Categoría: Xeral
Calendario 2020
Estimados veciños,
Como en anos anteriores o concello do Corgo pon a disposición de tódolos veciños e veciñas calendarios para o vindeiro ano.
O calendario do 2020 conta cunha serie de fotografías de lugares e edificios emblemáticos do noso concello, así como os telefónos de interese.
Poden recoller os calendarios nas oficinas municipais.
Bó Nadal e Feliz aninovo!
O alcalde.
Benedicta Sánchez candidata a un premio Goya. Parabéns.
O Concello do Corgo unha vez máis presume de veciña, xa que Benedicta Sánchez, opta a conseguir un dos galardóns da academia cinegráfitica española, o Goya á mellor actriz revelación polo seu papel na película “Lo que arde”. Con 84 anos e sen experiencia previa no cine, Benedicta vai competir nesta categoría coas actirices Carmen Arrufat por «La inocencia», Pilar Gómez por «Adiós» y Ainhoa Santamaria por «Mientras dure la guerra». na 34 edición destes premios.
O director Oliver Laxe tamén se medirá coa película “Lo que arde” con “Mientras dure la guerra” de Alejandro Amenábar, “Dolor y gloria” de Pedro Almodóvar e “Intemperie” de Benito Zambrano e “La trinchera infinita” na categoría de mellor película.
Ver notica e entrevista: La voz de Galicia; El progreso.
Patinaxe Artístico
- Horiario:
- MÉRCORES
- de 18:00-20:00 h.
- Local: Polideportivo Municipal de O Corgo.
- Información: 610 917 588
TEATRO : O BERCE DOS CONTOS. BUXIGANGA 2019.
O BERCE DOS CONTOS.
ALENTÍA TEATRO.
SÁBADO 30 DE NOVEMBRO, ÁS 17:00 HORAS.
CENTRO SOCIOCULTURAL.
TODOS OS PÚBLCOS, ENTRADA GRATUITA.
PROGRAMA BUXIGANGA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
Dia internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O CORGO EN NEGRO
O 25 de Novembro, dende 1981, celébrase este día, e o Concello do Corgo organiza unha sesión de
ACTIVIDADES INTERACTIVAS, co fin de de traballar neste problema tan presente na sociedade actual.
A EDUCACIÓN COMO PUNTO DE PARTIDA.
ORGANIZA: CONCELLO DOCORGO.
COLABORA: CEIP DO CORGO.
PRESENTA: DOÑA LUCÍA LAGE VILA. EDUCADORA SOCIAL E PSICOPEDAGOGA.
LUGAR: CEIP O CORGO. LUNS 25 DE NOVEMBRO A PARTIRES DAS 11:00 H. DA MAÑÁ.