Categoría: Xeral

Corrección de erros . Tribunal do proceso selectivo de PERSOAL PARA TRABALLOS DE RECOMPILACIÓN DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL E ETNOGRÁFICA DO CORGO.

Publicación no BOP  da corrección de erros que afecta ao nomeamento do tribunal  que xulgará o proceso selectivo de persoal para  traballos de recompilación de literatura de tradición oral e etnográfica do Corgo.

Corrección de erros . Tribunal do proceso selectivo de PERSOAL PARA TRABALLOS DE RECOMPILACIÓN DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL E ETNOGRÁFICA DO CORGO.

Ler Máis

AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA PARA MATERIAL ESCOLAR, GASTOS DE TRANSPORTE E ALOXAMENTO PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

O Concello do Corgo, a través desta ordenanza regulará as axudas ao estudo nas familias en situación de dificultade socio-económica ou precariedade, para a adquisición de libros de texto e material educativo, material de protección fronte ao COVID-19 ou cubrir gastos de transporte ou aloxamento para alumnos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, universidades, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais matriculados en centros sostidos con fondos públicos.

A contía individual das axudas será de a seguinte:
• EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA OBRIGATORIA… 100 €
• ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, BACHARELATO, E FORMACIÓN PROFESIONAL… 150 €
• UNIVERSIDADES E ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES …200 €

As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

– Os membros da unidade familiar do alumnado deberán estar empadroados no concello do Corgo. O concello do Corgo comprobará de oficio a convivencia das/os membros da unidade familiar dos solicitantes destas axudas.
– A axuda concederase a aquelas alumnas e aqueles alumnos cuxa renda “per cápita” neta anual do núcleo familiar non supere os 13.300 €, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior.
– Estar matriculado nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de alumnos de educación infantil e primaria, deberán estar matriculados nos centros públicos de referencia para o Concello do Corgo (CEIP do Corgo e CPI Ramón Piñeiro de Láncara).
Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda.
– A renda familiar para os efectos de bolsa obterase por agregación das rendas do exercicio 2019 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os datos económicos para ter en conta nas rendas familiares para determinar os ingresos serán os calculados por agregación da base impoñible xeral (casiña 435) coa base impoñible do aforro (casiña 460), calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Corgo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 1 mes contados a partir do día seguinte ao da publicación destas no Boletín Oficial da Provincia.

 A persoa interesada deberá presentar:

a) Solicitude en modelo específico subscrita pola persoa interesada.

b) Fotocopia do DNI da nai e do pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno.

c) Fotocopia cotexada do libro de familia ou, de ser o caso, da resolución xudicial ou administrativa pola que se lle confía a garda e protección do/s menor/es da persoa solicitante.

d) Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais, ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.

e) Declaración responsable de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Certificación de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, Facenda Autonómica e coa Seguridade Social. Poderá comprobarse, tras autorización da persoa interesada, incluída na solicitude, da circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias fronte ao Estado e Seguridade Social. Tamén, e de oficio, se comprobará a circunstancia de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias municipais.

g) Certificación expedida pola Axencia Tributaria expresiva da declaración da renda do exercicio 2019 (ver punto 3.5).

h) Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador).

i) Certificación ou certificacións do centro público onde as e os alumnos realicen os estudos e na que se xustifique o curso no que están matriculadas e matriculados. Tal certificación aportarase por aqueles solicitantes aos que lles sexa concedida axuda dentro do período establecido.

As solicitudes analizaranse segundo a orde de entrada no rexistro do Concello do Corgo. . En caso de non presentar a solicitude coa documentación completa considerarase como data de Rexistro de Entrada a da última presentación de documentación relativa á devandita solicitude.
Se a documentación está incompleta ou é defectuosa, requiriráselle ao solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte á data de notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, no caso de incumprimento, entenderase que desiste da súa solicitude
As resolucións publicaranse, a efectos de notificación, no taboleiro de edictos electrónico do Concello.

O prazo para resolver e notificar o procedemento de subvención iniciado será de tres meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das solicitudes de subvención. No caso de vencemento do prazo máximo sen que se notificase a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención.
Unha vez ditada a resolución procederase á realización de transferencia bancaria polo importe da axuda correspondente, segundo o curso no que o alumno estea matriculado durante 10 días hábiles, despois da presentación da seguinte documentación:

– Xustificante do gasto realizado. Factura orixinal do gasto realizado en libros de texto , material educativo, material de protección fronte ao COVID-19 ou gastos de transporte e aloxamento expedida a nome do alumno ou dalgún dos membros da unidade familiar de que forme parte o alumno.

Certificado de conta bancaria.

A data límite para xustificar a subvención concedida será un mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da subvención.

No caso de non presentar a xustificación dentro dos prazos determinados, incoarase expediente de anulación do correspondente compromiso que comportará a perda do dereito de cobro da subvención.
A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas.

Contra esta ordenanza poderán interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo (artigo 8 da Lei 29/1998 do 13 de xullo) nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto.

Ler Máis

XIV Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2020 acada a súa décimo cuarta edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 27 de novembro de 2020. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 19 de decembro de 2020 no Centro Sociocultural do Corgo (se as condicións epidemiolóxicas o permiten).

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

 Asociación Cultural Arumes do Corgo

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis