Categoría: Xeral
Proceso selectivo: 1 OFICIAL 2ª, 2 OFICIAIS 1ª (ALBANEL) E 1 OFICIAL 1ª ( CONDUCTOR PALISTA). PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2023.
Publicación no Bop de Lugo do 29 de novembro , número 274, das bases para o proceso de selección de un oficial segunda, dous oficiais primeira (albanel) e un oficial primeira ( conductor palista) para a execución dun programa temporal de reforzo do emprego no concello do Corgo, financiado polo Plan Único Provincial 2023.
Listado provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun ENXEÑEIRO/A TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTARL NIVEL 2 MECES.
FUNCIONARIO/A INTERINO/A A XORNADA COMPLETA (1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRICOLA / FORESTAL NIVEL 2 MECES) PARA A EXECUCIÓN DUN PROGRAMA TEMPORAL DE REFORZO DO EMPREGO NO CONCELLO DO CORGO, FINANCIADO POLO PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2023.Descarga
25 N. no Ceip do Corgo.
Co gallo da celebración do día da eliminación da violencia física contra a muller, o Concello do Corgo propón unha serie de talleres adaptados ás distintas idades dos alunmos/as do Ceip do Corgo, co obxeto de traballar os conceptos claves para tomar conciencia e dende nenos/as aprender a recoñecer e dotar de ferramentas para previr esta lacra, a importancia de educar en igualdade de xénero dende idades temperás radica no potenciall dos nenos e nenas. A estas idades (3-12 anos) están libres de prexuízos, polo que implementar un ensino igualitario repercute no seu desenvolvemento desde unha perspectiva de xénero. A igualdade e a coeducación, é un camiño que se debe iniciar nas familias e continuar nas escolas.
As tres actividades que se desenvolverán ao longo da xornada do día 24 no Ceip do Corgo irán adicadas a nenos de infantil, (“A igualdade entre homes e mulleres”), os curso de 1º, 2º e 3º (“As labores invisibles”), 4º , 5º e 6º (“Non vexas normalidade onde non a hai”)
BANDO ITV VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ANO 2023.
Publicación do bando onde se sinalan as parroquias e datas para a inspección de vehículas agrícolas.
FALADOIRO SOBRE SAN MARTIÑO DE DUME
Este sábado 11 de Novembro terá lugar, a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo, o faladoiro titulado “As preocupacións de San Martiño”. Aproveitando esta efeméride do santoral, o cura párroco do Corgo, Óscar G. Murado, disertará sobre a figura deste home santo, sobre a súa época e sobre os seus escritos. Precisamente o noso orador convidado, doutor en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma, defendeu previamente con éxito a súa tese de licenciatura hai exactamente quince anos, baixo o título San Martiño de Braga perante o paganismo. O público asistente terá a posibilidade de entender mellor este senlleiro personaxe, bispo dos suevos, así como a súa coñecida obra De correctione rusticorum. Xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este sábado 11, a partir das 19:00h.
RECITAL DE POESÍA A CARGO DE ÁNXELA GRACIÁN
O Proxecto CORGORAL organiza o vindeiro venres 10 de Novembro unha velada poética a partir das 19:00h no PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo. O recital correrá a cargo da escritora Ánxela Gracián, natural de Castroverde, poeta e tradutora varias veces galardoada polos seus traballos e con fondas raíces familiares na parroquia corguesa de Queizán. O acceso a este evento será libre e de balde, ata completar o aforo. Todas as persoas que asistan á velada poética levarán un libro da autora como agasallo. Así que, xa o sabedes: agardamos por vós no PALCO, este venres, a partir das 19:00h.