Oferta de emprego público 2018
Publicación no Boletín oficial da Provincia de Lugo, do día xoves, 3 de maio, da oferta de emprego do 2018.
Horario: L - V: 09.00 - 15.00 982 302 100 concello.ocorgo@eidolocal.es
Publicación no Boletín oficial da Provincia de Lugo, do día xoves, 3 de maio, da oferta de emprego do 2018.
Publicación no Bop de Lugo do 2 de maio, das bases que rexirán o procedemento de selección de persoal laboral temporal e a formación dunha bolsa de emprego, ao abeiro do Convenio de colaboracion entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade Local, mediante a realizacion de tratamentos preventivos en v ías e camiños de titularidade municipal con tractor e a actuación de brigadas de prevención e defensa de contra incedios.
A presente convocatoria ten por obxecto a selección de:
Unha brigada de incendios, cos seguintes postos:
• 1 xefe de brigada
• 1 peón conductor
• 4 peóns de brigada
Unha brigada de tratamentos preventivos con tractor con desbrozadora:
• 2 conductores tractor-desbrozadora
•2 Peones forestais de apoio ao tractor
Bases do procedento selectivo para a contratación de persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para as brigadas de incendios ( Convenio coa Consellería de Medio Rural)
No día de hoxe, 28 de marzo do 2017, fanse públicos os resultados do procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.
GDR4 .ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE LUGO.
Xornada informativa no CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO o martes, día 27 de marzo, ás 16:30 horas.
CALENDARIO PRESTACIONS MARZO 2018.
CONCELLO | DIA | HORA | LUGAR |
CASTROVERDE | 22 DE MARZO | 12:30 | SALÓN DE ACTOS DO CPI CASTROVERDE. |
GUNTÍN | 23 DE MARZO | 16:30 | CASA DA CULTURA DE GUNTIN. |
O CORGO | 27 DE MARZO | 16:30 | CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO. |
OUTEIRO DE REI-RABADE-LUGO | 28 DE MARZO | 16:30 | CASA DA CULTURA DE OUTEIRO DE REI. |
Información e contacto.
GDR 4. asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo.
Avd. Lugo , nº 89, 27720 Friol.
Tlf. 982308000
info@comarcadelugo.blogspot.gal.
http://gdr4comarcadelugo.blogspot.com.es/
Publicación da lista de admintidose excluídos ao proceso selectivo de formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar. Lugar, data, horas e tribunal das probas.
ANUNCIO ADMITIDOS, TRIBUNAL, FECHA, BOLSA DE EMPREGO DE AUX. AXUDA NO FOGAR
Próxima a apertura da piscina municipal, e de conformidade co establecido no Art. 41 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, (en adiante TRLFL), o concello está a estudiar o establecemento dun prezo público pola prestación do servizo de piscina municipal, socorristas e uso de vestiarios.
A prestación patrimonial que se pretende establecer, non se comprende dentro do concepto de taxa, tributo regulado no Art. 20.1 do TRLFL.
Con esta posible medida preténdese, a lo menos, cubrir en parte os custos do funcionamento da piscina municipal (16 de xuño a 16 de setembro), cuxo custe ronda os trinta mil euros.
O concello pretende establecer un prezo mínimo de 1 euro por día de utilización, establecendo bonos de 7 euros e 12 euros, para 15 e 30 días de baños, respectivamente.
Aínda que o establecemento de prezos públicos non segue o procedemento de elaboración das ordenanzas fiscais (Art. 15 a 19), nin dos regulamentos xerais, senón que abondará cun acordo do órgano competente, previa instrucción do corrrespondente procedemento, sométese a consulta pública, a través do portal web deste concello, para recabar a opinión pública.
O prazo para emitir a opinión remata o día 6 de abril deste ano.
As opinión deberán presentarse no Rexistro de entrada municipal de 9:00 a 14:00 horas.
O martes, día 13 de marzo, publícase no diario EL PROGRESO de Lugo o anuncio do procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.
Esta convocatoria rexerase polas Bases do procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, complementaria da bolsa constituída en xullo do 2016 publicadas no Bop de Lugo nº 192, do 22 de agosto do 2017.
Consulta o anuncio . Procedemento selectivo para formación de bolsa de emprego axuda no fogar. Marzo_2018.
Os interesados en participar neste procedemento selectivo presentarán instancia no Concello no prazo de 5 días hábilies a partir do día seguinte á publicación deste anunio.
O prazo de prescripción para solicitar praza na CASA NIÑO KIKÍ do Corgo para o ano 2018/2019 abrirase do 1 ao 31 de abril.
Os interesados poden recoller o impreso para realizar a solicitude tanto na casa niño como nas oficinas municipais.
De conformidade co establecido no Art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, con carácter previo á elaboración dun regulamento de uso de vías e pistas, ámbalas dúas forestais, de dominio público, ábrese un trámite no portal web do concello, co fin de que as persoas en xeral e os suxeitos e/ou organizacións ou asociacións máis representativas que poidan estar afectadas pola futura regulación, poidan aportar as ideas ou opinións que consideren oportunas, durante un prazo de un mes a contar desde a exposición deste anuncio na páxima web.
a) Coa elaboración dun regulamento do uso de vías e pistas forestais de dominio público municipal preténdese solucionar os problemas derivados especialmente do transporte pesado sobre as vías e pistas de dominio público, en especial o derivado das cortas de madeira.
b) Na actualidade existen numerosas queixas do estado en que quedan as pistas e vías forestais públicas polas que se transporta a mercancía, especialmente a madeira. Os traballos de preparación, extración e transporte producen danos nas citadas vías de comunicación, que se poden evitar si se regula un uso axeitado delas.
c) A regulación do uso en vías e pistas forestais é necesaria para evitar ou minimizar os danos nas mesmas como consecuencia dos referidos transportes, sendo oportuna a súa aprobación para evitar un deterioro das mesmas.
d) Como posible medidas regulativas pódense citar: o establecemento de avales que garantan os posibles danos sobre as vías, o establecemento e imposición mediante a correspondente ordenanza fiscal dunha taxa por uso de bens de dominio público, o establecemento e regulación do peso máximo autorizado para circular polas vías e pistas de dominio público forestal ou a comunicación previa do uso da vía ou pista forestal para transporte de madeira cortada, que é a menos gravosa de todas as citadas anteriormente.
Todas as opinións e ideas deberán entregarse no Rexistro do Concello do Corgo.
O Corgo, 6 de febreiro de 2018
O luns, día 12 de febreiro, ás 16:30 h. e ata as 20:00 h. celebrarase no POLIDEPORTIVO municipal do Corgo o festival de entroido, con baile de disfraces, desfile, xogos, animación, lambetadas para todos e colchonetas inchables. O desfile levarase a cabo antes da merenda.
Para que contemos cos nenos e importante anotarse no teléfono 982302377.
Poderán participar nenos/as de tódalas idades, ainda que os menores de 4 anos deberán de estar acompañados dun responsable todo o tempo. Recoméndase traer a merenda.