Categoría: Xeral

OS BOLECHAS NO CORGO

O venres, día 5 de agosto ás 12 da mañá contaremos cos Bolechas no Corgo, cunha actuación para tódolos públicos, especialmente os máis novos, e gratuita.

Vémonos na área recreativa a carón do  colexio do Corgo.

Actividade subvencionada pola Secretaría de Política Lingüística.

Agardámosvos!

Ler Máis

Celebración do día de Galicia.

 

 

O Concello do Corgo a través do Proxecto Corgoral, súmase á conmemoración desta efeméride  tan especial coa presentación pública  da Carta  Xeométrica de Galicia, elaborada hai case dous séculos polo prestixioso matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán.

A carta xeométrica de Galicia, presentada oficialmente no ano 1834, foi o primeiro mapa de precisión, moderno e riguroso, que se fixo na Península Ibérica a partir de métodos  e criterios estrictamente  científicos. Para a súa elaboración foi fundamental contar  con unha base cartográfica na parroquia corguesa de Gomeán.

O resultado final dos desvelos de Domingo Fontán foi impreso en París no ano 1845, acadando unhas dimensións  colosais que axiña mereceron a recoñecida admiración púlbica da comunidade científica internacional. Así pois, a partir deste 25 de xullo fica instalada  para a posteridade e para goce de todas as persoas qu o queiran contemplar, unha reprodución fascimilar a escala real deste mapa na Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo.

Ler Máis

CINE NA RÚA. SÁBADO 23 DE XULLO ÁS 22:30 H. CAMPO DA FEIRA DE ADAI.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, presenta a súa programación cultural de verán para todos os veciños e visitantes, na que destaca como primeiro prato a proxección nocturna ao aire libre da película CUÑADOS. O acto terá lugar o vindeiro sábado 23 de Xullo, a partir das 22:30h, no incomparable e monumental Campo da Feira de Adai.

Este fermoso marco cultural municipal será o privilexiado palco no que se proxectará a exitosa comedia con denominación de orixe CUÑADOS, protagonizada, entre outros moitos, polos sobradamente coñecidos e moi populares actores Xosé Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rei.
A asistencia a esta xornada de cinema ao aire libre é totalmente libre e gratuíta.

Non vos esquezades: estades convidados para xuntármonos todos os corgueses e pasarmos un agradable serán, recuperando esta boa oportunidade de convivencia entre moitos risos e complicidades.

Agardámosvos!

Ler Máis