Categoría: Xeral

Orientación Laboral

De cara a lograr a inserción laboral e/ou mellora da empregabilidade das persoas usuarias do servizo, realízanse entre outras as seguintes accións:

  • Información sobre o mercado de traballo e as medidas e actuacións levadas a cabo polos servizos públicos de emprego.
  • Diagnóstico individualizado ou perfil das persoas demandantes de emprego que inclúa toda a información posible de cara a medir o grao de empregabilidade e clasificar o/a demandante segundo as súas necesidades.
  • Deseño, realización e seguimento dos itinerarios individuais e personalizados e emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento, etc).
  • Relación con empresas e outros axentes do mercado de traballo.

VÍAS DE ACCESO: A través do centro titor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou da Oficina de Emprego de referencia.

Ler Máis

Aprobación do proxecto de urbanización que contempla o desenvolvemento do plan especial para equipamento de residencia de terceira idadade promovido por Pindoval e hijos, S.L

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na súa sesión do día 25 de febreiro de 2016, aprobou inicialmente o “Proxecto de urbanización en desenvolvemento do plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico” promovido por PINDOVAL E HIJOS, S.L.

O anuncio publícase no diario provincial ” El Progreso” o 27 de febreiro,  e no Boletín Oficial da Provincia do dia 7 de marzo, (Bop nº54 ), e a partir do día seguinte a ésta notificación  ábrese un prazo  para a información pública de 20 días. 

Ler Máis

O Concello do Corgo asina un contrato coa Protectora de animais e prantas de Lugo

O Concello do Corgo ven de asinar un contrato coa Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo para este ano. A través deste acordo, será a Protectora lucense, quen unha vez avisada, se  encargue da recollida de animais que aparezcan abandonados nesta localidade.

O Concello pola súa parte colabora económicamente coa Sociedade protectora, deste xeito,  a prestación  do servizo realízase   a través dunha  entidade profesionalizada, xa que como se contempla na Lei da Xunta de Galicia, os concellos teñen que poñer medios  para tratar o problema do abandono de animais domésticos.

Protectora de Lugo

 

Ler Máis

Explotación do servizo de cafetería-restaurante no edificio aula de interpretación do Río Chamoso.

No BOP número 46 do 26 de febreiro do 2016, publicase o anuncio da xunta de goberno Local  co que se fai publicidade da explotación do servizo de cafetería-restaurante no edificio aula de interpretación do rio Chamoso (praia fluvial do Corgo). O prazo para a presentación de ofertas  é de  20 días naturais contados dende a publicación do anuncio. A adxudicación efectuarase seguindo o procedemento aberto.

contrato de explotación da cafetería-restaurante no edificio da aula de interpretación do Río Chamoso

Corrección de erros anuncio explotación do servizo de cafetería restaurante na aula de interpretación do Río Chamoso

Ler Máis

Curso de manipulador de productos fitosanitarios. Nivel básico.

O Concello do Corgo lembra aos seus veciños que o carné de manipulador de productos fitosanitarios é imprescindible dende o pasado 25 de novembro para a compra e aplicación de productos fitosanitarios profesionais, polo que agricultores  e gandeiros deben sacalo á maior brevidade posible.

  • Pónse a disposición dos interesados un curso para obter o carné por primeira vez:
CURSO  MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS. NIVEL BÁSICO. 
CONVOCA  XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL.
LUGAR DE IMPARTICIÓN  O CORGO
REALIZACIÓN ABRIL 2006
NÚMERO DE PRAZAS  20
PREZO O QUE CORRESPONDE ÁS TAXAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA PARA A EXPEDICIÓN DO CARNÉ.
INSCRICIÓN NO CONCELLO DO CORGO
INFORMACIÓN CONCELLO DO CORGO. TLF. 982302100
  • Existe a posibilidade de que aquelas persoas que xa teñen o carné expedido, pero que se atope CADUCADO poderán solicitar no concello a inscrición para a RENOVACIÓN do carné . Trátasea dunha ÚNICA SESIÓN formativa.

Ler Máis

Normativa urbanística do PXOM

O Concello do Corgo pon en coñecemento que no BOP de Lugo, nº 39, de 18 de febreiro deste ano, publicouse a normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Corgo, de conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta disposición xeral entrará en vigor aos 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tomo 6 normativa urbanística

Ler Máis

Festival de entroido

  • Centro sociocultural do Corgo
  • Luns, día 8 de febreiro, ás 16:30 h e ata as 19:30h.
  • Festival con karaoke, xogos, animación, desfile de disfraces con premios e lambetadas para todos.
    • A actividade está destinada aos nenos/as de 4 a 12 anos, ainda que poderán asistir nenos que non estén nese tramo de idade.
      Os menores de 4 anos deberán de estar acompañados en todo momento dun responsable. Recoméndase traer merenda. Actividade Gratuita.

CONCELLO DO CORGO

Ler Máis

Curso de iniciación á costura.

  •  Obxetivo: Dar a coñecer as técnicas básicas de costura de xeito divertido, así como acadar unha maior autonomía persoal nos nenos/as e eliminación de barreiras sexistas.
  •  Destinatarios: Nenos e nenas a partir de seis anos. (idades recomendadas de 6-12)
  •  Docente: Carmen Pano de la Fuente, artesana textil. 
  • Inscrición: No centro sociocultural ou a través do teléfono 982302377 ( de 16.00 a 20.00 h).
  • Prazas limitadas. Ata o día 5 de febreiro.
  •  Custo: 12 euros.
  •  Inicio: 18 de Febreiro 2016.
  •  Horario: Xoves, de 17:30 a 19:30. Horario a consensuar cos solicitantes, podendo ser outro.
  • Duración do curso: 30 horas. ( dúas horas cada sesión formativa)
  •  Lugar: Centro sociocultural do Corgo.
  • Máis información no 982302377 ou no Centro sociocultural.

Ler Máis

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócase  a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2016, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

1. Condicións das persoas aspirantes.

1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

2. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

 O prazo de presentación será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.

Ver orde

 

Ler Máis

Probas para obter o título de graduado en E.S.O para maiores de dezaoito anos

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

5. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

. Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.

Ver Orde

 

Ler Máis