Categoría: Xeral

O Corgo en Negro. Día internacional contra a violencia de xénero.

O Martes, día 26 denovembro, ás 17:00 horas da tarde, no Centro sociocultural municipal, haberá unha sesión de Videoforum co fin de traballar a problemática da violencia de xénero. A onde acudir?, Cómo detectar o problema? Cómo actuar.?..

Presentará e coducirá  a xornada a Educadora social e psicopedagoga LuciaLage Vila

Ler Máis

XIII Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2019 acada a súa décimo terceira edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 29 de novembro de 2019. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 21 de decembro de 2019 no Centro Sociocultural do Corgo.

Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil.

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Recoñecemento de vehículos agrícolas, supervisión e control S.A. ITV 2019

A unidade móvil de inspección ténica de vehiculos agrícolas prestará servizo neste concello, salvo causas de forza maior nos días que se relacionan a continuación:

 PARROQUIA DÍA MAÑÁ TARDE

 LAXOSA

campo da festa.

 10 DE DECEMBRO  DE 9:00 A 13:30H.  15:15 A 18:00 H.
 11 DE DECEMBRO  DE 9:00 A 13:30H.  
 ADAI, mercado  12 DE DECEMBRO  DE 9:00 A 13:30H.  15:15 A 18:00 H.

GOMEÁN, no POLÍGONO 

EMPRESARIAL DO CORGO.

 

13 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H.  
16 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. 15:15 A 18:00 H.
17 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. 15:15 A 18:00 H.

SABAREI, explanada

cerca igrexa.

18 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. 15:15 A 18:00 H.
19 DE DECEMBRO DE 9:00 A 13:30H. 15:15 A 18:00 H.

ASIGNARASE DÍA DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DIRECTAMENTE NA UNIDADE MÓBIL DESDE O PRIMEIRO DÍA DE CHEGADA  AO POBO OU CHAMANDO AO TELÉFONO 902309000 OU NA PÁXINA WEB  www.sycitv.com  CITA PREVIA.

Ler Máis

Aviso: Sesións formativas do persoal muncipal e peche ao público durante as mesmas.

 Os días 26 de novembro e 11 de decembro, as oficinas municipais estarán pechadas ao público debido as xornadas de formación do persoal na Sede Electrónica.

Desculpen as molestias.

Ler Máis

Clases de baile Galego

 

Venres.

De 19:00 a 19:45 h. Iniciación ao baile infantil.

De  20.00-20.45 h. Iniciación a percusión adultos.

De  21:00- 22:00h.  Iniciación a baile de adultos.

Sábado.

10:00-11:30.- Baile infantil.

11:30-12:30h. Iniciación a percusión infantil.

12:30-13:30.- Iniciación a gaita  infantil.

16:00-17:30.- Baile adultos.

17:45-18:45.- Percusión adultos.

18:45-19:45.-  Gaita adultos.

 

Ler Máis

Clases de Zumba

Local do campo da Feira de Gomeán.Duración: dende o mes de outubro do 2019 a xuño  2020.

  • Prezo o mes:  
    •   -Socias:
      • 1 día á semana 25 euros.       
      •  2 días á semana 35 euros.
    •  – Non socias:
      • 1 día á semana  30 euros.
      • 2 días á semana 40 euros.
  • Teléfono de contacto: 638055430.

Ler Máis