Categoría: Xeral

6 de Setembro: Día do avó.

O xoves día 6 de setembro celébrase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o día do avó.

A festa do avó vai dirixida a maiores de 60 anos e cónxuxes. Para participar hai que retirar as tarxetas nas oficinas municipais ata o día 4 de setembro (martes).

PREZO:

Os veciños empadronados no Corgo  e maiores de 60 anos.. 5€

Persoas non empadroadas no concello do Corgo, maiores de d60 anos…20€

PROGRAMA:

13:30 .- Eucaristía.

14:30.- Comida 

OUTRAS ACTIVIDADES

 Actuación dun Dúo musical, baile, sorteo de agasallos..

NOTA:

Para a retirada de tarxetas e recomendable presentar o DNI, sendo obrigatorio para aquelas persoas non empadroadas no Concello do Corgo

Ler Máis

Acto de celebración do nomeamento a JESÚS ABUÍN ARIAS “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo”.

O día 22 de setembro terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL do Corgo, ás 12:30 h, a entrega do Nomeamento de “Fillo predilecto e Cronista oficial do Corgo” a

 JESÚS ABUÍN ARIAS.

  • No Restaurante Hostal Prados, celebrarase unha comida ás 14:00 h.
  • A retirada de tarxetas para asistir será no propio restaurante ata o día 15 de setembro.
  • Precio da comida : 25€

Ler Máis

EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO.

Dende o día 1 de agosto de 2018 o Equipo de Inclusión Sociolaboral de Baralla cambia a súa sede do Concello de Baralla para  a CASA  DAS ASOCIACIÓNS do Corgo, pasándose a chamar EQUIPO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DO CORGO, manterá o número de teléfono e mail de contacto que viñan empregando:

982363719 / 608500379 

baralla.inclusion@igualdadebenestar.org

A atención seguirá mantendo as súas principais liñas de actuación como servizo de  de proximidade á cidadaníe en cada un dos dezaoito concellos de referencia na demarcación xeográfica da Fonsagrada, os Ancares e Lugo,  coa colaboración dos servizos sociais e de emprego municpais, aproveitnado ao máximo as sinerxias que xurden no traballo en rede.

 

 

Ler Máis

ROMARIA FOLK NO RIO CHAMOSO 2018

Os días 28 e 29 de xullo terá lugar na praia fluvial Río Chamoso a  XV romaria folk.

O sábado a partir das 18:00 h:

-BATUXADA NO CHAMOSO. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de regugallo no Rio Chamoso

-SESIÓN DE XOGOS  E ANIMACIÓN INFANTIL

Á noite feste e verbena coa orquesta

 

GRAN PARADA.

 

O domingo, dende as 12:00 h.

-FEIRA DE ARTESANÍA E DEMOSTRACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS.

-EXHIBICIÓN DE TALLA DE MADEIRA CON MOTOSERRAS.

ACTUACIÓNS DE

–  A. C. A LEGUA DEREITA DO CORGO

– OS CARAPAUS.

– PINGARELA (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)

 

 17.00 h.Festival folclórico:

TROUPELEAR.

AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XILBARBEIRA  DE BOIRO.

A.C. A LEGUA DEREITA DO CORGO.

Coa colaboración de As Cernellas de  Sta. María de Bóveda.

 

 

 

 

Ler Máis

Horario e realizacion do 1º exercicio xefe de brigada e conductor de motobomba. Campaña incendios 2018

Publicación das listas e horario  para a realización do primeiro exercicio nas categorías de Xefe de Brigada e Conductor de Motobomba.

HORARIO E REALIZACIÓN DO 1º EXERCICIO XEFE DE BRIGADA E CONDUCTOR MOTOBOMBA. XULLO 2018

Ler Máis

Viaxe ás praias. Verán 2018

O Concello do Corgo lévate os XOVES ás seguintes praias.

 DATAS DESTINOS.
Día 5 de xullo  SAN MIGUEL DE REINANTE.
Día 12 de xullo  FOZ 
Día 19 de xullo ARES 
Día 26 de xullo. TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)
Día 2 de agosto. BENQUERENCIA
Día 9 de agosto. SAN CIPRIÁN
Día 16 de agosto. COVAS (Viveiro)
Día 23 de agosto  RIAZOR
 Dia 30 de agosto  MIÑO

 

  • HORA DE SAÍDA HABITUAL: ÁS 9:00 H DA MAÑÁ.
  • LUGAR DE SAÍDA: EDIFICIO DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA.
  • PREZO: 6,00 € OS EMPADROADOS, E 10,00 € OS NON EMPADROADOS NO CONCELLO.
  • INSCRICIÓNS: OS LUNS SEGUINTES Á VIAXE ATA O DÍA ANTERIOR, A PARTIRES DAS 10:00 H. DA MAÑÁ E ATA AS 13:00 H. CHAMANDO UNICAMENTE AO TELÉFONO 618723269
  • PODERÁN INSCRIBIRSE DE LUNS A MÉRCORES.

NOTAS IMPORTANTES:

– DIÑEIRO DE PAGO DA VIAXE: CANTIDADE XUSTA.

– O DESTINO DA PRAIA PODE SER VARIADO SEGUNDO O TEMPO ATMOSFÉRICO.

– OS ASENTOS ASIGNARANSE SEGUNDO A ORDE DE INSCRICIÓN.

– SE VOSTEDE SE INSCRIBE E POR CALQUERA CIRCUNSTANCIA NON PODE IR A VIAXE, POR FAVOR, AVÍSENOS CON ANTELACIÓN PARA PODER DISPOÑER DA PRAZA.

– NON SE POÑERÁ UN SEGUNDO AUTOBÚS OU TERCEIRO SE NON HOUBERA UN MÍNIMO DE 20 PERSOAS INSCRITAS.

 

Ler Máis