Dende o 2014 o Concello do Corgo está a empregar unha unha ferramenta para facilitar os momentos de conciliación da vida laboral dos veciños e traballadores do Corgo, cos periodos de vacacions e descanso escolar.
Estos programas desenvólvense fundamentalmente nos meses de xullo- agosto e primeiros de setembro, nun horario de nove da mañá ata as tres da tarde, para tratar de cubrir as máximas horas das xornadas laboráis. Os participantes son nenos e nenas do concello de entre catro e doce anos, ainda que en función da demanda poderán participar menores de catro sempre e cando xa fosen escolarizados no curso que rematou e teñan autonomía nas funcions básicas diarias.
As actividades que se levan a cabo son deportivas, formativas, culturais de ocio e entretenemento. No periodo estival preténdese sacar o maior proveito dos espacios exteriores, combinando cos interiores por si a climatoloxía non acompaña, ou para as primeiras horas da maña, por iso, dado o incremento de participantes e as características da instalación, o pavillón municipal e entorno do colexio e campo de fútbol é o local máis axeitado.
- As inscricións e coordinación das actividades lévase na OMIX no Centro Sociocultural.
A campaña de Nadal e outro obxectivo deste programa, tentando ofrecer unha alternativa axeitada ao descanso escolar. Os campamentos de Nadal do Centro Sociocultural xogan coa temática das datas, e céntrase en obradoiros, xogos e actividades creativas para nadal. O número de prazas non adoita ser superior a trinta, e sempre terán prioridade os nenos empadronados no Concello do Corgo sobre calquera outro, así como os fillos/as de pais/nais que desenvolvan calquera actividade no termo municipal.
Programa de "Madrugadores do Concello Corgo".
Dende o curso 2020-21, o Ceip do Corgo conta co servizo de madrugadores, unha opción para favorecer a conciliación de pais, nais, titores traballadores do municipio.
O horario comenza ás 7.45 da mañá e remata coa apertura do colexio ás 9.30.
As solicitudes e inscricións lévanse na Omix do Corgo. Este programa está subvencionado por unha axuda da Consellería de empleo e igualdad, para a promoción da igualdade, e ten caracter GRATUITO para as familias.