Categoría: Xeral
O día do maior. Centro de Día do Corgo.
Con motivo da celebración do Día do maior, o venres día 4, o Centro de Día do Corgo organiza unha charla con Benedicta Sánchez, veciña deste concello e personaxe de idade que alcanza fama coa súa interpretación na película O QUE ARDE. Benedicta contará a súa experiencia tanto a usuarios do Centro de Día como aos que se acheguen ao Centro Sociocultural do Corgo ás 16:00 horas.
O acto contará coa actuación da Asociación Legua Dereita do Corgo. Será unha xornada pública, convidando a asistir a tódolos que o desexen.
Ao remate haberá unha merenda.
XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA.
SÁBADO 19 DE OUTUBRO.
17.30.- Carreira de menorres.
18.00.- Carreira absoluta.10,5 km aprox.
Saída e meta na área fluvial Río Chamoso.
PREMIOS:
100 EUROS, 75 EUROS, 50 EUROS. PARA OS TRES PRIMEIROS DA CATEGORÍA ABSOLUTA.
INSCRIPCIÓNS EN www.carreirasgalegas.com ata o 17 de outubro.
Mais información: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xi-carreira-popular-concello-de-o-corgo-memorial-quique-casanova/c504d201-77bf-e083-ca13-39ef98f019c7
Pinchos e abituallamiento ao finalizar a carreira de adultos.
ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.
ACCIÓN FORMATIVA “O CIDADÁN DIXITAL”
Acción formativa que pretende facilitar ao cidadán o coñecemento dos principais procedementos informáticos para a realización de labores profesionais e persoais que ofrecen as novas tecnoloxías