Categoría: Xeral

Lista de admitidos e excluídos no proceso de selección de persoal laboral temporal para as brigadas de incendios e as preventivas con tractor desbrozadora.

Publicación das listas onde figuran os admitidos e excluídos para participar no proceso de selección de persoal laboral temporal nas brigadas de incendios e nas brigadas de prevención con tractor desbrozadora, coas seguintes categorías:

– xefe de brigada de incendios, peón  conductor  e peón de brigada.

– conductor de tractor desbrozadora e peón forestal de apoio  ao tractor desbrozadora.

Ler Máis

Bolsa de emprego para auxiliar de axuda no fogar.

No Bop nº 129, do 6 de xuño, publícase o anuncio da resolución da alcaldía pola que establecen as bases para o procedemento de creación dunha bolsa de emprego  para auxiliar de axuda no fogar.

O prazo de solicitude é de días hábiles dende o seguinte á publicación da convocatoria.

Bases Auxiliar de Axuda no Fogar

Ler Máis

Información catastral

En próximas datas a  Xerencia Territorial do Catastro en Lugo notificará as incorporacións ao Catastro Inmobiliario dos inmobles rústicos e urbáns, que non estivesen dados de alta así como as súas modificacións.

Ante as dúbidas que poidesen xurdir  en relación con ditas notificacións,  o Concello do Corgo facilitará información aos veciños que o desexen nas súas oficinas municipais.

Ler Máis

Bases do procedemento selectivo de contratación de personal laboral temporal para brigadas de incendios e brigadas de tratamento preventivo con tractor desbrozadora.

No Bop n° 121, do 27 de marzo, publícanse as bases que rexerán o procedemento selectivo para a contratación de personal laboral temporal e formación de bolsas de emprego ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e esta entidade local, mediante a realización de tratamentos preventivos  en vías e camiños  de titularidade  municipal con tractor e actuación de brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Prazas:

Brigada de incendios:

  • 1 xefe de brigada de incendios.
  • 1 peón  conductor.
  • 4 peóns de brigada.

Brigada de tratamentos preventivos con tractor desbrozadora:

  • 2 conductores de tractor-desbrozadora.
  • 2 peóns forestais de apoio ao tractor desbrozadora.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación da convocatoria.

 

Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora

 

Ler Máis

Axudas para a o proxecto de casas niños para menores de 3 anos en núcleos rurais.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO PILOTO.

A casa ofrecerá atención integral a nenos/as de 3 meses a 3 anos , atendendo ás súas necesidades básicas de alimentación, hixiene, descanso, e desenvolvemento físico, motor, afectivo, sensorial, intelectual e social.

Terá carácter gratuito para os usuarios, que serán atendidos de luns a venres, todo o ano, agás festivos, e un mes de cada doce, consensuado coas familias, para as vacacións . A xornada será de oito horas, podendo ser flexible, que se pactará entre as familias e o profesional. Prevendo calquera tipo de imprevistos, enfermidade ou emerxencia, é preciso contar cunha persoa que substitúa ao titular.

A atención comprenderá o servizo de cociña ( quentar alimentos), hixiene dos nenos/as , edesenvolvemento de actividades de tipo educativo. As familias achegarán tanto o leite como os alimentos xa cociñados e material de hixiene ( cueiros, toalliñas, cremas, etc)

A casa niño contará con 5 prazas, e de houber nenos/as con necesidades despecíficas de apoio educativo, contaría como 2 prazas, non podendo haber máis dun neno/a con estas características.

Os nenos/as deben de estar empadroados no concello, ou poderán acudir nenos de concellos limítrofes sempre e cando no seu non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos.

De haber máis solicitudes ca prazas, atenderase primeiro en función do padrón, e se fose necesario, seguindo criterios de renda.

Para o finanzamento previsto, é necesario un mínimo de 3 nenos na primeira anualidade do proxecto. Se baixara a 2 nas sucesivas anualidades deberá ser comunicado á D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

PERSOAS BENEFICIARIAS.

Persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado.

Requisitos:

  • Titulación en técnico superior en educación infantil.
  • Grao en mestre de educación infantil/educación primaria.
  • Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social
  • Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou curso de formación complementaria para futuros profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
  • Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia acreditada neste ámbito.

Este requisito deberá cumprirse na data de finalización da presentación do prazo de presentación de solicitudes.

-Residir nun núcleo rural no que non exista recursos de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.

-Contar cunha vivenda nun núcleo rural no que non exista recursos de atención á infancia de ata 3 anos de idade.

– A vivenda deberá estar dotada cos seguintes recurso:

  • calefacción con protección dos elementos calefactores.
  • sala con iluminación e ventilación de ata 4 m2 por menor, distribuida e organizada para as necesidades dos menores.

-zona diferenciada de descanso e para a hixiene infantil,

-zona para a preparación, almacenamento e conservación dos alimentos.

  • elementos de protección de enchufes, portas, seguros das ventas, barreiras de seguride, extintor..
  • mobiliario e equipamento básico (cambiador, berces, sabas, colchóns, tronas, hamacas, materiais didácticos e de xogo..) Os materiais das paredes e pisos serán ignifugos , cálidos, lisos, lavables e aptos para a desinfección. Haberá unha superficie continuada e antideslizante para gatear.

-Plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais ou emerxencias.

-Establecerse como empresario autónomo ou constituir unha cooperativa de traballadores.

-Acreditar unha revisión médica anual.

PERMANENCIA NA ACTIVIDADE.

O periodo mínimo de permanencia será desde a posta en marcha do proxecto ata o 31 de decembro do 2019, excepto causas de forza maior alleas á vontade do profesional, ou por falta de demanda que impidan o desenvolvento da actividade.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES.

  • A reforma e adaptación da vivenda destinada a casa niño, así como o equipamento e material. Os gastos deben ser necesarios e corresponderse coa operación cofinanciada. Deberán de estar pagados antes de finalizar o periodo de xustificación para o 2016.
  • A prestación de atención personalizada de nenos/as de ata 3 anos .
  • Os gastos previstos deben ser especificados na solicitude, coa planificación por anualidades, tendo en conta que os investimentos só serán elixibles en 2016.
  • O Imposto sobre o valor engadido no se considera subvencionable.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA.

As axudas de investimento con levan unha subvención do 100%, cun límite máximo de 15.000 euros por casa niño.

AS axudas para desenvolvemento do proxecto piloto será unha achega de 19.600€ por ano. Este importe minórase no 2016 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

CONCORRENCIA CON OUTRAS AXUDAS.

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións de calquera outra Administración, coas limitacións derivadas do artigo 65.11 do Regulamento (UE) Nº 1303/2013. No caso de percibirse outras axudas deberase efectuar a comunicación tan pronto como se coñezca. En ningún caso poderá superarse o total de investimentos ou gastos.

Deberase presentar, xunto coa solicitude, unha declaración de axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade.

PRAZO DE PRESENTACIÓN.

Efectuarase preferiblemente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en soporte papel nos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O prazo de presentación será dun mes.

DOCUMENTACIÓN PARA ANEXAR Á SOLICITUDE

  •           Copia de DNI ou NIF da persoa xurídica solicitante.
  •           Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación de formación requirida.
  •           Certificado médico do estado de saúde.
  •           Memoria descritiva coa localización xeográfica e número potencial de nenos/as usuarios que xustifiquen a necesidade.
  •           Proposta pedagóxica básica asinada polos que desenvolverán o proxecto, que comprenda periodo de adaptación, alimentación, hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal…
  •           Descrición do equipamento e materiais para o desenvolvemento.
  •           Plano da vivenda acompañado de fotografías de todas as estancias e coa proposta de adaptación de ser o caso.
  •           Plan de actuación cos nenos/as anate unha situación de emerxencia.
  •           Orzamento desagregado dos gastos de investimentos.
  •           Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais
  •           Declaración de axudas.
  •           Documentación de acreditación de inscrición ininterrompida na Oficina de Emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses, ou de ser vitima de violencia de xénero, ou de ter grao de discapacidade, para efectos de valoración.
  •           Xustificante de empadroamento.
  •           Alta na Seguridad Social no réxime especial de autónomos.
  •           Alta no Imposto de actividade económicas, ou no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións públicas.
  •           Documentación acreditativa de disponibilidade da vivenda durante o periodo subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, documento de cesión….)
  •           Informe sobre habitabilidade da vivenda dos servizos municipais correspondentes.
  •           Datos de identificación da persoa que se encargará de substituri ao responsable en caso de ausencia.
  •           Xustificante de ter contratada unha póliza de seguro que cubra a responsabilidade civil, danos a terceiros, accidentes..

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Máximo 120 puntos.

Criterios:

  • Número de nacementos no concello nos últimos tres anos.
  • Número de núcleos de poboación.
  • Número de mulleres do concello entre 16 e 45 anos.
  • Indice de envellecemento da poboación do concello.
  • Contribución á integración laboral de persoas en situación de especial protección: parados de longa duración, menores de 35 anos, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade pero valoradas como compatibles para o desempeño da actividade, e victimas da violencia de xénero

RESOLUCIÓN.

O prazo será de cinco meses. Nela recóllense obrigas como a obriga de conservar a documentación xustificativa dos gastos durante tres anos.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

  •           Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que concede.
  •           Manter o sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transacións relacionadas cos gastos subvencionados
  •           Ter unha permanencia mínima e ininterrompida na actividade, e manter as infraestructuras e equipamentos subvencionados destinados par o fin da subvención por un periodo mínimo de ata o 31 de decembro do 2019. O incumprimento dará lugar á revogación da subvención e reintegro do percibido e esixencia de xuros de demora.
  •           Publicitar e informar da subvención da Consellería de Política Social e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020
  •           Levar un rexistro de usuarios en soporte papel ou electrónico.
  •           Cumprir co establecido na Lei de Proteccion de Datos 15/1999 do 13 de decembro.
  •           Informar ao público que o servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. ( Cartel informativo)
  •           Efectuar a xustificación.
  •           Facilitar a información que requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou o Tribunal de Contas.
  •           Facilitar a información a DX de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Comunicar calquera outra subvención , axuda ou ingreso para o mesmo fin.
  •           Acreditar a realización de revisións médicas anuais.
  •           Contratar un seguro de responsabilidade civil, danos a terceiros e accidentes.
  •           Poñer en coñecemento da DX de Familia Infancia e Dinamización Demográfica as situacións que den lugar a substitución do titular do servizo, con antelación de dez días, sempre e cando non sexa un imprevisto. Achegar a alta na SS do substituto, así como o contrato laboral e o certificado médico.
  •           Acreditación de estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómica se da S. Social.
  •           Proceder ao reintegro dos fondos percibidos no caso de incumprimento.

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

Comprenderá as actuacións do ano ata o 30 de novembro. A data limite será o 5 de decembro de cada anualidade. Para a anualidade do 2016 os gastos de investimento deberán de ser facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados, e xustificante bancario que acredite o pagamento.

PAGAMENTO.

No 2016 poderán percibir   ata un 80% en concepto de pagamento anticipado, con anterioride á xustificación da axuda, que se fará efectiva a partir do momento da notificación da concesión da axuda. O resto será logo da xustificación .

Ler Máis

Axudas para a o proxecto de casas niño en núcleos rurais.

Orde do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019 (DOG nº 96 do 23 de maio de 2016).

OBXECTO DA ORDE

Axudas para a posta en marcha de experiencia piloto destinadas á atención de nenos e nenas de ata tres anos de idade , mediante o establecemento dunha casa niño, en núcleos rurais (concellos de menos de 5000 habitantes e que non teñan P.A.I nin escolas infantis para menores de 3 anos)

Así mesmo, esta orde convoca axudas para a posta en marcha do proxecto piloto de casa niño durante os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.

CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO PILOTO.

A casa ofrecerá atención integral a nenos/as de 3 meses a 3 anos, atendendo ás súas necesidades básicas de alimentación, hixiene, descanso, e desenvolvemento físico, motor, afectivo, sensorial, intelectual e social.

Terá carácter gratuito para os usuarios, que serán atendidos de luns a venres, todo o ano, agás festivos, e un mes de cada doce, consensuado coas familias, para as vacacións.  A xornada será de oito horas, podendo ser flexible, que se pactará entre as familias e o profesional. Prevendo calquera tipo de imprevistos, enfermidade ou emerxencia, é preciso contar cunha persoa que substitúa ao titular.

A atención comprenderá o servizo de cociña ( quentar alimentos), hixiene dos nenos/as , edesenvolvemento de actividades de tipo educativo. As familias achegarán tanto o leite como os alimentos xa cociñados e material de hixiene ( cueiros, toalliñas, cremas, etc)

A casa niño contará con 5 prazas, e de houber nenos/as con necesidades despecíficas de apoio educativo, contaría como 2 prazas, non podendo haber máis dun neno/a con estas características.

Os nenos/as deben de estar empadroados no concello, ou poderán acudir nenos de concellos limítrofes sempre e cando no seu non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos.

De haber máis solicitudes ca prazas, atenderase primeiro en función do padrón, e se fose necesario, seguindo criterios de renda.

Para o finanzamento previsto, é necesario un mínimo de 3 nenos na primeira anualidade do proxecto. Se baixara a 2 nas sucesivas anualidades deberá ser comunicado á D. X. de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

PERSOAS BENEFICIARIAS.

Persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado.

Requisitos:

  • Titulación en técnico superior en educación infantil.
  • Grao en mestre de educación infantil/educación primaria.
  • Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social
  • Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou curso de formación complementaria para futuros profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
  • Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia acreditada neste ámbito.

Este requisito deberá cumprirse na data de finalización da presentación do prazo de presentación de solicitudes.

-Residir nun núcleo rural no que non exista recursos de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade.

-Contar cunha vivenda nun núcleo rural no que non exista recursos de atención á infancia de ata 3 anos de idade.

– A vivenda deberá estar dotada cos seguintes recurso:

  • calefacción con protección dos elementos calefactores.
  • sala con iluminación e ventilación de ata 4 m2 por menor, distribuida e organizada para as necesidades dos menores.

-zona diferenciada de descanso e para a hixiene infantil,

-zona para a preparación, almacenamento e conservación dos alimentos.

  • elementos de protección de enchufes, portas, seguros das ventas, barreiras de seguride, extintor..
  • mobiliario e equipamento básico (cambiador, berces, sabas, colchóns, tronas, hamacas, materiais didácticos e de xogo..) Os materiais das paredes e pisos serán ignifugos , cálidos, lisos, lavables e aptos para a desinfección. Haberá unha superficie continuada e antideslizante para gatear.

-Plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais ou emerxencias.

-Establecerse como empresario autónomo ou constituir unha cooperativa de traballadores.

-Acreditar unha revisión médica anual.

PERMANENCIA NA ACTIVIDADE.

O periodo mínimo de permanencia será desde a posta en marcha do proxecto ata o 31 de decembro do 2019, excepto causas de forza maior alleas á vontade do profesional, ou por falta de demanda que impidan o desenvolvento da actividade.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES.

  • A reforma e adaptación da vivenda destinada a casa niño, así como o equipamento e material. Os gastos deben ser necesarios e corresponderse coa operación cofinanciada. Deberán de estar pagados antes de finalizar o periodo de xustificación para o 2016.
  • A prestación de atención personalizada de nenos/as de ata 3 anos .
  • Os gastos previstos deben ser especificados na solicitude, coa planificación por anualidades, tendo en conta que os investimentos só serán elixibles en 2016.
  • O Imposto sobre o valor engadido no se considera subvencionable.

TIPO DE AXUDA E CUANTÍA.

As axudas de investimento con levan unha subvención do 100%, cun límite máximo de 15.000 euros por casa niño.

AS axudas para desenvolvemento do proxecto piloto será unha achega de 19.600€ por ano. Este importe minórase no 2016 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

CONCORRENCIA CON OUTRAS AXUDAS.

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións de calquera outra Administración, coas limitacións derivadas do artigo 65.11 do Regulamento (UE) Nº 1303/2013. No caso de percibirse outras axudas deberase efectuar a comunicación tan pronto como se coñezca. En ningún caso poderá superarse o total de investimentos ou gastos.

Deberase presentar, xunto coa solicitude, unha declaración de axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade.

PRAZO DE PRESENTACIÓN.

Efectuarase preferiblemente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en soporte papel nos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O prazo de presentación será dun mes.

DOCUMENTACIÓN PARA ANEXAR Á SOLICITUDE

          Copia de DNI ou NIF da persoa xurídica solicitante.

          Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación de formación requirida.

          Certificado médico do estado de saúde.

          Memoria descritiva coa localización xeográfica e número potencial de nenos/as usuarios que xustifiquen a necesidade.

          Proposta pedagóxica básica asinada polos que desenvolverán o proxecto, que comprenda periodo de adaptación, alimentación, hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal…

          Descrición do equipamento e materiais para o desenvolvemento.

          Plano da vivenda acompañado de fotografías de todas as estancias e coa proposta de adaptación de ser o caso.

          Plan de actuación cos nenos/as anate unha situación de emerxencia.

          Orzamento desagregado dos gastos de investimentos.

          Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais

          Declaración de axudas.

          Documentación de acreditación de inscrición ininterrompida na Oficina de Emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses, ou de ser vitima de violencia de xénero, ou de ter grao de discapacidade, para efectos de valoración.

          Xustificante de empadroamento.

          Alta na Seguridad Social no réxime especial de autónomos.

          Alta no Imposto de actividade económicas, ou no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións públicas.

          Documentación acreditativa de disponibilidade da vivenda durante o periodo subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, documento de cesión….)

          Informe sobre habitabilidade da vivenda dos servizos municipais correspondentes.

          Datos de identificación da persoa que se encargará de substituri ao responsable en caso de ausencia.

          Xustificante de ter contratada unha póliza de seguro que cubra a responsabilidade civil, danos a terceiros, accidentes..

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Máximo 120 puntos.

Criterios:

  • Número de nacementos no concello nos últimos tres anos.
  • Número de núcleos de poboación.
  • Número de mulleres do concello entre 16 e 45 anos.
  • Indice de envellecemento da poboación do concello.
  • Contribución á integración laboral de persoas en situación de especial protección: parados de longa duración, menores de 35 anos, maiores de 55 anos, persoas con discapacidade pero valoradas como compatibles para o desempeño da actividade, e victimas da violencia de xénero

RESOLUCIÓN.

O prazo será de cinco meses. Nela recóllense obrigas como a obriga de conservar a documentación xustificativa dos gastos durante tres anos.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

          Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que concede.

          Manter o sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transacións relacionadas cos gastos subvencionados

          Ter unha permanencia mínima e ininterrompida na actividade, e manter as infraestructuras e equipamentos subvencionados destinados par o fin da subvención por un periodo mínimo de ata o 31 de decembro do 2019. O incumprimento dará lugar á revogación da subvención e reintegro do percibido e esixencia de xuros de demora.

          Publicitar e informar da subvención da Consellería de Política Social e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020

          Levar un rexistro de usuarios en soporte papel ou electrónico.

          Cumprir co establecido na Lei de Proteccion de Datos 15/1999 do 13 de decembro.

          Informar ao público que o servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. ( Cartel informativo)

          Efectuar a xustificación.

          Facilitar a información que requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou o Tribunal de Contas.

          Facilitar a información a DX de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Comunicar calquera outra subvención , axuda ou ingreso para o mesmo fin.

          Acreditar a realización de revisións médicas anuais.

          Contratar un seguro de responsabilidade civil, danos a terceiros e accidentes.

          Poñer en coñecemento da DX de Familia Infancia e Dinamización Demográfica as situacións que den lugar a substitución do titular do servizo, con antelación de dez días, sempre e cando non sexa un imprevisto. Achegar a alta na SS do substituto, así como o contrato laboral e o certificado médico.

          Acreditación de estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómica se da S. Social.

          Proceder ao reintegro dos fondos percibidos no caso de incumprimento.

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

Comprenderá as actuacións do ano ata o 30 de novembro. A data limite será o 5 de decembro de cada anualidade. Para a anualidade do 2016 os gastos de investimento deberán de ser facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados, e xustificante bancario que acredite o pagamento.

PAGAMENTO.

No 2016 poderán percibir   ata un 80% en concepto de pagamento anticipado, con anterioride á xustificación da axuda, que se fará efectiva a partir do momento da notificación da concesión da axuda. O resto será logo da xustificación .

Ler Máis

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de primaria, secundaria e ESO en centros públicos. Fondo solidario de libros.

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Obxecto da convocatoria:

– A participación no fondo  solidario de libros corresponde a alumnos que cursen 3º, 4º, 5º, 6º de primaria, e 1º e 3º de ESO.

– A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto dirixarasae a alumnos de 1º e 2º de primaria, e 2º e 4º de ESO e en Educación Especial.

-A convocatoria de axudas para adquirir material escolar esta destinada ao alumnado de educación Primaria, ESO e Educación Especial.

-Os alumnos de  centros con proxecto de educación dixital  (E-DXGAL) están excludidos de participar no fondo de libros e nas axudas de libros, pero poden solicitar as axudas para material escolar.

Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.  Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. 

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO

A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte:

a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros.

b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros.

c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euro

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17.

 As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.
O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.

 

Ler Máis

Periodo de cobro de taxas de auga e lixo.

 

Ábrese o periodo de pago  da Taxa de recollida de lixo e taxa polo servizo de auga domiciliaria, (incluído o canon da auga), correspondente o 2º semestre do 2015.
Plazo de ingreso en período voluntario: 5 de maio ó 5 de xullo de 2016.

 

 

Ler Máis

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

 

No Bop do luns, 18 de abril do 2016, publícase o anuncio do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación provincial, onde se informa do inicio  do periodo voluntario de cobranza  de débedas tributarias de vencemento público.

 De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, taxas, prezos públicos, dos concellos que se relacionan no anexo, empezará a contar o día 18/04/2016 e finalizará o día 20/06/2016, ambos os dous incluídos.

O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, “La Caixa” – Caixabank SA, e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. (BBVA), en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.

O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA (antes Nova Galicia Banco) cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.

Consecuencia de falta de pago.

Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de prema e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.

Ler Máis

Campaña de verán 2016.

Campamentos da Xunta De Galicia. Xovenes de 9 a 17 anos.

Públicase no DOG do 8 de abril a oferta de prazas para a campaña de verán baixo a orde do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016 que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: www.xuventude.net.

Entre os servizos que se ofertan están : Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. Aloxamento en albergue, residencia xuvenil ou campamento. Manutención en réximen de pensión completa, material para as actividadades, profesionais especializados para desenvolverlas, atención sanitaria e seguro de accidentes, etc.

A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

En canto as idades dos participantes cabe destacar que:

– Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Campos de traballo.  Xovenes de 18 a 30 anos.

O día 22 de abril ábrese o prazo para a inscrición nos campos de traballo da Xunta de Galicia.  Nesta oferta destacan iniciativas culturais e etnográficas, ambientais, de construcción e restauración, de dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo, sociais e arqueolóxicas.

As localidadeas galegas elixidas son Boqueixón, Rois, Melide, A Coruña, Ourense, Celanova e Vigo.

Noutras comunidades autónomas terán lugar na Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias,Cantabria, Castilla a Mancha, Castilla León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, País Vasco e Valencia.

Tamén se ofertan prazas no extranxeiro.

Aos voluntarios ofréceselles:

  • Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultur e a nosa realidade.
  • Un equipo humano que os/as acollerá e lles axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.
  • Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
  • Un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
  • Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
  • Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Atopa máis información aquí.

Ler Máis