Categoría: Xeral

Festa do avó

Comida de fraternidade para os maiores de 60 anos empadroados no Concello do Corgo e os seus cónxuxes.

Celébrarase o día 6 de setembro do 2017, mércores, no Polideportivo do Colexio do Corgo.

PREZO:

  • 5 € para as persoas empadroadas no Corgo, maiores de 60 anos.
  • 15 € para as persoas non empadroadas no Corgo maiores de 60 anos.

HORARIOS:

  • 13:30h.   Eucaristía.
  • 14:30h.   Comida.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Actuación dun dúo musical, baile..
  • Sorteo de agasallos, etc..

NOTA:  AS TARXETAS retiránse no Concello do Corgo ata o día 4 de setembro (luns) en horario de 10:00h. a 14:00h. É imprescindible a presentación da tarxeta para acudir á comida.

Ler Máis

Publicación do resultado do procedemento de selección de traballadores para as brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.

Publicación dos resultados do procedemento de selección de traballadores para as brigadas de defensa e prevención de incendios forestais: un peón conductor, un xefe de brigada e un peón forestal.

Publicación do resultado do procedemento selección de persoal brigadas de incendios.

Ler Máis

Publicación das listas de admitidos, tribunal, lugar, data e horas das probas para o proceso de selección dun palista.

Faise pública a lista de admitidos ao proceso selectivo de contratación dun palista, así como as datas e lugar das probas e composición do tribunal.

Publicación das listas de admitidos, lugar, data e horas das probas para o proceso de selección dun palista.

Ler Máis

Listado definitivo de participantes admitidos, lugar, data e hora do primeiro exercicio común do proceso de selección de persoal de Brigadas de incendios

Publicación do listado de aspirantes admitidos para participar no proceso de selección de persoal laboral temporal para as brigadas de incendios :

– Peón  conductor de brigadas

– Xefe de brigadas.

– Peón forestal de brigadas.

Listado definitivo de admitidos no proceso selectivo de brigadas de incendios.(peón de brigadas, xefe de brigadas e peón forestal). Lugar, data e hora do primeiro exercicio común

Ler Máis

ROMARIA FOLK NO RÍO CHAMOSO

Romaría folk na praia fluvial do Corgo, Río Chamoso.

SABADO 29 DE XULLO

18.00 H.      BATUXADA NO RÍO CHAMOSO. Premios en metálico e agasallos.

                                 FESTA CO GRUPO KIEN LO DIRIA

DOMINGO 30 DE XULLO.

     12:00 H.              FEIRA DE ARTESANÍA E MOSTRA DE OFICIOS TRADICIONAIS.

                                  EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS.

        DEMOSTRACIÓN DA MALLA POPULAR AMENIZADA POLA A. C.  LEGUA DEREITA DO CORGO .

15.30 H.               ACTUACIÓN DE A. C. ABRENTE DAS NOGAIS

16.30 H.               ANIMACIÓN INFANTIL A CARGO DE XAXOS SL.

17:00 H.               ACTUACIÓN DO GRUPO XAORA

FESTIVAL:

 GRUPO FOLCLÓRICO EL XOLGORIU DE GIJÓN.

 CASTRAMAO DE MONDARIZ.

 ASOCIACIÓN CULTURAL LEGUA DEREITA DO CORGO.

ACAMPADA LIBRE. PULPERÍA. RESTAURANTE.

 

ORGANIZA:  CONCELLO DO CORGO

COLABORA:  A.C LEGUA DEREITA DO CORGO

    DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Ler Máis

Proceso selectivo de persoal para brigadas de incendios e formación de bolsa de emprego.

Co obxecto de dar cobertura a postos vacantes na brigada de prevención e defensa contra incendios para o ano 2017, convócanse as seguintes prazas:

– Peón conductor ( 1 praza)

– Xefe de brigada ( 1 praza)

Por outra banda, co obxecto de dar cobertura a posibles baixas nos postos de peón de incendios, seleccionarase tamén candidatos para formación de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.

Os candidatos deberán superar os exercicios específicos establecidos na base quinta das bases aprobadas por resolución da alcaldía de 18/05/2016 e publicadas no Bop de Lugo de 27/05/2016. As bases están publicadas na páxina web do concello  www.concellodocorgo.com

O prazo de presentación de instancias será de 4 días hábiles (excluídos os sábados) a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no diario El Progreso.

Lugar de presentación: Rexistro do Concello do Corgo.

Requisitos específicos para cada posto de traballo: os establecidos na base 4ª das referidas bases.

Tódolos candidatos que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionados para cubrir unha praza, quedarán integrados na bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.

Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora.

 

Ler Máis

Bases do procedemento selectivo de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa DEPUEMPREGO para a realización de obras: SELECCIÓN DUN PALISTA

Publicación no Boletín Provincial de Lugo das bases para o procedemento selectivo de persoal laboral temporal ao abeiro do convenio coa Excma. Deputación Provincial de Lugo para a execución de obras, servicios e creación de emprego ( Programa DEPUEMPREGO).

BASES SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PALISTA (DEPUEMPREGO)

Ler Máis