Categoría: Xeral

Orde do 12 de febreiro de 2015

Orde do 12 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2015.

As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Prazo de solicitude: Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30 de novembro de 2015, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 Orde completa

Ler Máis