Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar . Novas

Segundo publica a orde serán beneficiarios aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

-Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para solicitar  iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Enlace a ORDE DO 12 DE MAIO

Ler máis ...

MATRICULA PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (P.A.I) Novas

       

O CONCELLO DE O CORGO, ABRIRÁ O PRAZO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE O CORGO PARA O CURSO 2020/2021.

OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:

- OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO SEGUINTE 2020/2021 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 18 DE MAIO E O 5 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

- AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATENDERANSE DO 8 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

POSTERIORMENTE, A LISTA DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 4 DE XULLO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DIRIXIRSE DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.

 

Ler máis ...

As explotacións agricolas e por razóns fitosanitarias, poderán solicitar permiso de queimas. Novas

 

A partir deste mércores poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais, tal e como se recolle  no Diario Oficial de Galicia.

En concreto, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias.

Os enderezos dos catro servizos provinciais para tramitar as solicitudes son os seguintes

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da finca na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizala. Na solicitude debe constar ademais o número de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima.

A queima de restos agrícolas amoreados poderase levar a cabo unha vez se reciba a correspondente autorización por correo electrónico. Nela figurarán todos os datos aportados polo interesado, así como as condicións e as datas nas que se deberá realizar a queima.

 

Enlace DOG

Ler máis ...

Páxina 8 de 95

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate