O Corgo está ben comunicado grazas a unha boa rede de infraestructuras que conectan o municipio con Lugo e cos principias núcleos da provincia.
As principais vías de comunicación son a estrada Nacional VI (Madrid- A Coruña) e a Autovía do Noroeste A-6 que atravesa o concello de oeste a leste; a estrada comarcal C-546 de Lugo a Ourense, que atravesa o municipio de norte a sur; e a vía férrea A Coruña-Palencia.
Formas de acceso o Corgo. Algunhas formas para chegar :
- Pola A6 (Madrid –Coruña).
- Pola N VI (Madrid-Coruña).
- Pola N545(Nadela-Monforte).
- Pola comarcal que une o Corgo co concello de Castroverde.