Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

O Concello do Corgo convida aos veciños a  proxección da película " O que arde". Agasallos de cine. Novas

Dentro da programación destas festas de Nadal, o Concello do Corgo inclúe  a invitación aos seus veciños de disfrutar da película "O que arde", onde intervén a nosa paisana Benedicta Sánchez.

A sesión será  o xoves, día 2 de xaneiro, nos cines Codex de Lugo, ás 17:30 h. A entrada será gratuita para os interesados en asistir, previa inscripción no Centro Sociocultural ou nos teléfonos 982302377, ou 620731543.  Haberá servício  de autobus gratuito para os que soliciten este medio de transporte, que sairá da Cámara agraria do Corgo ás 17:00 h.  Aforo máximo 215 persoas.

...Este Nadal, agasallos de Cine!!...

Boas Festas!

Ler máis ...

Programación de Nadal para nen@s Novas


CAMPAMENTO DE NADAL

DATAS. 23, 26, 27, 30 de DECEMBRO , 2 E 3 DE XANEIRO.

HORARIO: 9:00 A 15:00 HORAS.

LOCAL: CENTRO SOCIOCULTURAL.

DESTINATARIOS: NEN@S DE 3 A 12 ANOS.

INSCRICIÓNS: NO CENTRO SOCIOCULTURAL. ANTES DO DÍA 20. MAIS INFORMACION NO 982302377 OU NO 620731543

RECOMÉNDASE TRAER AUGA E ALMORZO PARA MEDIA MAÑÁ. 

 

VIAXE A XUVENLUGO.

DATAS: 27 DEDECEMBRO, VENRES.

PREZO: 2 EUROS PERSOA. 

HORARIO: DE 16:30 A 20:30 NO PAZO DE FEIRAS DE LUGO.

RETIRADA E ENCARGA DE ENTRADAS ANTES DO XOVES 26. NO CENTRO SOCIOCULTURAL OU NO 620731543

 

CABALGATA DE  REIS.

DÍA: 5 DE XANEIRO.

HORARIO: ÁS 16:30 SAIRÁN OS REIES MAGOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.

LOCAL: PAVILLÓN MUNICIPAL DO CORGO.

TRALA VISITA DOS REIS E ENTREGA DE AGASALLOS, HABERÁ CHOCOLATE E ROSCÓN PARA TÓDOLOS ASISTENTES.

PARA PODER SUBIR AO ESCENARIO A RECOLLER OS AGASALLOS E PRECISO QUE OS NEN@S ESTÉN INSCRITOS ANTES DO DÍA 3 DE XANEIRO.

MÁIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU NO  620731543

 

Ler máis ...

Páxina 10 de 88

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate