Categoría: Xeral

Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles.

O Pleno do Concello do Corgo, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 11 de novembro de 2016, acordou aprobar a modificación da:

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

As modificacións introducidas son as seguintes:

v  Tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles queda fixado nas seguintes porcentaxes:

  • Bens urbanos: 0,40 %
  • Bens rústicos: 0,40 %

v  BONIFICACIÓNS:

Sobre a cota íntegra do imposto establécense as seguintes bonificacións:

– Unha bonificación do 95 % da cota íntegra das construcións, edificacións ou instalación nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias.

– Unha bonificación de ata o 95 % da cota tributaria íntegra a favor dos bens inmobles nos que se desenvolvan outras actividades económicas total e exclusivamente, sempre que a empresa ou empresario individual –con domicilio fiscal no Concello do Corgo- suscriba contratos laborais fixos con colectivos con dificultades de integración social.

A redución da cota tributaria será dun 15 % por cada traballador desempregado dos sectores indicados, ata alcanzar o máximo do 95 %.

Reducirase un 7% a cota tributaria  por cada traballador desempregado contratado laboral indefinido que non estea dentro dos colectivos especificados.

– Establécese unha bonificación de carácter anual do 90 % sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros dunha familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida, sempre que se a súa capacidade económica non exceda da establecida neste artigo

No texto da ordenanza establécense os requisitos e maneira de acreditar a condición de beneficiario das bonificacións.

A ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no BOP de Lugo ( Bop número 295, do 26 de decembro) e producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2017.

Impreso de solicitude de bonificación do imposto do IBI para familias numerosas

Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal)

Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal)

 

Ler Máis

Nova edición do Curso de Manipulador de Productos Fitosanitarios . Nivel básico.

Próximamente ponse en marcha unha nova edición do curso de manipulador de productos fitosanitarios, imprescindible para a expedición do carné que dende o 25  de novembro  é esencial para a compra e aplicación de productos fitosanitarios profesionais, polo que  se aconsella  aos agricultores  e gandeiros sacalo á maior brevidade posible.

 CURSO. MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS. NIVEL BÁSICO. 
CONVOCA  XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL.
LUGAR DE IMPARTICIÓN  O CORGO. CASA DAS ASOCIACIÓNS.
REALIZACIÓN DÍAS, 10,14,15 E 16 DE NOVEMBRO. DE 16:00 H A 20:30H.
NÚMERO DE PRAZAS  20
PREZO O QUE CORRESPONDE ÁS TAXAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA PARA A EXPEDICIÓN DO CARNÉ.

As persoas que pola limitación do número de prazas  non o poidan facer  nesta tanda, poden anotarse no  Concello para figurar na lista de agarda para futuras edicións.

Ler Máis

Campaña de vacina contra a gripe.

Pola túa saúde e pola dos do teu redor ofrecemos  nestes enlaces,  información da campaña que o  Sergas acaba de publicar.

 

Ler Máis

Servizo de Orientación laboral do Corgo.

O Concello do Corgo conta cun SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL, dirixido a todas aquelas persoas que se atopen na busca de emprego ou desexen mellorar a súa situación laboral.

CONTACTO:
 – Centro Sociocultural: 982 302 377 / 982 302 100
 – orientacion.laboral.ocorgo@gmail.com

SE QUERES ESTAR INFORMADO/A DE TÓDALAS NOVIDADES EN MATERIA DE FORMACIÓN E EMPREGO, SÍGUENOS NO FACEBOOK:
fb   Orientación laboral O Corgo, Láncara e Triacastela

Ler Máis

Campaña de prevención do cancro de mama.

Campaña de detección do cancro de mama do Servizo Galego de Saude.  Se a súa idade está entre os 50 e 69 anos, o Programa galego de detección precoz do cancro de mama ofrécelle a posibilidade de realizar unha mamografía de cribado gratuíta  cada dous anos.

 

Ler Máis

VIII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova

As condicións da carreira son moi semellantes ás dos anos pasados.

Os/as atletas teñen que inscribirse “on-line” enchendo o formulario que se atopa na páxina web da Federación Galega de Atletismo:
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-arumes-do-corgo-memorial-quique-casanova/a796c36e-e56a-298e-753a-39da49cbdbb3

Máis información na web da Asociación Cultural Arumes do Corgo: www.arumescorgo.blogspot.com

Ler Máis

Henrique Casanova, fillo adoptivo do Corgo.

Na mañá do sábado, un de outubro, o Concello do Corgo convoca un pleno extraordinario para nomear a Henrique Casanova, a título póstumo, fillo adoptivo do Corgo. A solemnidade e respeto con que foi acollido o acto por un pleno populoso  reforza e enfatiza o orgullo que se sente  en momentos coma este.

Quique non era nado no Corgo, pero dende que afincou no Val de Gomeán soupo achegarse á xente e ser coñecido e recoñecido ben pola súa labor profesional, política ou social. Mostra diso foi a acollida que tivo tanto a sesión plenaria na Casa do Concello coma no acto homenaxe que se lle rendiu na parroquia de Manán San Cosme.  Alí amigos, familiares, compañeiros, veciños  e camaradas lembraron   a través de mensaxes, cartas, poemas e imaxes a este axente forestal que soubo calar entre os do seu redor.  Verbas coma honesto, comprometido, traballador, xeneroso, humillde..salpicaban os discursos que na súa memoria lle adicaron na xa bautizada  Praza de  X. Henrique Casanova.

Ao igual que as letras talladas na praca de cerámica que o nomea, nun cachiño do Corgo, nun fermoso entorno de Manán, as pegadas deste político e axente forestal, do loitador sindical , do home comprometido coa vida social  e cultural do municipio, permanecerán gravadas no acordo dos que alí xe xuntaron..

Ler Máis

Selección dun técnico en Orientación laboral.

Finaliza o proceso de preselección dun técnico en Orientación Laboral,  unha vez obtida a baremación definitiva do Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Resultado do proceso de selección dun técnico en orientación laboral.

Ler Máis

Corrección de erros no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en orientación laboral

Faise pública a seguinte  correción :

Detectado un erro no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en Orientación Laboral, corríxese do seguinte xeito:
Onde di: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 5 puntos.”
Debe dicir: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 0,5 puntos.”
Tal e como se establecía no anuncio da convocatoria, o baremo de puntuación é o establecido no Artigo 10.2 da Orde do 29 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, e no citado baremo establécese esta puntuación adicional (0,5 puntos) para as persoas que realicen tal acreditación.

Corrección de erros no baremo de puntuación dun técnico en Orientación Laboral

Ler Máis

Inscrición Liga de fútbol-sala do Corgo.

– Aberto o prazo de inscrición para participar na liga de fútbol-sala do Corgo.
– Inscrición: 50 euros/ equipo. (Os equipos que teñan depósito da liga anterior non terán que aportalo). Podéndose inscribir: no Centro sociocultural do Corgo, a través do Pavillón municipal, no    982302377 ou 620731543. Ata o 30 de setembro.
 -Partidos: Xogaranse ás 9.30 e 10.30 da noite , os días concretaranse en función ao número de equipos.
– Arbitraxe: 24 euros (12/ equipo ou costexar a totalidade o equipo que figure como “local” esa xornada)
– Premios en metálico.
– Inicio da liga : outubro do 2016

Ler Máis