Categoría: Xeral

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CORGO.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, inaugurou o pasado sábado 23 de Abril a Biblioteca do Punto de Atención á Lectura. O acto tivo lugar na Antiga Escola e contou coa presenza de numeroso público, entre o cal se atopaban Jesús Abuín, cronista oficial do Corgo, e Benedicta Sánchez, coñecida actriz local honrada pola Xunta de Galicia coa medalla Castelao.

Para celebrar o Día Mundial do Libro, o concello corgués e a Asociación Cultural Arumes ofreceron un lote de libros a cada unha das persoas que asistiu, ao tempo que se celebrou un recital de poesía a cargo de Alberte Momán. O grupo de música tradicional A Legua Dereita, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario, interpretou tres pezas do seu repertorio: a rumba de Darío, a muiñeira de Curuxeiras e a xota de Murias de Rao.

A posta en funcionamento da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo está a ser posible grazas ás xenerosas e desinteresadas doazóns de publicacións ofrecidas por diferentes particulares e institucións. Todas aquelas persoas que desexen coñecer os seus fondos bibliográficos, realizar consultas ou levar emprestado algún libro poderán facelo a través do servizo de cita previa, chamando ao concello ou enviando un correo electrónico a proxecto.corgoral@gmail.com

Ler Máis

PUNTO DE ATENCIÓN Á LECTURA NO CORGO.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, celebra o vindeiro sábado 23 de Abril, Día Mundial do Libro, coa presentación pública da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura. O acto terá lugar ás 20 horas nas Antigas Escolas de Agros e contará coa presenza das autoridades locais e dos representantes de diversas institucións culturais. Por outra banda, os membros da Asociación Cultural A Legua Dereita interpretarán varias pezas de música tradicional e serán distribuídos entre o público asistente vinte lotes de libros expresamente ofrecidos para este evento pola Asociación Cultural Arumes e polo concello.

A posta en funcionamento da Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo está a ser posible grazas ás xenerosas e desinteresadas doazóns de publicacións ofrecidas por diferentes particulares e institucións, entre os que se atopan, a título de exemplo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Seminario Diocesano de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Barrié, o Instituto de Estudos Chairegos, o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga ou a Real Academia Galega de Belas Artes.

Estades tod@s convidad@s! Contamos coa vosa presenza!

Ler Máis

PRESENTACIÓN DA REVISTA CORGA.Nº 8

O CENTRO DE ESTUDOS DO CORGO e a ASOCIACIÓN CULTURAL ARUMES, en colaboración co Concello do Corgo, presentan o vindeiro sábado día 9 de Abril, ás 20 horas no Centro Sociocultural do Corgo o número 8 da Revista CORGA. Neste volume danse a coñecer catro traballos: o primeiro, da autoría de Marco Antonio García-Gabilán Sangil, enceta as vicisitudes do deslinde municipal entre os concellos do Corgo e Láncara; a continuación, Lois Ladra trata do Proxecto CORGORAL e da prensa escolar como fonte para a recompilación da literatura popular de tradición oral; posteriormente, Óscar González Murado explica as capelanías e os capeláns do Corgo, para rematar con un estudo do románico no termo municipal corgués, a cargo de Mario Outeiro Iglesias.

O acto contará coa presenza de diversas autoridades locales, así como con representantes da Asociación Cultural Arumes e do Centro de Estudos do Corgo. Tamén estarán os autores, que farán un breve resumo das súas investigacións e dos traballos que se darán a coñecer.

Ler Máis

PROGRAMA VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía osVENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Este venres ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha  charla aberta sobre A nova normativa en materia de garantías.

Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

Para participar:

1º.- Entra na web do IGCC:     Instituto Galego do Consumo e da Competencia | (xunta.gal)

2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO

3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.

 Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador

4º.- UNIRSE Á REUNIÓN

Ler Máis

COIDADOS PORTA A PORTA NO CONCELLO DO CORGO.

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través do programa “Coidados Porta a Porta”, prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, nunha unidade móbil que se instalará nas inmediacións do CENTRO DE SAÚDE DO CORGO  durante o DÍAS: 9, 10 e 13 de xuño.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:

  •  Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
  •  Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
  •  Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

AS DATAS PREVISTAS PARA O CONCELLO DO CORGO SON  OS DÍAS  9, 10 e 13 de xuño.

TELÉFONO CITA PREVIA :  622 748 283  //   623546992

Ler Máis

RESERVA DE PRAZA E NOVAS MATRÍCULAS NO P.A.I. DO CONCELLO DO CORGO.

O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI)  DO CONCELLO DO CORGO ABRIRÁ O PRAZO DE  RESERVA  E INSCRICIÓN/MATRÍCULA  PARA O VINDEIRO CURSO  2022/2023.

OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO  DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:

OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO 2022/2023 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE  PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 4 DE ABRIL E O 15 DE ABRIL  (AMBOS INCLUSIVE).

– AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA) ATENDERÁNSE DO 18 DE ABRIL AO 29 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).

POSTERIORMENTE, A LISTAXE DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 8 DE MAIO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DEBERÁN DIRIXIRSE EN HORARIO DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS   DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.

RESERVA PRAZA NO PAI 2022 /2023

NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI CURSO 2022/2023

Ler Máis

XORNADA DA IGUALDADE DE XÉNERO NO CEIP DO CORGO.

O  Concello do Corgo  organiza unha xornada da igualdade dirixida aos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe do Corgo para o venres día 1 de abril.
Consiste nunha serie de talleres que se levarán a cabo no colexio,  en grupos reducidos  e por idades, para facilitar a comprensión e concienciación dos nenos e nenas.
Está elaborado por  Aprendemos con disciplina positiva, e desenvólvese  en talleres con distintintos contacontos e actividades que conviden á reflexión sobre a igualdade de xénero.  A porposta para os cursos superiores (5º e 6º) comprende un experimento social, unha mesa redonda e debate e choiva de ideas para erradicar a desigualdade de xénero.

Ler Máis

PRIMIEIRA RECOLLIDA SOLIDARIA PARA AGA UCRAINA NO CONCELLO DO CORGO

O martes, día 15 de marzo, tivo lugar no Centro Sociocultural do Corgo o primeiro envío da recollida solidaria dos veciños do Corgo e arredores, que con boa fé e unha grande dose de humanidade e  comprensión,  empatizaron coa situación do pobo Ucraíno  colaborando dun xeito moi activo nesta campaña  iniciada dende os Servicios Sociais municipais.

A campaña mantense  aberta a espera de poder continuar facendo novos envíos, xa que os ucraínos seguerán necesitados de  todos os productos básicos que lles podamos facer chegar, polo que continuarase recollendo no mesmo horario e lugar.

Agradecendo a todos os veciños implicados nesta iniciativa solidaria, a Carmen Lence  de Leite Río de Galicia, que  colaborou coa donación un palet de leite, e a tódolos traballadores e voluntari@s que fixeron posible que esta primeira recollida fose tan satisfactoria  e  poidera reflexar a  compasión e benevolencia da nosa xente.

Grazas!

Lémbrase que a campaña non rematou, e que seguirase traballando para enviar todo o apoio e auxilio posible aos ucraínos. Contamos con vós!

Ler Máis