Categoría: Xeral

Etapas da VIA KÜNIG polo concello do Corgo

3ªETAPA: 16 DE FEBREIRO

  • ETAPA BARALLA- O CORGO (20KM)
  •  9:00 SAIDA DENDE O CORGO. (CENTRO SOCIOCULTURAL) SERVIZO DE TRANSPORTE
  • INICIO DE PEREGRINACIÓN DENDE CONCELLO DE BARALLA
  • FIN DA PEREGRINACIÓN NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE O CORGO
  • TRANSPORTE ATA O PABELLÓN MUNICIPAL DE O CORGO (COLEXIO)
  • 15:00 XANTAR
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AOS PUNTOS DE RECOLLIDA

 

4ª ETAPA: 1 DE MARZO

  • ETAPA : O CORGO– LUGO ( 18KM)
  • INICIO DE PERGRINACIÓN DENDE O CENTRO SOCIOCULTURAL
  • 15:00 XANTAR EN LUGO
  • 17:00 REGRESO EN TRANSPORTE AO CORGO.

 

INSCRÍBETE ANTES DO 13 E 27 DE FEBREIRO  RESPECTIVAMENTE MEDIANTE INGRESO NA  CONTA BANCARIA ABAIXO INDICADA FACENDO CONSTAR O TEU NOME E APELIDOS, TELEFONO E  LUGAR DE ONDE SAES.  

                                                                   ES7020800163893040065919

 

PREZO 20 € POR ETAPA. INCLÚE TRANSPORTE E COMIDA.

ORGANIZA A  ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CAMIÑO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO CONCELLO DE LUGO COA COLABORACIÓN NESTAS ETAPAS DO CONCELLO DO CORGO.

 

VER CARTAZ DAS ETAPAS:  CONCELLO O CORGO- VIA KÜNING.pdf.

Ler Máis

Campaña axudas da PAC 2020.

Ata o día 30 de abril agricultores e gandeiros poderán presentar  a solicitude única de axudas  directas  da Politica agraria Comun (PAC). En Galicia serán 24.600 os benerficiarios, estimándose uns 240 millóns de euros segundo a Consellería de Medio Rural, e estes pagos poderán recibirse en forma de anticipos  a partir do 16 de outubro ou  en forma de saldo a partir do 1 de decembro.

Mediante a solicitude única poderán pedirse todas as axudas cumprimentado de xeito debido a solicitude e no prazo establecido, acompañada da declaración gráfica de todas as parcelas dacordo co SIXPAC.

 

Orde do 22 de xaneiro pola que se regula a aplicación de pagamentos directos á agricultura e a gandeiría

Ver noticia en Somos agro (La voz de Galicia)

 

Ler Máis

Axudas económicas de pago único para o fomento da natalidade 2019

Estas bases foron aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de decembro de 2019. O prazo para solicitar será dende o día seguinte á súa publicación no BOP ata o 30 de xuño de 2020, ambos incluidos.

BASES DAS AXUDAS ECONÓMICAS DE PAGO ÚNICO PARA O FOMENTO DA NATALIDATE DE 2019

Ler Máis

PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL . PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O  Xoves día 16 de Xaneiro,  ás 13:30 horas no Centro sociocultural do Corgo, preséntase o programa  PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a formación consistente na financiación dos custos directos en  materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente.

Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na  formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún  concello dos participantes definidos no  Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

  * Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude. 

 * Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA  XUVENIL.

 * Os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida deben estar  EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios recollidos no Anexo I- LISTAXE DE CONCELLOS desta convocatoria.

  * Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da  Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

 FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

        * Presentación telemática a través da sede electronica    http://sede.deputacionlugo.org

        * Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa  na web  e na sede electrónica  da  Deputación de Lugo.

        PRAZO: 17/12/2019 AO 20/01/2020

 

DOCUMENTACIÓN XERAL.

        * Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
        * DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
        * C.V actualizado.
        * Certificado de empadroamento a data da solicitude.
        * Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de  garantía xuvenil.
        * Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
        * Anexo III – Autorización para actuar como representante a efectos  da solicitude, de ser o caso.

      * Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo.

       * Certificado da conta bancaria onde conste como titular o  solicitante.

Durante a formación de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no periodo de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual como mínimo de 900€

Para máis información ou dúbidas podedes poñervos en contacto   a través do 982.260.204  e no enderezo electrónico agenciadecolocación@deputacionlugo.org

Bases do programa en arquivo adxunto deste anuncio.

  

Ler Máis

CUSO DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS.

 

 

CONTIDOS DO CURSO:

1.- DEMENCIA.

  • DEFINICIÓN.
  • EPIDEMIOLOXÍA.
  • ETIOLOXÍA.
  • CLASIFICACIÓN E TIPOS

2.- ASPECTOS PSICOSOCIAIS DAS DEMENCIAS.

  • PERFIL COGNITIVO SEGUNDO A DEMENCIA E FASES.
  • PROBLEMAS CONDUCTUAIS.
  • INTERVENCIÓNS/PAUTAS EN RELACIÓN AOS DÉFICITIS COGNITIVOS.
  • INTERVENCIÓNS /PAUTAS PARA O MANEXO CONDUCTUAL.
  • SOBRECARGA DO CUIDADOR.

3.- A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA.

  • DEFINICIÓN DE OCUPACIÓN E TIPOS.
  • POR QUÉ SE VE AFECTIADA A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA?
  • CÓMO ACTUAR? PAUTAS PARA O DÍA A DÍA.

 

DIPLOMA ACREDITATO

 

DATA: VENRES 31 DE XANEIRO. 

HORARIO: DE 16:00 A 20:00H.

LOCAL: ANTIGA ESCOLA DE GOMEÁN.

CURSO GRATUITO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

MAIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543

 

Ler Máis

O Corgo no mapa sonoro de Galicia.

O mapa sonoro de Galicia é un proxecto do Consello da Cultura cun total de 500 rexistros sonoros, onde entre outros, segundo recolle o artigo de María Guntín na Crónica Poética, na Voz de Galicia, figuran os sons que se desprenden  ao rozar os toxos , ou peneirando o gran en Marei, ademáis doutros sons da natureza, como o das follas secas no Corgo ou os cánticos da auga que corre polo  río Miño.

 

Mapa sonoro de Galicia

Artículo La voz de Galicia

Ler Máis

O Concello do Corgo convida aos veciños a proxección da película ” O que arde”. Agasallos de cine.

Dentro da programación destas festas de Nadal, o Concello do Corgo inclúe  a invitación aos seus veciños de disfrutar da película “O que arde”, onde intervén a nosa paisana Benedicta Sánchez.

A sesión será  o xoves, día 2 de xaneiro, nos cines Codex de Lugo, ás 17:30 h. A entrada será gratuita para os interesados en asistir, previa inscripción no Centro Sociocultural ou nos teléfonos 982302377, ou 620731543.  Haberá servício  de autobus gratuito para os que soliciten este medio de transporte, que sairá da Cámara agraria do Corgo ás 17:00 h.  Aforo máximo 215 persoas.

…Este Nadal, agasallos de Cine!!…

Boas Festas!

Ler Máis

Programación de Nadal para nen@s


CAMPAMENTO DE NADAL

DATAS. 23, 26, 27, 30 de DECEMBRO , 2 E 3 DE XANEIRO.

HORARIO: 9:00 A 15:00 HORAS.

LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL.

DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.

INSCRICIÓNS: NO CENTRO SOCIOCULTURAL. ANTES DO DÍA 20. MAIS INFORMACION NO 982302377 OU NO 620731543

RECOMÉNDASE TRAER AUGA E ALMORZO PARA MEDIA MAÑÁ. 

 

VIAXE A XUVENLUGO.

DATAS: 27 DEDECEMBRO, VENRES.

PREZO: 2 EUROS PERSOA. 

HORARIO: DE 16:30 A 20:30 NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO.

RETIRADA E ENCARGA DE ENTRADAS ANTES DO XOVES 26. NO CENTRO SOCIOCULTURAL OU NO 620731543

 

CABALGATA DE  REIS.

DÍA: 5 DE XANEIRO.

HORARIO: ÁS 16:30 SAIRÁN OS REIES MAGOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

LOCAL: PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.

TRALA VISITA DOS REIS E ENTREGA DE AGASALLOS, HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN PARA TÓDOLOS ASISTENTES.

PARA PODER SUBIR AO ESCENARIO A RECOLLER OS AGASALLOS E PRECISO QUE OS NEN@S ESTÉN INSCRITOS ANTES DO DÍA 3 DE XANEIRO.

MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU NO  620731543

 

Ler Máis