO CORGO.

 

A Fundación de Amigos de Galicia ofreceu á Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo unha significativa doazón de máis de medio milleiro de exemplares. Nunha emotiva cerimonia que tivo lugar o sábado 8 de Outubro nas instalacións da referida biblioteca, o presidente da Fundación de Amigos de Galicia, D. Ramiro Varela Cives, acompañado por unha nutrida comitiva de doadores, procedeu á entrega de numerosas caixas con libros que pasarán a integrar os fondos bibliográficos postos á disposición de todas as persoas interesadas na súa consulta.

A Biblioteca PALCO, situada a carón do Punto de Atención á Infancia e da Casa das Asociacións, é un servizo público e gratuito inaugurado polo Concello do Corgo a través do Proxecto CORGORAL  o pasado 23 de Abril, Día mundial do Libro. Actualmente e grazas ás xenerosas doazóns de numerosos particulares e institucións, conta con varios milleiros de libros que se poden consultar de balde. O correo de contacto é proxecto.corgoral@gmail.com

 

 

 

Ler Máis

Novas adquisicións do Concello do Corgo.

 

O Concello do Corgo acaba de engadir ao seu patrimonio a deradeira adquisición, unha finca sita no polígono 1, parcela 17,  na saída de San Xoán do Corgo pola vía Díaz Castroverde hacia a urbanización o Souto. Trátase dunha  finca de algo máis de 5 hectáreas,  que contén unha nave agropecuaria, e que ben a sumarse ás adquisicións municipais que se fixeron ultimamente, como a Cámara agraria, o Castro de Castrillón ou unha finca no núcleo do Corgo,  para equipamentos, colindante con outra  parcela de titularidade municipal.

Ler Máis