O edificio orixinalmente era o primeiro Centro médico do Corgo. No ano 2003 foi rehabilitado polo obradoiro de emprego “ Ponte de Neira II, e pasou a adicarse como Centro Sociocultural. Mantivo a estructura de planta baixa, sen barreiras arquitéctónicas (o que permite o uso de veciños incluso con mobilidade reducida), e da cabida a tres salas distintas: o Telecentro municipal, a Omix e unha sala multiusos, empregada tanto como salón de actos como para aula dos distintos cursos, actividades e festivais que ao longo do ano se ofertan.
O Centro Sociocultural do Corgo é un edificio situado nun dos puntos máis destacados do Corgo, xa que nel concentránse varios servizos, como o Centro de Día, Centro Médico e Punto de Atención Continuada. No exterior, pola parte traseira, nunha das zonas verdes que o limita, están colocados distintos elementos de circuitos biosaudables.
Empregado tanto para actividades propostas dende o Concello como dende as distintas asociacións, que poderán utilizar este local, previa solicitude de autorización de uso que se formulará por escrito ao Concello, especificando a actividade, horarios, duración, necesidade de emprego de distintos elementos (pantalla, proxector, servizo de megafonía, etc).
Rede Telecentros
Ademáis de contar co asesoramento necesario, os rapaces tamén poderán facer consultas a través de Internet, pois a oficina de información xuvenil comparte espacio no centro sociocultural co Telecentros e desde esta sala, calquer usuario ten acceso gratuitamente á rede, así como ás publicacións expostas.
A oficina municipal de información xuvenil é un servicio público e gratuito que o concello do Corgo pon á disposición da mocidade. Trata de informar , asesorar e dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan resultar do interese dos xoves así como de outros sectores directamente relaccionados con estes (pais..)