Categoría: Xeral

Actividades de nadal para nenos e nenas 2018

CAMPAMENTO DE NADAL.

  • Días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.
  • Horario: De 9:00 a 15:00 h.
  • Prezo: Gratuito.
  • Actividades: Xogos, obradoiros de nadal, música, etc..
  • Público : nenos/as  dende 3 ata 12 anos.
  • Local: Centro Sociocultural.

VIAXE A XUVENLUGO.

  • Solicitude de entradas no Centro sociocultural do Corgo, ou non 982302377, ata o día 27 pola mañá. As entradas serán só validas para o día 27 á tarde.
  • Custo: 2 € persoa.

MAXIA NO CORGO

  • Sesión de maxia a cargo do MAGO CARLOS, o DIA 2 DE XANEIRO, ás 12:00 h. no Centro Socioculutaral do Corgo. Para tódolos públicos.  Actividades subvencionada pola Deputacióln Provincial de LUGO,dentro do Programa Nadal  pola Provincia.

CABALGATA DE REIS.

  • Saída dos Reis Magos o dái 5 ás 16:30 da tarde do Centro sociocultural.
  • Chegada ao Colexio Plurilingüe do Corgo, onde  se fará o reparto de agasallos polas SSMM de Oriente.
  • Chocolate e roscón para tódolos asistentes.
  • Anotarse antes do día 4 de xaneiro.
  • Máis información no 982302377

Ler Máis

O NADAL TAMÉN SOA NO RURAL 2018

Misas e Concerto de Panxoliñas a cargo da  SCHOLA GREGORIANA LUCENSIS

 

  • Venres, 21-1-2018, ás 16:00 h. no Centro de Día do CORGO.
  • Domingo, 23-12-2018 ás 11:00 h. na Igrexa do CORGO.
  • Domingo,  23-12-2018 ás 13:30 h. na Igrexa de GOMEÁN.
  • Domingo  30-12-2018, ás 11:00 h. na Igrexa de S. P. DE FARNADEIROS.
  • Domingo, 30-12-2018, ás 13:15 h. na Igrexa de PEDRAFITA.
  • Domingo 06- 01-2019, ás 12:00 h. na Igrexa de Laxosa.

Ler Máis

O Corgo en negro.

 

Con motivo dos actos que se levan a cabo  en toda Galicia contra a violencia de xénero, o Concello do Corgo, unida á campaña #ennegro contra as violencias,  por segundo ano consecutivo, desenvolverá accións divulgativas de denucia desta situación. 

O venres 23 lerase o manifesto no Colexio Plurilingüe do Corgo, e o sábado 24 pola tarde, ás cinco, no Centro sociocultural, desenvolverase unha xornada  formativa e informativa  a cargo   da Educadora Social e Psicopedagoga Lucía Lage Via , para a eliminación da violencia contra a muller.


  Cartel 24 NOVEMBRO O CORGO EN NEGRO

Ler Máis

XII Certame literario “Terras de Chamoso”

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2018 acada a súa duodécima edición. Un certame que se atopa totalmente consolidado no panorama literario galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantíl (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).

Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 28 de novembro de 2018. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 22 de decembro de 2018 no Centro Sociocultural do Corgo.

Este ano incluimos como novidade a creación do Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).

www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis