Categoría: Xeral

MATRICULA PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (P.A.I)

       

O CONCELLO DE O CORGO, ABRIRÁ O PRAZO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE O CORGO PARA O CURSO 2020/2021.

OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:

– OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO SEGUINTE 2020/2021 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 18 DE MAIO E O 5 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATENDERANSE DO 8 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

POSTERIORMENTE, A LISTA DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 4 DE XULLO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DIRIXIRSE DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.

 

Ler Máis

As explotacións agricolas e por razóns fitosanitarias, poderán solicitar permiso de queimas.

 

A partir deste mércores poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais, tal e como se recolle  no Diario Oficial de Galicia.

En concreto, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias.

Os enderezos dos catro servizos provinciais para tramitar as solicitudes son os seguintes

 ccp.coruna@xunta.gal

 ccp.lugo@xunta.gal

 ccp.ourense@xunta.gal

  ccp.pontevedra@xunta.gal

Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da finca na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizala. Na solicitude debe constar ademais o número de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima.

A queima de restos agrícolas amoreados poderase levar a cabo unha vez se reciba a correspondente autorización por correo electrónico. Nela figurarán todos os datos aportados polo interesado, así como as condicións e as datas nas que se deberá realizar a queima.

 

Enlace DOG

Ler Máis

O Concello do Corgo reparte mascarillas infantís.

 

Co fin de protexer aos menores que  a partires do día 26 poderán sair durante unha hora da casa, o Concello do Corgo adquire mascarillas infantís reutilizables,  que fará chegar aos domicilios onde estén empadronados os nenos e nenas. Atendendo ás idades achéganse dúas tallas distintas, de 3 a 7 anos  e de 8 a 12 anos, con deseños adaptados á poboación infantil. Para os  menores de 3  non   é recomendable  o seu  uso según as autoridades sanitarias . O reparto farase novamente a través de correo postal, evitando desprazamentos e aglomeracións innecesarias.

Ficha Técnica Mascarilla Uso

Especificación UNE 0065:2020 Mascarillas higiénicas REUTILIZABLES para niños.Requisitos de materiales, diseño, confección,marcado  e uso.

 

 

Ler Máis

Comenza o reparto de mascarillas no Corgo.

 

Infórmase aos veciños do concello  do Corgo que o luns comenzará o reparto de mascarillas nos domicilios . Co fin de evitar os desplazamentos e aglomeracións, utilizarase o correo postal para facer chegar ás vivendas estas medidas de protección  que nestes momentos non é doado de conseguir. 

Ler Máis

O Concello reparte mascarillas.

 

O Concello do  Corgo  merca  mascarillas para repartir entre os seus veciños. A distribución  farase  nos domicilios  seguindo o padrón municipal e cada habitante recibirá unha mascarilla.  

Por outra banda  chegou   o cuarto envio de material de protección  enviado pola   Xunta de Galicia  e destinado a Epis para o personal de axuda a domicilio e traballadores municipais en activo.  Ademáis  contínúase  traballando nas labores de desinfección das áreas máis concurridas pola poboación.

Ler Máis

Aquí imprímese para ti

 

Co fin de esquivar as fronteiras que a brecha dixital fai nos fogares municipales,  (algúns sin conexión a internet,  sen ordenadores ou impresoras)   o Concello do Corgo ofrece un servizo de impresión de deberes e  material de traballo   para tódolos estudantes dos distintos centros  educativos que así o precisen. 

O servizo prestarase nas Oficinas municipais, e para   solicitalo bastará cun correo, ben por parte do alumno ou do Centro educativo, cos contidos que se demandan a concello.ocorgo@gmail.com .

Posteriormente poderá recollerese no  propio concello ou levaranse aos domicilios de quen  o precise. Para máis información chamade ao 982302100  de 9.00 h a 15.00 h.

Entre todos sairemos!

 

 

 

 

 

Ler Máis

Bono social eléctrico. Actualización Covid-19

 

Debido ao estado de alarma polo  COVID-19 o Goberno prorrogou a vixencia do Bono Social para aqueles clientes que deberían de renovalo nestas datas. O periodo de renovación exténdese automáticamente ata o día 15 de Setembro.
Polo mesmo motivo serán considerados clientes vulnerables e polo tanto beneficairios do Bono Social aqueles traballadores autónomos  que se viran obrigados a cesar a súa actividades ou que reduciran a súa facturación nun 75%.

O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada abonado; o desconto aplicado é dun 25%  ata  un 40% sobre a factura total. Este porcentaxe, dependendo de diversas sitaucións  máis, como o risco de exclusión social, pode ser ainda meirande. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga de dita subvención, como medidad dentro do PLAN DE ACTUACIÓN.

  •  Hai que ser titular do suministro electrico contratado na residencia habitual.
  • Ter contratado o PVPC, e decir, Precio Voluntario Para el Pequeño Consumidor.
  • Ser considerado consumidor vulnerable ou vulnerable severo ( familial numerosa, monoparental, pensionista, victima de terrorismo ou víctima de violencia de xénero,  ter un membro da undade familiar con discapacidade igula ou superior ao 33%, etc..)
  • Non superar o consumo máximo d e 345 Kwh  mensuais  e  o de 414 Kwh anuais .

 

Para máis información sobre estas axudas e outras:

Bono Social: https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/

Bono telefónico: https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/

Bono social da augahttps://www.serviciosluz.com/el-bono-social-del-agua-2020/

 Enlace Boe

 

 

Ler Máis

Medidas de desinfección. 2 de abril do 2020

 

Incrementando as medidas para tratar de previr o contaxio  do Covid-19, estase a levar a cabo a desinfección dos contenedores de lixo do concello. Neste momento xa se actuaou nos puntos de recollida de  Arxemil, recta de Sabarei, Santa Mariña, Manán, Chousa, Escoureda, Agragán, recta do Corgo, centro médico, concello, colexio.. e proseguiranse as labores nas parroquias que quedan pendentes.

Por outra  banda,as brigadas de incendios da Xunta voltaron as labores de desinfección das inmediacións do Centro de saúde, labores que repiten cada tres días e que complementan ás xa adoptadas polo propio concello nos puntos onde se pode concentrar maior número de veciños, como establecementos comerciais, banco, farmacias, etc.

 

Ler Máis

Labores de desinfección no Concello do Corgo.

 

O Concello do Corgo adoptou unha nova medida para atallar  a crise sanitaria que está  vivindose no pais. Na mañá de hoxe, primeiro día  de abril, persoal munipal levou a cabo labores de desinfección de distintas áreas   frecuentadas pola poboación, como establecementos comerciais,  farmacias, oficina bancaria, etc. contribuíndo e ampliando  as tarefas que xa  se desenvolveran  a través das brigadas de incendios da Xunta de Galicia.

Así mesmo, incrementouse  a dotación de material de  protección e desinfacción para o persoal municipal que  continúa a traballar na prestación de servizos a comunidade , recibíndose un segundo lote de productos enviados pola Xunta de Galicia (  300 luvas de protección, 300 mascarilas, botellas de producto desinfectante, 6 de xel hidroalcohólico e 23 buzos de protección). O Concello por outra banda adquiriu tamén   gafas e pantallas  de protección, buzos e batas de protección, luvas de nitrilo, mascarillas, protección para o calzado, xel hidroalcohólico e producto desinfectante para o persoal en activo.

 

 
 

Ler Máis

Novas medidas da crise do Covid-19

 

Durante a mañá de hoxe, venres 27, estívose levando a cabo tareas de limpeza e  desinfección da área do Centro de Saúde do Corgo, co apoio e colaboración do Servizo de prevención e defensa contra os  incendios  forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.  Intenifícanse as labores neste  contorno por ser  unha das zonas públicas con maior risco de  contaxio se o houbera. Estas labores  repetiranse cada tres días.

Así mesmo, recibironse lotes  de EPIS  (mascarillas e luvas principalmente) dende a Xunta de Galicia,  para garantir a protección do persoal de axuda no fogar  que se atopa en maior  risco de infección e contaxio. Dende o Concello xa se fixeran ao inicio do estado de alarma  distintas  xestión para  dotar aos traballadores de estes equipamentos de protección individual .

Ler Máis